A Asociación Galega de Editoras (coñecida até maio de 2016 como Asociación Galega de Editores) é unha asociación de ámbito galego fundada en 1983 ante a falta dun organismo que defendese os intereses dos editores na época. É constituída co obxectivo de ser a representación gremial das editoriais galegas. En 2016 constaba de 35[1] empresas editoriais (algo menos da metade do total de editoriais radicadas en Galicia[2]), ás cales proporcionaban axuda tanto na edición como na promoción do libro galego.
A AGE préstalles aos seus asociados servizos de información e documentación, formación, apoio nas feiras e nas actividades de promoción do libro galego.[3]
Información e documentación
Ampla e puntual información sobre calquera tema de interese para o sector editorial (subvencións, convenios, feiras, bolsas de axuda, misións comerciais, premios etc.)
Seguimento puntual do BOE, DOG, BOP, e outros boletíns de interese para os editores.
Formación
Información e/ou organización de cursos de formación para o persoal das empresas do gremio.
Realización de xornadas técnicas Comercio Exterior
Comercio Exterior
Participación como colectivo nas feiras profesionais do libro que formen parte do calendario de actividades anuais. En colaboración coa Dirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia, coas cámaras de comercio de Galicia e coa Federación de Gremios de Editores de España.