Imperio Gupta
गुप्त (sa) गुप्त राजवंश (hi) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Pataliputra (en) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Lingua sánscrita | |||
Relixión | Hinduísmo e budismo | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | Império Mahamegavana (pt) , Imperio Cuxano, Kanva dynasty (en) , Bharshiva dynasty (en) e Western Satraps (en) | |||
Creación | 320 | |||
Disolución | 550 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Gurjara-Pratihara (en) , Império Pala (pt) , Rashtrakuta dynasty (en) , Império Heftalita (pt) e Empire of Harsha (en) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
O Imperio Gupta foi un imperio que existiu desde principios do século IV da nosa era ata principios do século VI da nosa era. No seu apoxeo, entre os anos 319 e o 467 d.C. aproximadamente, abarcou gran parte do subcontinente indio.[1] Este período foi considerado como a Idade de Ouro da India por algúns historiadores,[2] aínda que esta caracterización foi discutida por outros historiadores.[n. 1][n. 2][5][6] A dinastía gobernante do imperio foi fundada por Gupta, e os gobernantes máis notables da dinastía foron Chandragupta I, Samudragupta, Chandragupta II e Skandagupta. O poeta sánscrito do século V da nosa era Kalidasa atribúe aos Gupta a conquista duns vinte e un reinos, tanto dentro como fóra da India, incluídos os reinos dos parasikas, dos hunas, dos kambojas, e as tribos situadas nos vales occidental e oriental do río Amu Daria, os kinnaras, os kiratas, e outros.[7][8][9]
Os puntos álxidos deste período son os grandes desenvolvementos culturais que tiveron lugar principalmente durante os reinados de Samudragupta, Chandragupta II e Kumaragupta I. Moitas epopeas e fontes literarias hindús, como Mahabharata e Rāmāyaṇa, foron exaltadas durante este período.[10] O período Gupta produciu eruditos como Kalidasa,[11] Âryabhata, Varahamihira e Vatsyayana, que fixeron grandes avances en moitos campos académicos.[12][11][13][11][14] A ciencia e a administración política alcanzaron novas cotas durante a era Gupta.[11] O período, ás veces descrito como Pax Gupta', deu lugar a logros en arquitectura, escultura e pintura que "estableceron estándares de forma e gusto [que] determinaron todo o curso posterior da arte, non só na India senón moito máis alá das súas fronteiras".[15] Os fortes lazos comerciais tamén converteron á rexión nun importante centro cultural e establecérona como unha base que influiría nos reinos e rexións próximos da India e o Sueste asiático.[16][Verificar credibilidade] Tamén se cre que os Puranas, que eran poemas anteriores e que versaban sobre diversos temas, plasmáronse en textos escritos nesta época.[15][17] Os gobernantes seguían o hinduísmo e os brahmanes floreceron no imperio Gupta, pero os Gupta tamén toleraban a persoas doutras relixións.[18]
O imperio desapareceu debido a unha serie de factores como a perda substancial de territorio e da autoridade imperial causada polos seus antigos feudatarios, así como a invasión desde Asia Central dos pobos Huna (Kidarites e Hunos Alchon).[19][20] Despois do colapso do Imperio Gupta no século VI, a India volveu a estar dividida en numerosos reinos rexionais.
Orixe
[editar | editar a fonte]A orixe dos Guptas é dubidosa.[21] Segundo unha teoría, orixináronse na actual rexión do baixo doab de Bihar e Uttar Pradesh,[22], onde se descubriron a maior parte das inscricións e das moedas dos primeiros reis Gupta.[23][24] Esta teoría tamén é apoiada polo Purana, que menciona o territorio dos primeiros reis Gupta como as áreas de Prayaga, Saketa e Magadha na conca do río Ganxes.[25][26]
Outra destacada teoría sitúa a súa orixe na rexión de Bengala, segundo o texto do monxe budista chinés do século VII Yijing. De acordo con Yijing, o rei Che-li-ki-to (identificada co fundador da dinastía Shri Gupta) construíu un templo para os peregrinos chineses preto de Mi-li-kia-si-kia-po-no (aparentemente unha transcrición de Mriga-shikha-vana). Yijing afirma que este templo estaba situado máis de 40 yojanas ao leste de Nalanda, o que significaría que estaba nalgún lugar da moderna rexión de Bengala.[27] Outra hipótese é que o primeiro reino Gupta se estendese dende Prayaga no oeste á Bengala setentrional no leste.[28]
Os rexistros dos gupta non se mencionan os varna (clase social) da dinastía.[29] Algúns historiadores, como A.S. Altekar, teorizaron que eran de orixe vaishia, xa que certos textos indios antigos prescriben o nome "Gupta" para os membros da varna vaishia.[30][31] Segundo o historiador R. S. Sharma, os vaishias -tradicionalmente asociados ao comercio- poderían converterse en gobernantes tras resistirse aos impostos opresivos dos gobernantes anteriores. [32] Os críticos da teoría da orixe vaishia sinalan que o sufixo Gupta aparece nos nomes de varios non vaishias, tanto antes como durante o período Gupta,[33] e o nome dinástico "Gupta" pode derivar simplemente do nome do primeiro rei da familia Gupta.[34]. Algúns estudosos, como S. R. Goyal, sosteñen a teoría de que os gupta eran brahmanes, porque mantiñan relacións matrimoniais con brahmanes, pero outros rexeitan esta evidencia por non ser concluínte.[35] Baseándose nas inscricións de Pune e Riddhapur da princesa gupta Prabhavatigupta, algúns estudosos cren que o nome do seu gotra (clan) paterno era "Dharana", pero unha lectura alternativa destas inscricións suxire que Dharana era o gotra da súa nai Kuberanaga.[36]
Historia
[editar | editar a fonte]O fundador da dinastía foi Sri Gupta, que gobernaba Bengala, no ano 280[37] O seu fillo e sucesor Gatotkacha gobernou probablemente en 280-319. En contraste co seu sucesor, Chandragupta I, a quen se menciona como Maharajadhiraja, el e o seu fillo Ghatotkacha figuran en inscricións como maharajá.[38] Ghatotkacha iniciou unha política de expansión anexionando pequenos reinos hindús, este gobernou ata o ano 319.
Ghatotkacha foi sucedido polo seu fillo, Chandragupta I, que gobernou entre os anos 319 e 335. Casou con Kumar Devi, unha princesa Licchavi, recibindo un importante dote tanto económica e territorial en Madadha, con capital en Pataliputra, como de prestixio o emparentarse cunha importante familia de ampla tradición na India. Ademais de politicamente tamén expandiu o imperio conquistando gran parte de Madadha, Prayaga e Saketa. Asumiu o título imperial de Maharajadhiraja.
Samudragupta
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Samudragupta.
Samudragupta sucedeu ao seu pai ao redor de 335 ou 350 d.C., e gobernou até c. 375 d.C..[39] Samudragupta continuou unha política de conquistas que consolidaron o Imperio e levou a este a un período de esplendor político, cultural e militar. A inscrición do Piar de Allahabad, composta polo seu cortesán Harishena, atribúelle extensas conquistas.[40] A inscrición afirma que Samudragupta desterrou a oito reis de Āryāvarta, da rexión do norte, incluídos os Nagas.[41] Ademais, afirma que subxugou a todos os reis da rexión boscosa, que moi probablemente se atopaba no centro da India.[42] Tamén se lle atribúe a derrota de 12 gobernantes de Dakshinapatha, a rexión meridional: a identificación exacta de varios destes reis é obxecto de debate entre os eruditos modernos,[43] pero está claro que estes reis gobernaban zonas situadas na costa oriental da India.[44] A inscrición suxire que Samudragupta avanzou até o reino da Pallava no sur, e derrotou a Vishnugopa, o rexente Pallava de Kanchi.[45] Durante esta campaña meridional, Samudragupta probablemente atravesou a zona boscosa do centro da India, chegou á costa oriental na actual Odisha, e logo marchou cara ao sur ao longo da costa do Golfo de Bengala.[46]
A inscrición do Piar de Allahabad menciona que os gobernantes de varios reinos fronteirizos e oligarquías tributaban a Samudragupta, obedecían as súas ordes e rendíanlle pleitesía.[48][9] Os reinos fronteirizos incluían a Samatata, Davaka, Kamarupa, Nepal e Karttripura.[49] As oligarquías tribais incluían a Malavas, Arjunayanas, Yaudheyas, Madrakas, e Abhiras, entre outras.[9]
Os reis tribais do centro e do Decan tiñan que pagarlle tributo. Os nove reis de Ariavarta se lle someteron. Controlou a metade occidental do val do Ganxes, o Nepal e o Puniab. Firme hinduísta permitiu a construción do mosteiro budista de Xuanzang en Sri Lanka.
De acordo cos rexistros dos Gupta, Samudragupta escolleu o príncipe Chandragupta II, de entre os seus fillos, como o seu sucesor. Este gobernou entre 375 e 415. A súa filla, Prabhavatigupta, casou con Rudrasena II, gobernante Vakataka do Deccan.[50] Chandragupta II expandiu os seus dominios ao oeste, derrotando os Saka, Sátrapas occidentais de Malwa, Gujarat e Saurastra nunha campaña que durou ata 409. Derrotou a Rudrasimha III facéndose cos portos que comerciaban co Mediterráneo, fortalecendo a prosperidade social e económica.
O seu fillo Kumaragupta I casou cunha princesa Kadamba da rexión de Karnataka. Kumaragupta continuou a política de consolidación e estabilidade. Asumiu o título de Mahendraditya[51] e gobernou ata 455.
Skandagupta, fillo e sucesor de Kumaragupta I, adoita ser considerado o último dos grandes gobernantes Gupta. Asumiu os títulos de Vikramaditya e Kramaditya.[52] Derrotou a ameaza de Pushyamitra, mais despois comezou a sufrir os primeiros embates serios dos hunos brancos ou heftalitas, que proviñan do noroeste. Repeleu o ataque arredor 455, pero os gastos que implicou a guerra levaron ao esgotamento dos recursos do imperio e contribuíron a acelerar a súa decadencia.[53] Tralo pasamento de Gundagupta, o imperio fragmentouse nunha parte oriental e outra occidental o que facilitou a súa desintegración.
Despois da morte de Skandagupta, o imperio decaeu claramente,[54] e as acuñacións posteriores indican a perda do control de gran parte da India occidental despois de 467–469.[1]
Kamaragupta foi sucedido por Purugupta (467-473), Kumaragupta II (473-476), Budhagupta (476-495), Narasimhagupta (495-?), Kumaragupta III (530-540), Vishnugupta (540-550) e dous reis menos coñecidos, chamados Vainyagupta e Bhanugupta. Nos anos 480, os heftalitas desbarataron as defensas dos Gupta no noroeste, e contra o ano 500 invadiron gran parte do imperio, que se desintegrou polos ataques de Toramana e do seu sucesor Mihirakula. Polas inscricións, parece que o imperio, aínda que disminuido, resistiu os hunos, xa que Bhanugupta venceu a Toramana en 510.[55][56] O emperador gupta Narasimhagupta e o rei Yashodharman de Malwa aliáronse para desviar os hunos cara ao sur da India en 528.[57] En todo ese tempo, non está clara a sucesión nin onde residía realmente o poder, mais parece que, despois de que os emperadores Bhanugupta e Narasimhagupta derrotasen os diferentes ataques, o último emperador foi Vishnugupta.
A última inscrición coñecida dun emperador Gupta é do reinado de Vishnugupta,[58] en que fai unha concesión de terra na área de Kotivarsha en 542/543.[59] A isto segue a ocupación da maior parte do norte e o centro da India polo gobernante Aulikara Yashodharman arredor de 532.[59]
Un estudo de 2019 do arqueólogo Shanker Sharma concluíu que a causa da caída do Imperio Gupta foi unha inundación devastadora que tivo lugar a mediados do século VI en Uttar Pradesh e Bihar.[60]
Gobernantes do Imperio Gupta
[editar | editar a fonte]- Sri Gupta, 240-280.
- Ghatotkacha, 280-319.
- Chandragupta I, 320-335.
- Samudragupta, 335-380.
- Ramagupta
- Chandragupta II, 380-413/415.
- Kumaragupta I, 415-455.
- Skandagupta, 455-467.
- Purugupta, 467-473.
- Kumaragupta II, 473-476.
- Budhagupta, 476-495.
- Narasimhagupta Baladitya, 495-?
- Kumaragupta III
- Vishnugupta, 540-550.
Organización política
[editar | editar a fonte]O poder supremo descansaba no emperador, pero era nomeado pola asemblea quen tamén tiña competencía para analizar e xulgar as acción de goberno e tamén para asesoralo nela. Estaba formada por líderes militares, sacerdotes e representantes de corporacións e ata de clases baixas.
A función de goberno ordinaria recaía no consello de ministros formado entre 3 e 37 membros. O consello tiña sesións secretas e ás veces impuña o seu punto de vista. Os seus deberes eran regular o referente á pompa real: coroamento, desprazamentos, honras fúnebres do soberano; e tamén manter a orde para evitar a anarquía. Dentro dos asuntos externos debían realizar as relacións diplomáticas, asinar tratados e rexistrar a información sobre os tributos recibidos do estranxeiro.
Por debaixo atopábase o escalafón de recadadores de impostos e os oficiais reais, quen vixiaban as diferentes ramas da economía.
O exército
[editar | editar a fonte]O Imperio Gupta non podería triunfar sen unha boa organización militar. As fontes principais de información neste campo son chinesas e de observadores occidentais, aínda que hai un documento indio contemporáneo considerado clásico, o Siva-Dhanur-veda, que ofrece unha visión interna do sistema militar dos Guptas.
Os Gupta parece que basearon o seu exército nos arqueiros de infantaría, equipados cun grande arco de metal ou de bambú e frechas de bambú con punta metálica. A diferenza do arco composto empregado polos seus inimigos asiáticos, o arco deste deseño sería menos propenso á deformación nas condicións de humidade que prevalecen na rexión. O arco indio foi unha arma poderosa, capaz dun gran poder de penetración e efectiva contra os arqueiros a cabalo invasores. Empregáronse eixes de ferro contra os elefantes acoirazados, e frechas de lume como parte do arsenal dos arqueiros. Os nobres utilizaban arcos de aceiro, menos correntes que os de bambú, de grande alcance e poder de penetración. Os arqueiros estaban protexidos pola infantaría, equipada con escudos, xavelinas e espadas longas. Tamén coñecían as catapultas e outras máquinas de asedio sofisticadas.
Seica amosaron pouca predilección polos arqueiros a cabalo. Os seus triunfos militares debéronse probablemente ao uso combinado de elefantes, cabalería acoirazada e arqueiros a pé.[61] Así mesmo, contaban cunha mariña de guerra que controlaba as augas rexionais.
O colapso do Imperio Gupta ante os hunos non foi debido a defectos inherentes ao exército, senón a problemas internos, como estaba a ocorrer tamén na Europa occidental e na China.
Durante o reinado de Chandragupta II, o exército estaba formado por 500 000 infantes, 50 000 cabaleiros, 20 000 carros e 10 000 elefantes, máis unha armada duns 1200 barcos. Chandragupta II dominaba a totalidade do subcontinente indio; o Imperio Gupta foi o máis poderoso do mundo durante o seu reinado, mentres que o Imperio Romano estaba en declive.
Cultura
[editar | editar a fonte]Foi un período de esplendor das artes e floreceu o sánscrito.
Astronomía e matemáticas
[editar | editar a fonte]Os estudosos deste período destacan a Varaja Mijira e Aryabhata, dous astrónomos e matemáticos moi importantes. A numeración india é o primeiro sistema de numeración con notación posicional de base dez. Crese que Aryabhata foi o primeiro matemático que usou o concepto de cero.
Os astrónomos desta época postularon a teoría heliocéntrica e estudaron as eclipses, tanto solarer como lunarer, explicándoos como sombras proxectadas sobre a Terra.[62]
Medicina
[editar | editar a fonte]O Susruta é un célebre texto sánscrito cos principais conceptos da medicina aiurvédica e capítulos innovadores sobre cirurxía. Os médicos inventaron varios instrumentos que permitiron ampliar o número de operacións.
O antigo texto gupta do Kama Sutra está considerado por moitos como a obra de referencia sobre o comportamento sexual na literatura sánscrita.
Xadrez
[editar | editar a fonte]Crese que deste período é unha versión actualizada do chaturanga, unha forma primitiva do xadrez, a partir da cal evolucionou o xogo moderno,[63] así coma o Shōgi (xadrez xaponés), Janggi (xadrez coreano) e Makruk (xadrez tailandés).
O nome provén dos termos Chatur (Catro) e anga (membro), referíndose aos catro membros que integraban o exército, a saber infantaría, cabalería, elefantes e carros.
Arte
[editar | editar a fonte]O poeta e dramaturgo Kālidāsa, da época de Chandragupta II, escribiu as famosas obras Raghu Vamsha ("estirpe de Raghu"), en honra de Rāma, e a Nube mensaxeira. Tamén fixo unha adaptación sobre a personaxe do Mahabharata, Shakuntala.
En medio dunha arte caracterizada por unha sutileza equilibrada e riseira, como se aprecia na escultura do Buda de Sarnath e noutros moitos relevos, a maioría dos santuarios que se construíron son hinduístas, posto que o hinduísmo adquire preponderancia na era Gupta ao seren hinduístas os soberanos, se ben estes souberon aceptar o exercicio doutros cultos, entre eles o budismo, ata o punto de que o monxe chinés Fa Xian visitou os territorios guptas para afondar nos seus coñecementos.
Os dous grandes centros da escultura foron Mathura e Gandhara, sendo esta última o centro da arte greco-budista. Ambos exportaron as súas producións a outras partes do norte da India. A diferenza do precedente Imperio Kushan, non hai representacións de monarcas, nin sequera nas moedas,[64] con excepción dalgunhas moedas dos Sátrapas occidentais.
Os máis célebres monumentos de estilo gupta que sobreviviron, as covas de Ajantā, Elefanta e Ellora (budista, hindú, e mixta, respectivamente), proveñen de feito de dinastías posteriores, mais reflicten a monumentalidade e o equilibrio do estilo gupta. Ajantā contén as máis importantes pinturas do período, cun estilo maduro que probablemente tivo un longo desenvolvemento, ante todo nos palacios.[65]
-
Templo en Sanchi, exemplo da arquitectura budista
-
Templo Dashavatara, templo hindú construído no período Gupta
-
Pintura nas covas de Ajantā
A danza e a música, baseada en microtóns, acadou unha época dourada.
Relixión
[editar | editar a fonte]Os emperadores eran hinduístas[66] pero outras correntes como o budismo atinxiron unha grande tolerancia.[67] Sanchi remained an important centre of Buddhism.[67] Disque Kumaragupta I fundou Nalanda.[67] Os templos e mosteiros das trinta covas de Axantä no Decán amosan un budismo en expansión.
No aspecto relixioso as ideas hinduístas corresponden en gran medida a este período, quizais é no tempo do Gupta, grazas á influencia budista, cando o hinduísmo chegou a tolerar as opinións máis diversas, e mesmo antagónicas dentro do seu sistema de crenzas.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- 320: Chandragupta I funda o Imperio Gupta, amplía o imperio cara ao norte.
- 330-376: Samudragupta amplía o Imperio dende o Río Indo á Baía de Bengala e ata as montañas do norte.
- 376-415: Chandragupta II fortalece o imperio, aumentando a seguridade.
- 415-450: Kālidāsa compón a maior parte da súa obra durante o reinado de Kumargupta (415-455).
- 450: Comeza o colapso do imperio ante a presión dos Hunos.
- 554: A dinastía Gupta remata coa morte do último emperador, Shashakgupta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo D. N. Jha, as distincións entre castes fixéronse máis arraigadas e ríxidas durante esta época, xa que a prosperidade e o favor da lei acumuláronse na parte superior da escala social, mentres que as ordes inferiores degradáronse aínda máis.[3]
- ↑ "Os historiadores consideraron no seu día o período Gupta (320-540) como a idade clásica da India [...] Tamén se pensaba que fora unha época de prosperidade material, sobre todo entre a elite urbana [...] Algúns destes supostos foron cuestionados por estudos máis amplos do período post-mauriano, pre-Gupta. As probas arqueolóxicas dos primeiros niveis do Imperio Cuxano suxiren unha maior prosperidade material, ata tal punto que algúns historiadores defenden un declive urbano no período gupta."[4]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Gupta Dynasty – MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2009. Consultado o 21 de maio de 2017.
- ↑ N. Jayapalan, History of India, Vol. I, (Atlantic Publishers, 2001), 130.
- ↑ Jha, D.N. (2002). Ancient India in Historical Outline. Delhi: Manohar Publishers and Distributors. pp. 149–73. ISBN 978-81-7304-285-0.
- ↑ Pletcher 2011, p. 90.
- ↑ Kulke & Rothermund 2004, p. 93.
- ↑ Stein 2010, p. 86-87.
- ↑ Raghu Vamsa v 4.60–75
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, pp. 112–18.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Upinder Singh 2017, p. 343.
- ↑ Gupta dynasty (Indian dynasty) Arquivado 2010-03-30 en Wayback Machine.. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Keay, John (2000). India: A history. Atlantic Monthly Press. p. 132. ISBN 978-0-87113-800-2.
A gran era de todo o que se considera clásico na literatura, a arte e a ciencia indios estaba a despuntar. Foi este crescendo de creatividade e erudición, tanto como ... os logros políticos dos Gupta, o que faría a súa época tan dourada....
- ↑ Vidya Dhar Mahajan 1990, p. 540.
- ↑ Gupta dynasty: empire in 4th century Arquivado 2010-03-30 en Wayback Machine.. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ Gupta dynasty: empire in 4th century Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ 15,0 15,1 J.C. Harle 1994, p. 87.
- ↑ Trade | The Story of India – Photo Gallery Arquivado 2010-03-28 en Wayback Machine.. PBS. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ Dikshitar, V. R. Ramachandra (1993). The Gupta Polity (en inglés). Motilal Banarsidass Publ. ISBN 978-81-208-1024-2. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2020. Consultado o 7 de decembro do 2023.
- ↑ Nath sen, Sailendra (1999). Ancient Indian History and Civilization. Routledge. p. 227. ISBN 9788122411980. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2021. Consultado o 7 de decembro do 2023.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, pp. 264–69.
- ↑ Grousset, Rene (1970). The Empire of the Steppes. Rutgers University Press. p. 69. ISBN 978-0-8135-1304-1.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 79.
- ↑ Dani, Ahmad Hasan; Litvinsky, B. A. (1996). History of Civilizations of Central Asia: The crossroads of civilizations, A.D. 250 to 750 (en inglés). UNESCO. p. 185. ISBN 978-92-3-103211-0.
- ↑ Dilip Kumar Ganguly 1987, p. 14.
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, p. 39.
- ↑ Dilip Kumar Ganguly 1987, p. 2.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 96.
- ↑ Dilip Kumar Ganguly 1987, pp. 7–11.
- ↑ Dilip Kumar Ganguly 1987, p. 12.
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, p. 44.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 82.
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, p. 42.
- ↑ R. S. Sharma (2003). Early Medieval Indian Society: A Study in Feudalisation. Orient Longman. ISBN 9788125025238. Arquivado dende o orixinal o 26 March 2021. Consultado o 26 June 2019.
- ↑ R.C. Majumdar 1981, p. 4.
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, p. 40.
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, pp. 43-44.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 83.
- ↑ Agarwal, Ashvini (1989). Rise and Fall of the Imperial Guptas, Delhi:Motilal Banarsidass, ISBN 81-208-0592-5, pp.84–7
- ↑ Majumdar, p. 474
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, pp. 51–52.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, pp. 106-07.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 114.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 117.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 107.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 112.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, p. 110.
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, pp. 80–81.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeA
- ↑ Tej Ram Sharma 1989, p. 84.
- ↑ Ashvini Agrawal 1989, pp. 112-18.
- ↑ Raychaudhuri, p. 489
- ↑ Agarwal, Ashvini (1989). Rise and Fall of the Imperial Guptas, Delhi:Motilal Banarsidass, ISBN 81-208-0592-5, pp.191–200
- ↑ Raychaudhuri, p. 510
- ↑ Raychaudhuri, p. 516
- ↑ Sachchidananda Bhattacharya, Gupta dynasty, A dictionary of Indian history, (George Braziller, Inc., 1967), 393.
- ↑ Ancient Indian History and Civilization by Sailendra Nath Sen p.220
- ↑ Encyclopaedia of Indian Events & Dates by S. B. Bhattacherje p.A15
- ↑ Columbia Encyclopedia
- ↑ Corpus Inscriptionum Indicarum Vol.3 (inscriptions of the Early Gupta Kings) p. 362
- ↑ 59,0 59,1 Indian Esoteric Buddhism: Social History of the Tantric Movement by Ronald M. Davidson p. 31
- ↑ "Deluge drowned mighty Guptas: Study". The Telegraph (en inglés). Kolkota. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ Roy, Kaushik (2015). Warfare in Pre-British India, 1500 BCE to 1740 CE. Routledge. p. 56. ISBN 978-1-315-74270-0.
- ↑ Thomas Khoshy, Elementary Number Theory with Applications, Academic Press, 2002, p. 567. ISBN 0-12-421171-2.
- ↑ Murray, H. J. R. (1913). A History of Chess. Benjamin Press (originally published by Oxford University Press). ISBN 0-936317-01-9. OCLC 13472872.
- ↑ Harle, 87-89
- ↑ Harle, respectively 118-122, 123-126, 129-135
- ↑ A History of Ancient and Early Medieval India by Upinder Singh p. 521
- ↑ 67,0 67,1 67,2 The Gupta Empire by Radhakumud Mookerji pp. 133–
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imperio Gupta |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agrawal, Ashvini (1989). Rise and Fall of the Imperial Guptas. Motilal Banarsidass. ISBN 978-81-208-0592-7.
- Dilip Kumar Ganguly (1987). The Imperial Guptas and Their Times. Abhinav. ISBN 978-81-7017-222-2.
- H.C. Raychaudhuri (1923). Political History of Ancient India: From the Accession of Parikshit to the Extinction of the Gupta Dynasty. University of Calcutta. ISBN 978-1-4400-5272-9.
- Harle, J.C. (1994). The Art and Architecture of the Indian Subcontinent. Yale University Press. ISBN 978-0-300-06217-5.
- Majumdar, R.C. (1981). A Comprehensive History of India. 3, Part I: A.D. 300-985. Indian History Congress / People's Publishing House. pp. 17–52. OCLC 34008529.
- Goyal, Shankar (2001). Problems of Ancient Indian History: New Perspectives and Perceptions. Book Enclave. ISBN 978-81-87036-66-1.
- Tej Ram Sharma (1989). A Political History of the Imperial Guptas: From Gupta to Skandagupta. Concept. ISBN 978-81-7022-251-4.
- Vidya Dhar Mahajan (1990). A History of India. State Mutual Book & Periodical Service. ISBN 978-0-7855-1191-5.
- Upinder Singh (2017). Political Violence in Ancient India. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-98128-7.