Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
mSen resumo de edición |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
[[Categoría:Cultura en Vigo]] |
[[Categoría:Cultura en Vigo]] |
||
[[Categoría:Fundacións de Galicia]] |
[[Categoría:Fundacións de Galicia|Penzol]] |
Revisión como estaba o 8 de abril de 2017 ás 19:39
Coordenadas: 42°14′18.13″N 8°43′32.5″O / 42.2383694, -8.725694 Modelo:Fundación A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963 para preservar o legado de Fermín Penzol (1901-1981) e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira, e o director é Francisco Domínguez.
Posúe unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45.000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza. Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco.
Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas e ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.
A súa sede está na Casa Galega da Cultura de Vigo, na praza da Princesa.
Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.
Véxase tamén
Bibliografía
- RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.
Ligazóns externas
- Fundación Penzol, na páxina web de Editorial Galaxia.