Saltar ao contido

Charles Seltman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Seltman
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1886.
Paddington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1957.
Cambridge.
Inglaterra
País de nacionalidadeReino Unido Reino Unido.
Educación Universidade de Cambridge
Q89547790Estudos de historia e numismática de Antigüidade.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía e numismática.
Ocupaciónhistoriador, historiador da arte, arqueólogo, numismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIsabel May Griffiths Dane. Editar o valor en Wikidata
PaiErnest John Seltman Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1945): Medalla da RNS.
- (1954): Medalla Huntington, da [[American Numismatic Society |ANS]].

BNE: XX1436622 Find a Grave: 107321272 Editar o valor en Wikidata

Charles Theodore Seltman, nado o 4 de agosto de 1886 en Paddington, Londres, e finado o 28 de xuño de 1957 en Cambridge, foi un historiador da arte e numismático inglés especializado na Idade Antiga.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Charles Seltman procedía dunha familia escocesa procedente de Edimburgo; era fillo de Ernest John Seltman e de Barbara Smith Watson. O seu pai iniciouno xa de neno no interese pola cultura e a numismática da Antiga Grecia.[1]

Recibiu a súa educación primaria na escola Berkhamsted, vinculada á igrexa anglicana, e posteriormente, durante a primeira guerra mundial combateu en Francia, no rexemento Suffolk de infantaría.[1]

O 6 de xuño de 1917 casou con Isabel May Griffiths Dane (1893-1935), sobriña de Louis Dane, un alto funcionario da administración colonial británica na India.[1]

En 1918 ingresou no Queen's College, da Universidade de Cambridge, onde fixo os estudos de Historia, con especialidade en Arqueoloxía, dos que se graduou en 1922. O curso seguinte continuou a súa formación na Escola Británica de Atenas e en 1925 acadou o seu grao de mestrado en Cambridge, baixo a dirección de William Ridgeway e Arthur Berbard Cook.[1]

En 1926 comezou a impartir docencia de Estudos Clásicos no Queens' College, da Universidade de Cambridge, e nos anos seguintes participou en varias expedicións arqueolóxicas.[1]

No curso 1929-1930 trasladouse aos Estados Unidos para impartir clases no Archaeological Institute of America, en Boston, e o ano seguinte foi profesor no Oberlin College, en Ohio. De volta a Europa, a súa estadía como profesor de Collège de France concluíu en 1940 por mor da invasión Nazi.[1]

Ao seu regreso a Inglaterra organizou varias exposicións, entre elas para a Royal Academy (1942) e para a Burlington House (1946).[1]

Seltman é coñecido pola súa tese de que as sociedades autoritarias producen arte abstracta, en tanto que as sociedades libres producen arte figurativa, postulada no seu artigo "Art and Society", publicado en 1953.[1][3]

A súa muller está soterrada no cemiterio da parroquia da Ascensión, en Cambridge. Pola contra, logo do seu falecemento en Cambridge o 28 de xuño de 1957, Charles Seltman foi cremado nesa localidade o 1 de xullo e, consonte a súa vontade expresa, as súas cinzas foron esparexidas polo Mediterráneo nas proximidades de Mallorca.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Charles Seltmann publicou numerosos artigos nas revistas de historia, arte e numismática da súa época, así como un bo número de traballos monográficos.[1][6][7][8]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Sorensen, L. (ed.). (2020).
  2. 2,0 2,1 "Charles Theodore Seltman". Find a Grave.
  3. Seltman, C. (1953). "Art an Society". En The Studio CVL. Páxinas 98-114.
  4. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  5. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  6. "Seltman, Charles Theodore 1886-1957". WorldCat Identities.
  7. "Seltman, Charles Theodore 1886-1957 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Charles Theodore Seltman (1886-1957)". Open Library. Internet Archive.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gill, D. W. J. (2004). "Seltman, Charles Theodore (1886-1957)". En Todd, R. B. (ed.). The Dictionary of British Classicists. Thoemmes Continuum, Bristol. Páxinas 882-883. ISBN 978-1855069978
  • Sorensen, L. (ed.). "Seltman, Charles Theodore". En Dictionary of Art Historians. Duke University.