Encoro da Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°27′44″N 7°49′28″O / 43.462304511846, -7.8245206720157

Encoro da Ribeira

O encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicos[1].

O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 Kw[2]. A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA.

O encoro está, na súa totalidade, no concello das Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila das Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes[3], úsao como zona de adestramento.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Análise da situación do río Eume da asociación Ríos con Vida Arquivado 02 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
  2. Minicentrais hidroeléctricas galegas:Listado do Inega Arquivado 16 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  3. Páxina web do Club Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.