Saltar ao contido

As Pontes de García Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaAs Pontes de García Rodríguez
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°27′01″N 7°51′11″O / 43.4502, -7.8531
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalAs Pontes de García Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.867 (2023) Editar o valor en Wikidata (39,56 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie249,4 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude340 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde das Pontes Editar o valor en WikidataValentín González Formoso Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15320 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15070 Editar o valor en Wikidata

Páxina webaspontes.com Editar o valor en Wikidata

As Pontes de García Rodríguez,[1] tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres.[2] O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Abrangue unha superficie de 249,37 km²[3] e limita ao norte con Mañón e Ortigueira, ao leste e sueste con Muras e Xermade, ao suroeste con Monfero, e ao oeste coa Capela, San Sadurniño e As Somozas.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura[4] o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Ó seu redor hai outros montes como A Pena da Loba (658 m), o Macizo Sucadio (667 m), os Macizos de Penas de Noite (626 m) ou o de Deveso (558 m).

Os ríos que discorren polo concello son en xeral caudalosos, cun réxime bastante regular. Destaca entre eles o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. Tralo peche da mina de lignito a ceo aberto que subministraba á central térmica das Pontes en 2007,[5] comezouse un proceso de recheo do oco deixado, de máis de 5 km de lonxitude, 2,5 km de ancho e unha profundidade máxima de 206 m, con 547 millóns de m³ de auga procedentes do río Eume, dalgúns regatos da zona e de augas pluviais. En 2012 rematou o proceso coa creación do lago das Pontes, un dos maiores de Europa destas características.[6]

No concello aséntase gran parte do parque natural das fragas do Eume que bordea o encoro do Eume.

O clima das Pontes foi tradicionalmente definido coma un clima oceánico húmido,[7] con certas características de clima continental nos vales e de clima de montaña nas alturas da serra.[8] Dentro da clasificación climática de Köppen está considerado coma csb.[9] A temperatura media anual da vila é de 12,7 °C, cunha variación interanual de 10,7 °C. O termo medio de temperatura media para xaneiro é de 7,8 °C, con medias máximas de 11,3 °C e mínimas de 4,4 °C, mentres que o termo medio de agosto acada os 18,5 °C, con medias máximas de 22,9 °C e mínimas de 18,5 °C.[9]

O concello das Pontes rexistra unhas precipitacións anuais de 1.800 l/m². O mes de decembro adoita ser o máis chuvioso,[9] podendo producirse en xaneiro e febreiro xeadas e precipitacións en forma de neve.[8]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Serie de poboación histórica
Ano19001910192019301940195019601970198119912001201120172022
Poboación4626496247775026520059518317791611 02713 21412 44011 13910 3249974
Evolución da poboación nas Pontes dende o ano 1900.[2][10][11]
Censo total (2015) 10 503 habitantes
Menores de 16 anos 1 052 (10,02 %)
Entre 16 e 64 anos 7 152 (68,09 %)
Maiores de 64 anos 2 299 (21,89 %)

Durante a primeira metade do século XX houbo poucas variacións na poboación do concello, con subidas e baixadas pouco representativas. O balance final deste medio século foi positivo, de 1900 a 1950 a poboación aumentou en 1325 habitantes. A evolución foi completamente distinta na segunda metade do século, aumentando a un ritmo maior e chegando a duplicarse en 40 anos ata acadar os 13 214 habitantes en 1991, en parte debido a que en 1982 o concello integrou as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, que até entón formaban parte do municipio da Capela. Esta data marcou o máximo histórico da poboación do concello, xa que na última década do século XX e na primeira do XXI produciuse un descenso apreciable de poboación ata os 10 399 habitantes habitantes no ano 2016.[2][10][11], dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres.[2] En canto a distribución por tramos de idade, no 2015 a poboación maior de 64 anos representaba a quinta parte do total do concello, duplicando á menor de 16 anos. Os datos oficiais do IGE de 2014 indican un valor para o índice de envellecemento de 157,2. No 2013, a idade media á maternidade era de 32,4 anos, cun número medio de fillos por muller de 0,8.[12]

Os datos de poboación recollidos nos censos oficiais feitos ao inicio de cada década desde o ano 1900 amosan a evolución da poboación no concello:[2][10][11]

No concello atopáronse varios obxectos prehistóricos, máis dun centenar de mámoas,[13][14] anacos de cerámica e vasos campaniformes.[15][16] Segundo un estudo de 2010, a zona do concello era un asentamento periférico ás zonas preferentes de ocupación das comunidades do neolítico.[17] Hai numerosas probas da romanización da zona, como son varios sarcófagos paleocristiáns atopados na vila e restos de vivendas romanizadas, entre outros.[18][19]

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce[8][20] por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera.[21]

Por quantas lealtanzas de fianza fallamos en vos... e por quanto afán y trabajo y pérdidas oviste tomado por nós... facemos vos donación pura y perpetua... del lugar de las Puentes de Hume

A súa liñaxe extinguiuse nuns 100 anos, pasando a pertencer o señorío á casa de Lemos. Porén, deixou pegada nas numerosas pontes que mandou construír no río Eume, destacando entre elas a ponte dos Ferros tamén coñecida como ponte vella.[22]

Segundo o Catastro de Ensenada de 1752, residían por aquel entón no casco urbano pontés pouco máis de douscentos habitantes e cerca de mil no resto do concello. A vila dispuña dun Hospital para recoller, dar pousada e asistir a pobres, peregrinos e viandantes. O edificio, cuxo recordo dá nome á praza principal das Pontes, seguiu sendo hospital ata mediados do século XIX e escola ata a segunda década do século XX, no que foi derruído por orde municipal. A finais do século XVIII José Cornide Saavedra comunicou á Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago a existencia nas Pontes de García Rodríguez de xacementos de lignito.[23] En 1860 levantouse unha nova ponte construída na época de Isabel II de España e de quen recibe o nome.[24]

Nas décadas de 1950 e 1960 a empresa nacional ENCASO foi a responsable da construción dunha central térmica de 32 MW e dunha fábrica de fertilizantes, así como do comezo da explotación da mina de lignito e a construción do encoro da Ribeira. Isto supuxo un aumento considerable da poboación por mor da necesidade de man de obra, e a creación do poboado das Veigas para a asignación de vivendas aos traballadores.[25][26] A comezos da década de 1970 Endesa comezou a construción da central térmica das Pontes de 1400 MW, que xunto a explotación da mina de lignito marcou o desenvolvemento industrial do concello durante a segunda metade do século XX,[27][28] ademais de influír no desenvolvemento urbanístico da vila coa creación de varios novos poboados como os da Magdalena, Anguieiro, Barreiro e o da Fraga.[29]

No ano 1982 anexionáronse ó concello as 6 parroquias máis próximas do concello da Capela (Espiñaredo, Goente, Ribadeume, Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume e O Seixo),[30][31] feito que contribuíu xunto á construción da central térmica a que o concello acadase o seu punto de maior expansión territorial e maior poboación.[30] Dende entón o concello sufriu un declive industrial e de poboación, particularmente destacado tralo peche da mina de carbón por parte de Endesa no ano 2008.[30]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

As orixes do nome do concello remóntanse ao ano 1376, cando o conde García Rodríguez de Valcarce tomou posesión das terras do val no que se asenta o concello, tralo decreto do rei Henrique II de Castela. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila das "Pontes d’Uyme", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.[20][32]

En canto os lugares do concello, varios dos topónimos teñen a súa orixe en termos célticos, como por exemplo A Cuíña ("Costa empinada"), O Catarou ("Mirador") ou O Reboredo ("Carballeira").[33] Outros destes lugares teñen a orixe do seu topónimo no latín, como O Caneiro (canna), A Ermida (eremita), O Chao (planus), Espiñaredo (epina) ou O Castro (castrum).[34]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]
Pontes
  • Ponte do Chamoselo: Situada sobre o río Chamoselo, afluente do Eume. A súa orixe data dos séculos XIV-XV.[18][24] A ponte pertencía á vía romana que unía Lugo coa ría de Ferrol, cuns 2,10 metros de anchura de calzada, empregada polos romanos para o transporte de mineral de estaño dende as minas de Orizón ata a ría. A ponte ten un só arco, duns tres metros de raio, e está feita na súa maioría de lousa.[18]
  • Ponte dos Chaos[24]
  • Ponte da Fraga[35]
  • Ponte de Isabel II: Construída no 1860, de estilo neorrománico, con arco de medio punto rebaixado.[24]
  • Ponte da Pedra: Situada orixinalmente ao noroeste do lugar da Casilla, foi trasladada ao parque de Lesneven para a súa conservación.[24]
  • Ponte da Perfolla[24]
  • Ponte da Presa de Alende: Construída no 1992 sobre o Eume, feita en formigón e estruturas metálicas de cor vermella que forman dous pináculos rectangulares.[24]
  • Ponte Romana de Illade: Trasladada á area recreativa do Caneiro para a súa conservación.[24]
  • Ponte Vella: Situada sobre o río Eume. Data do século XV, é coñecida tamén co sobrenome de Ponte dos Ferros.[24]

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
Festas da Virxe do Carme
Procesión diúrna da Virxe do Carme 2015.

As Festas da Virxe do Carme celébranse tódolos 16 de xullo dende 1741, trala fundación da Confraría do Carmelo no ano 1736 por Blas Santomé Aguiar, irmán do entón párroco das Pontes, e a aprobación dos seus estatutos en 1741. A festividade do Carme comezou a tomar notoriedade e no ano 1860 a Virxe do Carme pasou a ser patroa do concello.[36]

Da festa profana do Carme, a popular, tense constancia de que se celebra dende o ano 1800 ó consignar nos libros da confraría a retribución dos músicos que actuaban cada ano. A partir do ano 1880 a festividade do Carme pasou a ser organizada polos veciños do pobo, con actos relixiosos e lúdicos.[36] Especial relevancia na festa ten a procesión nocturna que o sábado de festa parte da capela do Carme coa imaxe da Virxe ata a igrexa, capela á que regresa o domingo camiñando sobre unha extensa alfombra floral.[37]

Romaría da Fraga

A Romaría da Fraga ten lugar o 25 de xullo. Comezou a celebrarse no ano 1904 por iniciativa de Manuel Fernández Vidal, naquel entón xuíz de Paz. Esa primeira celebración tivo lugar nunha leira dunhas oitenta áreas de superficie, preto do río Eume e poboada de carballos e outras árbores pequenas. O lugar coñecíase como a illa da Ramalleira, e era propiedade de Sergio Rivera Chao. Estaba rodeada polo río Eume, polo que os romeiros tiñan que achegarse a ela a través dunha pequena ponte.[38]

Ata 1948 os ponteses e visitantes seguiron celebrando a romaría neste lugar, na que foi popularmente chamada Festa da Isla. Por mor da construción da presa hidroeléctrica da central de ENCASO en 1948, a illa quedou anegada e a celebración trasladouse a unha fraga no barrio do Barreiro, propiedade de Rita Cabarcos Durán, quen fora mestra na escola das Pontes. Dende 1950 continuouse a celebrar a romaría nesta paraxe natural á beira do río Eume, entre os poboados da Fraga e do Barreiro e o barrio da Cuíña.[38]

Ata o ano 1966 o baile remataba ó solpor e a verbena celebrábase na praza do Hospital. Celebrábanse concursos de cabanas, empanadas, tortillas e traxes típicos acompañados de música popular e tradicional. Ao falecer o propietario da parcela sen escriturar a doazón, o concello mercou o terreo ós seus herdeiros por 725 000 pesetas a comezos dos anos 1970.[38] Nas últimas edicións pasouse a delimitar a fraga en parcelas para a construción de cabanas e merendeiros, e a celebración pasou a iniciarse na noite do 24 de xullo con varios concertos de música folk, seguido da sesión vermú a cargo dunha orquestra o día 25. Ten a consideración oficial de festa de interese turístico nacional.[39]

Outras celebracións
Feira do Grelo, 2016

As principais festas gastronómicas do concello son a Feira do Grelo, que ten lugar o domingo de entroido e que naceu en 1981 para potenciar a agricultura local.[40], a Feira de Fungos e Cogomelos, que ten lugar o 1 de novembro e recolle diversos actos como a degustación de pratos, concursos micolóxicos e o Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA), e a Feira do Queixo e o Mel que ten lugar no mes de outubro na parroquia de Goente e leva celebrándose dende 2008.[41]

Outras das festas locais son a Cita coa Historia, unha feira de recreación histórica que comezou a celebrarse no 2013 e ten lugar na vila antiga,[42][43] e a Festa do Lago en agosto, que conmemora a inauguración do lago e a súa praia que tivo lugar o 20 de agosto de 2012.[44]

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Un dos produtos característicos do concello son as mantecadas das Pontes, de elaboración artesanal, feitas con manteiga de vaca cocida, ovos, fariña e azucre.[45] Segundo o historiador Enrique Rivera Rouco, foron introducidas no concello nos principios do século XX por Pilar Prieto Penabad, que deprendera a elaboración e receita das mesmas a unha veciña de Muras que fora instruída nun convento de monxas.[46]

Tradición oral

[editar | editar a fonte]

Existen diversas lendas relativas a varios dos lugares do concello, recollidas polo historiador local Enrique Rivera en diversas publicacións:

  • O Rei Bermudo / Os Castros de Bermuy
O gran Rei de Galicia, Bermudo, elixido polos Nobres Galegos fai uns dez séculos, veuse acurrado coas embestidas[sic] dos mouros. Tiña a súa sede en Compostela, e ante a proximidade do inimigo escapou pra Betanzos. Os mouros, capitaneados polo xeneral Almanzor, viñan coma un furacán, destruíndo canto atopaban. Desfixeron por completo a cidade de Compostela e seguidamente atacaron A Coruña. Entón o noso Bermudo saíu de Betanzos cara o Norte e refuxióuse nos Castros da montaña de poniente das Pontes. Aquela terra dos Castros recibíu ata nos, o nome de Bermuy, nome do ilustre fuxitivo.[47][48][49]
  • Os Encantos das Medoñas
Houbo nesta Comarca moitos "encantados" nas foyas[sic] do Río Eume, nas penas e nas medoñas. Eran persoas que alí xacían como consecuencia dalgún maleficio, ó que os vellos chamaban "estar encantadas". Falaban desde a súa prisión e podían ser desencantadas cumpríndolles algún requisito que pedían. Cóntase dun que moraba nas medoñas de Marraxón, que lle encomendou a un paisano dalí o xeito de desencantalo. Asomoulle por un burato da medoña, doce bolos de pan, que lle debía de devolver intactos ó outro día, e advertiulle que tivera coidado coa súa muller porque, levada polas curiosidade, podía encetar un e nese caso, perpetuaríase o seu encantamento. Así sucedeu, e cando llos devolveu, foinos botando polo burato deixando para o último o encetado. Cando este rodou ó cubil retemblou a medoña e o encanto mandou uns alaridos de desesperación pola desventura que lle viñera encima.[47][48][49]
  • O Cocho Bravo da Toca
No monte da Casilla da Toca poden ver cantos pasen pola estrada para Ferrol, un cocho bravo de pedra, subido enriba doutra pedra máis grande e mirando cara o raiante. Fixérono os nosos antepasados, do tempo inmemorial, e dotárono dun poder divino que supera ó poder das meigas e dos espíritos malos. Esta figura protexía ós moradores da Veiga de Narahío e demais alrededores, pois, coa súa presenza poderosa, detiña a cantos poderes inemigos viñeran pola súa fronte, quedando así a salvo os que residían polas súas costas.[48][49][50]
  • A cidade de Valverde
Contaban os antepasados das nosas aldeas, e tamén o falaban noutros pobos de Galicia que en tempos moi antigos houbo no val das Pontes unha cidade que lle chamaban "Ciudad de Villaverde" (outros din Valverde), asentada na beira do lago de Carracedo, que collía a maior parte desta veiga. Parece ser que aqueles "villegos" se tiraron ó vicio e á perversión, e Deus castigounos afundindo de golpe toda a cidade, que se esfondou no limo do lago, e alí se afogaron todo os seus habitantes, menos unha rapaza, que saíu a nado berrando por Santa Eulalia e pedíndolle que a salvara. Era a única persoa honrada, que non se dera ó vicio, e efectivamente a Santa oeu os seus clamores e salvouna. Aquela doncela, santa e agradecida, levantou unha ermita onde as xeracións adoraron á milagrosa santa.[48][49][51]
  • A Lenda do Río Eume
Contaron desde sempre os vellos que cando o Deus fixo os os ríos, mandou nacer tres xuntos, na Serra do Xistral. Aínda que naceron no mesmo sitio avocounos para distintas ladeiras e prometeulles que lle regalaría cada ano un home ó primeiro que chegara ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles: Eume, ó da ladeira do poniente que debía de fertilizar as terras de As Pontes; Landro, ó da ladeira do norte que debía de fertilizar as carballeiras e facerlles dar landras; e Masma ó da ladeira do raiante, que debía fertilizar na súa chegada ó mar as mesmas marismas. Acabados de nacer acordaron descansar un pouco no camiño, condición que soamente cumpriu o Eume. Ó decatarse da traizón dos compañeiros, envalou furioso a súa marcha pola Capela e Caaveiro e logrou chegar de primeiro. Por iso todos os anos se afoga unha persoa nel.[48][49][51]

Vilas irmandadas

[editar | editar a fonte]

O concello está irmandado coa vila bretoa de Lesneven,[52] a vila galesa de Carmarthen,[53] e a vila cubana de Arroyo Naranjo.[54]

Economía

[editar | editar a fonte]
Central Térmica Endesa As Pontes.
Escavadoras da antiga mina de lignito.
Cheminea da central de As Pontes. Comparación coa Torre Eiffel de París.

Historicamente a economía do concello tivo unha gran dependencia da industria e da minaría,[28] aínda que tamén dispón de núcleos de poboación dedicados á agricultura e á gandería. A renda dispoñible bruta por habitante no 2009 era de 16 930,27 , mentres que o produto interior bruto por habitante no 2012 acadaba os 85 804 €.[12] Segundo datos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, no ano 2013 a renda bruta media no concello foi de 29 298 €, a segunda máis alta de Galicia.[55]

Nas Pontes de García Rodríguez ten importancia a explotación gandeira sendo o seu leite empregado, entre outros destinos, na empresa Queserías del Eume situada na parroquia da Faeira[56] Segundo datos do IGE, no 2012 existían 264 explotacións de gando bovino, sumando un total de 3 294 cabezas entre elas.[12] Son tamén importantes os seus recursos forestais para a industria madeireira e papeleira, así como a fabricación de combustible a partir de biomasa.[57][58]

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes. A central térmica é a máis grande de España, e a súa cheminea, con 356 metros de altura, é a construción máis alta de España, e figura no Libro Guinness dos Récords como a cheminea máis voluminosa do mundo.[59] Ten unha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica que usa o gas para producir electricidade, nun ciclo combinado de 800 megavatios.[60] Ademais o concello conta con varios parques eólicos e dous encoros no río Eume, o encoro da Ribeira e o encoro do Eume. Todas estas instalacións no seu conxunto fan que o concello sexa un dos lugares con maior produción de enerxía a nivel mundial.[61] O concello conta tamén con tres parques industriais onde se asentan diversas empresas: O polígono industrial de Penapurreira, o polígono industrial dos Airíos e o polígono Cruz das Cabezas.[62]

No relativo ó turismo, no ano 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de 8,65 ha de superficie cunha praia artificial.[63][64]

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]
Praia artificial das Pontes.

O concello atópase a uns 42 km de distancia por estrada de Ferrol (AG-64), a uns 67,1 km de A Coruña e a uns 68,4 km de Lugo.[8] As principais vías de comunicación terrestres do concello son:[65]

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

RTV Eume é a emisora de radio e televisión local do concello, fundada o 11 de novembro de 1989,[66] cunha programación que inclúe emisións musicais, reportaxes sobre eventos ocorridos no concello, entrevistas e novas locais. Na celebración do seu 24º aniversario, a radio acadou un récord Guinness tras realizar entrevistas sen pausa durante 24 horas e 6 minutos.[67]

A asociación local de informática Amigus comezou o 24 de xullo de 2003 un portal web no que se recollen novas locais e novas relacionadas co mundo da tecnoloxía.[68]

O xornal local A Nova Unión, que tomou o seu nome do desaparecido xornal local de comezos do século XX La Unión, tivo unha primeira edición independente quincenal de marzo a agosto do 1995,[69] e unha segunda edición mensual que comezou en xaneiro de 1997, editada por Amigos de As Pontes.[70]

O equipo de fútbol Club Deportivo As Pontes fundouse no 1960 e federouse oficialmente co nome de Calvo Sotelo o 28 de setembro dese ano. O equipo mudou de nome varias veces, pasando a chamarse Endesa en 1973 e en 1982 Endesa As Pontes, para recuperar o seu nome inicial de "As Pontes" en 2002. Ten no seu haber dous títulos de liga da terceira división española, dous de rexional preferente, a Copa de Galicia de 1968, o Trofeo Concepción Arenal de 1992, a Copa Deputación da Coruña de 1996 e varios trofeos menores.[71]

Outros equipos locais destacados noutros deportes son o Club de Rugby Fendetestas que milita na segunda categoría da Liga Galega de Rugby,[72] o club de fútbol sala O Esteo F.S.,[73] e o Club de Baloncesto As Pontes[74] En canto os deportes individuais destacan o piragüismo e o tiro con arco, con nomes destacados como o piragüista Borja Prieto[75] e o tirador Miguel Alvariño.[76] Ademais, dende a creación do lago comezaron a celebrarse no concello diversas probas atléticas como a proba de Ironman Northwest Triman e a carreira Samurai Xtreme Race.[77][78]

Política e goberno

[editar | editar a fonte]

Aquilino Meizoso foi alcalde entre 1987 e 1995, en representación da agrupación independente Amigos de As Pontes.[79] Nas eleccións de 1995 resultou elixido alcalde Víctor Guerreiro do BNG, se ben foi destituído dous anos máis tarde nunha moción de censura que levou á alcaldía ao socialista Vicente López Pena. Víctor Guerreiro obtivo a maioría de 9 concelleiros para o BNG nas eleccións de 1999[80] e 2003.[81]

O PSdeG-PSOE converteuse na forza máis votada nas eleccións de 2007 con 8 concelleiros, os mesmos que o BNG, que perdeu a súa maioría no Concello. Valentín González Formoso converteuse en alcalde á fronte dun goberno municipal socialista en minoría, perante os 8 edís do BNG e o único concelleiro do PPdeG.[82] González Formoso foi elixido de novo alcalde nas eleccións de 2011, ao acadar 12 concelleiros a lista por el encabezada, fronte aos 4 do BNG e 1 do PPdG.[83] Catro anos despois, no 2015, volveu a saír elixido Valentín Gónzalez Formoso, acadando o PSdeG 11 concelleiros, o BNG 3, Xunt@s por As Pontes 2 e PPdeG 1.[84] En 2019 Formoso revalida o seu goberno acadando o PSdG 12 concelleiros, o BNG 3, Son en Común 1 e PPdG 1.[85]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (5 de xuño de 2000). "ORDE do 31 de maio de 2000". Diario Oficial de Galicia (108): 8 594. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2016". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  3. "Superficie - Pontes de García Rodríguez, As". IGE. Arquivado dende o orixinal o 29-04-2021. Consultado o 24-04-2021. 
  4. A medida exacta difire segundo a fonte consultada:
  5. "Información general de la Central Térmica de As Pontes". Endesa educa (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  6. Prieto, Rosa (17 de maio de 2012). "La mina de As Pontes, el mayor lago de España". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  7. (Rivera Rouco 1976, p. 16)
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Concello das Pontes (2013). Regeneración de espacios físicos: solución ambiental sostenible a la mina de As Pontes (Informe) (en castelán). pp. 2–15. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Clima:As Pontes de García Rodríguez" (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Alterations to the municipalities in the Population Censuses since 1842". INE (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos". IGE. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Ficha municipal das Pontes". IGE. 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  13. Franco, J. M. E. (1995). "Sondeos arqueológicos de urgencia en "As Medoñas da Mourela" y prospección en el polígono de "Penapurreira"" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo (en castelán) 7: 125–158. 
  14. "As Pontes". Eumeturismo. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  15. Risco, Vicente (1971). Historia de Galicia (en castelán). Editorial Galaxia. p. 11. 
  16. Rodríguez Casal, Antón A. (2007). "El fenómeno tumular y megalítico en Galicia: caracterización general, problemas y perspectivas". En Fernández Eraso, Javier; Mujika Alustiza, José Antonio. Actas del Congreso Internacional sobre Megalitismo y Otras Manifestaciones Funerarias Contemporáneas en su Contexto Social, Económico y Cultural (PDF) (en castelán). Sociedad de Ciencias Aranzadi. pp. 58–93. ISBN 9788493767075. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2016. 
  17. López Sáez, José Antonio; López-Merino, Lourdes; Pérez Díaz, Sebastián (2010). "Neolitización, Megalitismo y Antropización del paisaje en Galicia entre el VII y el IV milenio cal. BC". Munibe (Sociedad de Ciencias Aranzadi) 32: 488–496. hdl:10261/39078. 
  18. 18,0 18,1 18,2 (Rivera Rouco 1976, p. 52)
  19. Armada Pita, Xosé-Lois; Martín Seijo, María (2005). "Nueva inscripción a los Lares Viales procedente de Somede (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)". Gallaecia (en castelán) (24): 127–149. ISSN 0211-8653. 
  20. 20,0 20,1 Lamigueiro Fernández, Xosé L. (2006). "Ascendencia e familia próxima de García Rodríguez de Valcarce o das Pontes" (PDF). Revista Cátedra (13). ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  21. "Época medieval". Concello das Pontes de García Rodríguez. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  22. Ficha da ponte en Turgalicia.
  23. "Época moderna". Concello das Pontes de García Rodríguez. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 24,6 24,7 24,8 "As pontes de As Pontes". Turismo As Pontes. Concello das Pontes. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  25. Orjales, M. N.; López, M. S. (2012). "El poblado industrial Das Veigas en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña): evolución histórica, problemática urbanística y jurídica". De re metallica (en castelán) (Madrid: Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) (18): 43–54. 
  26. Souto López, Manuel (2013). "Paternalismo industrial e vivenda na España franquista: O poboado industrial das Veigas nas Pontes de García Rodríguez" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (20): 273–316. ISSN 1133-9608. 
  27. Endesa en su historia (en castelán). Fundación Endesa. 2010. p. 123. ISBN 9788461459063. 
  28. 28,0 28,1 "Un plan industrial diversifica la economía de As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 04 de xullo de 2016. 
  29. Río Vázquez, Antonio Santiago (2015). "Los poblados industriales gallegos en la recuperación de la modernidad". En Álvarez Areces, Miguel Ángel. Vivienda obrera en la ciudad industrial del siglo XX (en castelán). Xixón: TICCIH España. pp. 67–70. ISBN 978-84-943-556-2-2. hdl:2183/16260. 
  30. 30,0 30,1 30,2 JORNET-LLOP-PASTOR SLP. (2013). Plan Xeral de Ordenación Municipal Das Pontes De García Rodríguez (PDF) (Documento de inicio). Concello de As Pontes de García Rodríguez. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  31. Comisión Provincial de Urbanismo (1985). Normas Subsidiarias de Ordenación Municipal (PDF) (Memoria) (en castelán). Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Xunta de Galicia. 
  32. (Rivera Rouco 1976, pp. 73-75)
  33. (Rivera Rouco 1976, p. 47)
  34. (Rivera Rouco 1976, pp. 67-68)
  35. "Patrimonio - Pontes" (en castelán). Concello das Pontes. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2015. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  36. 36,0 36,1 "Varios miles de ponteses e forasteiros asistiron ás celebracións na honra da Virxe Do Carme". Amigus.org. 25 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  37. "Festas da Virxe do Carme". Turgalicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  38. 38,0 38,1 38,2 "Coa Romaría da Fraga remataron as festas de As Pontes". Amigus.org. 27 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  39. "Romaría da Fraga". Turgalicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  40. "“Feira do Grelo” de As Pontes elabora un nuevo menú de Entroido". Berenguela (en castelán). 30 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  41. Mancebo, Marta (4 de outubro de 2013). "La V Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente se celebrará el día 12". El Progreso (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2015. 
  42. "As Pontes recupera el espíritu romano en su tercera Cita coa Historia". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 2016. 
  43. "As Pontes retrocede a la época romana en su Cita coa Historia". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2016. 
  44. "Festa no Lago". Turismo As Pontes. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  45. "MANTECADAS DE AS PONTES". Turismo As Pontes (en castelán). Concello das pontes. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  46. "Escolma de datos contados na radio local por Don Enrique Rivera Rouco". Amigus.org. 19 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  47. 47,0 47,1 (Rivera Rouco 1976, p. 33)
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 Rivera Rouco, Enrique (1995). "A orixe das lendas de As Pontes". A nova Unión (12). 
  49. 49,0 49,1 49,2 49,3 49,4 López Ferro 2014, p. 101
  50. (Rivera Rouco 1976, p. 34)
  51. 51,0 51,1 (Rivera Rouco 1976, p. 35)
  52. "As Pontes y Lesneven reafirman su hermanamiento". El progreso (en castelán). 26 de xullo de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  53. "Key facts about Carmarthenshire’s Town Twinning Associations" (PDF). West Wales European Centre (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  54. "As Pontes se hermana con la ciudad cubana de Arroyo Naranjo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  55. Lemos, G. (21 de xullo de 2016). "Oleiros, el municipio gallego donde se paga más a Hacienda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2016. 
  56. "Sobre Nosotros". Queserías del Eume (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  57. Abelairas, Bea (28 de decembro de 2012). "La empresa Biomasa Forestal de As Pontes oferta 20 vacantes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  58. Abelairas, Bea (17 de febreiro de 2013). "La planta de As Pontes de Biomasa Forestal ya opera a pleno rendimiento". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  59. "Actividad de generación en As Pontes" (PDF). Endesa (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  60. Bustabad, Lorena (4 de xuño de 2008). "Arranca en As Pontes la central de ciclo combinado". El País (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  61. Fernández, Fátima (30 de maio de 2006). "La central de gas hará de As Pontes el mayor centro energético de España". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  62. "ORDE do 19 de abril de 2004 de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), ampliación do parque empresarial Os Airíos.". DOG (Xunta de Galicia) (84): 6167. 3 de maio de 2004. 
  63. Beatriz, Couce (20 de abril de 2012). "As Pontes completa su lago". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  64. Pérez-Sindín López, X. (2015). "De mina a lago. Actores sociales y discurso. El caso de As Pontes (España) y comparación con el caso de Carmaux (Francia)" (PDF) (en castelán). Universidade da Coruña. 
  65. Colaboradores de OpenStreetMap. As Pontes de García Rodríguez (Mapa). 1:50000. OpenStreetMap. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  66. "Radio Eume celebrou hoxe o seu primeiro cuarto de século de vida". educAspontes.com. 12 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  67. Bustabad, Lorena (12 de novembro de 2013). "1.446 minutos de récord". El Pais (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  68. "Presentación Amigus". Amigus.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  69. (López Ferro 2014, p. 89)
  70. (López Ferro 2014, p. 103)
  71. "50º aniversario do Club Deportivo As Pontes". Amigus.org. 28 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  72. Docampo, Lois (10 de abril de 2016). "El Coreti Lalín continuará en Primera". Faro de Vigo (en castelán). 
  73. Ferreiro, Antón (14 de maio de 2016). "O Esteo vence en Bueu y logra la permanencia en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). 
  74. "Club de Baloncesto As Pontes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 4 de xullo de 2016. 
  75. Ferreiro, Xosé (3 de agosto de 2015). "Borja Prieto: «Me veo paleando muchos años»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  76. "Miguel Alvariño, undécimo gallego con plaza fija en Río". Atlántico (en castelán). 18 de xuño de 2016. 
  77. Alonso Lois, Paulo (25 de xuño de 2016). "Radiografía de los debutantes en el ironman de As Pontes: «Soy un yonqui del deporte»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  78. Mancebo, Marta (10 de xuño de 2016). "La Samurai Xtreme reunirá a unos 600 atletas en As Pontes". El Progreso (en castelán). 
  79. "O adeus definitivo de Aquilino Meizoso e Amigos de As Pontes". X CHOIVA ÁZEDA. 21 de abril de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  80. "Resultados Elecciones Municipales 1999". lainformación.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  81. "Resultados Elecciones Municipales 2003". lainformación.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  82. "Resultados Elecciones Municipales 2007". lainformación.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  83. "Resultados Elecciones Locales 2011". Ministerio del Interior (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  84. "Elecciones Municipales 2015 - As Pontes de García Rodríguez". El País (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  85. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]