Saltar ao contido

Mieres, Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMieres, Asturias
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°15′00″N 5°46′36″O / 43.25, -5.7766666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalMieres del Camín (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación36.195 (2023) Editar o valor en Wikidata (247,86 hab./km²)
Número de fogares18.333 (2011) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie146,03 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude386 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Mieres (en) Traducir Editar o valor en WikidataQ123569295 Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33600 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33037 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Herstal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webmieres.es Editar o valor en Wikidata

Mieres é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, a súa cabeceira municipal é a cidade de Mieres del Camino, dita popularmente simplemente Mieres. É cuarta poboación de Asturias, tras Oviedo, Xixón e Avilés, cun total de 44.992 habitantes, dos que arredor de 28.000 corresponden ao núcleo urbano capitalino.

Sito no centro de Asturias, dista tan só 20 km da capital autonómica, Oviedo, e 48 km de Xixón e Avilés.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Límites municipais

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte cos concellos de Ribera de Arriba, Oviedo e Langreu, ao sur con Ḷḷena e Aller, a leste con Langreu, Samartín del Rei Aurelio e máis Llaviana e a oeste con Morcín e Riosa.

Situación e relevo

[editar | editar a fonte]

As súas coordenadas xeográficas son 43º 15' N e 5º 46' O. O municipio aséntase no val do río Caudal, que forma unha extensa chaira de aproximadamente 220 m de altitude media, e que acada case 1 km de anchura como máximo. Está limitado a ambos lados por cordais de altura mediana (arredor de 800 m nos cumes), altitude que se pode superar nas serras sitas ao norte onde se localiza a cota máxima do concello, o Pico Burra Blanca, con 1.160 msnm. A cota máis baixa, 160 m, está situada, ao sur, no río Caudal, nos confíns co concello de Morcín.

Rede hidrográfica

[editar | editar a fonte]

O principal río de Mieres é o río Caudal, que atravesa o concello de norte a sur, e xorde da confluència do Lena e do Aller á altura de Ujo, no norte do municipio. Varios regatos verten as súas augas no Caudal como o Duró, o Turón, o San Juan, o Miñera e o Valdecuna.

Evolución demográfica

[editar | editar a fonte]

Até a década do 1960 a evolución demográfica de Mieres foi positiva, a partir dese momento o concello foi perdendo poboación a teor da decadencia da explotación mineira que era o sector económico punteiro do municipio. O crecemento natural segue a ser negativo, a inmigración é escasa, polo que o balance demográfico mostra un descenso de poboación.

Evolución da poboación de: Mieres, Asturias desde 1900 ata 2001

1900 1920 1940 1960 1981 1991 2001

18.083 40.560 51.967 70.871 58.098 53.170 48.926

O concello mierense está formado polas seguintes freguesías civís:

Prehistoria e Protohistoria

[editar | editar a fonte]

A presenza humana no territorio de Mieres data de tempos prehistóricos. Existen diversos túmulos e castros no concello que confirman a presenza de poboación anterior á ocupación romana. A respecto desta hai restos procedentes de Ujo, pero escasos, como a inscrición de Lucius Corona Severus, en lembranza dun soldado da Legio VII Gemina; a ara de Nimmedo e o enxoval funerario de Sulpicio Úrsulo. Porén polo actual concello pasaba a vía romana de León (Legio) a Lucus Asturum (Lugo de Llanera).

Idade Media

[editar | editar a fonte]

A partir de mediados do século IX comeza a aparecer o nome dalgúns núcleos do concello na documentación da época. En 857, Ordoño I, fixo u doazón da igrexa de San Juan, nas proximidades do río Aller, á igrexa de San Salvador de Oviedo, e, tres anos máis tarde, o mesmo monarca fixo doazón da igrexa de Santa Eulalia de Ujo ao bispo de León, Fruminio. En 1103, Afonso VI de Castela dooulle á igrexa de San Salvador de Oviedo a vila de Baíña, a condición de edificar no monte Copián un refuxio. O tal refuxio foi logo dado polo rei Afonso VII de Castela ao conde de Luna, Gonzalo Bermúdez, en 1139. Este mesmo Gonzalo Bermúdez doou Aguilar (no monte Copián) e máis as vilas de Loredo e Baíña á catedral de Oviedo en 1143. En 1266, Afonso X de Castela outorgou carta foral ao concello de Lena, que incluía naquela altura os actuais territorios de Mieres.

No ano 1447, o príncipe de Asturias, Henrique IV de Castela, concedeu aos veciños de Oviedo a exención de todo imposto de tránsito, medida que foi mal acollida polos «portazgueros» de Mieres, que vían reducirse os seus ingresos, o que xerou diversos conflitos que duraron até comezos do século XVI. Mieres figurou desde a época medieval na Ruta Xacobea, sendo un importante lugar de paso para os peregrinos que se dirixían cara Santiago de Compostela, pero que desde León se desviaban para Oviedo. De aquí o nome da súa capital actual: Mieres del Camino, ou del Camín, en asturiano.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra da Independencia, o mierense Fernando de Cosío organizou as primeiras alarmas, que unidas as tropas do brigadeiro Manglano, combateron o exército napoleónico. En 1836, durante a rexencia de María Cristina de Parma, Mieres econstituíuse como concello independente do de Lena. A mediados do século XIX, estabeleceuse en Mieres a 'Asturian Mining Company empresa mineira de capital británico, e máis o empresario francès Numa Guilhou algo despois, que fundou a Fábrica de Mieres (1872) para a produción de ferro colado en Ablaña. Dous anos logo ficou tendido o ferrocarril León-Xixón que atravesaba Mieres, e en 1906 o ferrocarril vasco-asturiano pasa tamén por aquí. Todo isto provocou que o concello pasara dunha economía predominantemente agropecuaria a ser un dos principais centros industriais da época, o que produciría grandes cambios políticos e sociais no concello.

A produción da industria mierense acada o seu punto álxido durante o primeiro terzo do século XX, que levaría a un grande aumento de poboación, paralelamente, á formación das primeiras asociacións obreiras no concello, como a Xuventude Socialista de Mieres (1905). Os conflitos laborais máis importante ocorreran a teor das folgas de 1906 e 1917, ambas as dúas sufocadas cunha fortísima represión.

Durante a revolución de outubro de 1934, Mieres foi un dos principais centros revolucionarios. Os obreiros asaltaron os cuarteis das forzas de seguridade, organizándose para tomaren a cidade de Oviedo. A súa derrota levou a que moitos fosen logo encarcerados ou, mesmo, a que morresen na represión desecadeada polo goberno republicano presidido por Lerroux. Durante a guerra civil, o municipio formou parte do bando republicano, sendo os traballadores a espiña dorsal da loita contra o exército sublevado. Mieres foi conquistada por este en 1937, como o resto da fronte asturiana.

O tecido industrial foi recuperándose durante a posguerra pero, a partir dos anos sesenta do XX, a siderúrxia e a minería entraron en declinio, xa que a Fàbrica de Mieres foi desmantelada e a extracción do carbón mostrouse practicamente inviábel, o que provocou o pechamento de moitas minas e o desemprego conseguinte. Este declive provocou fortes efectos económicos e demográficos negativos no concello, efectos que aínda se tenta contrarrestar na actualidade.

Economía

[editar | editar a fonte]

Actualmente o sector preponderante do concello é o terciario. Porén, algunhas grandes empresas manteñen plantas no municipio, tales multinacionais como Rioglass, Thyssen ou a española Duro Felguera. Só fican en explotación dous pozos mineiros

Universidade

[editar | editar a fonte]

Mieres ten un campus universitario, popularmente denominado Campus Universitario de Barredo, incluído na Universidade de Oviedo. Historicamente remonta á Escola de Capataces de Minas fundada aquí en 1854, que foi o núcleo da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Mineira, creada en 1972. Actualmente as carreiras que se imparten son:

  • Enxeñería Técnica de Minas ( con 4 especialidades),
  • Enxeñería Técnica de Topografía,
  • Enxeñería Técnica Forestal,
  • Enxeñería Xeolóxica (2º ciclo).

Ademais radican no campus algúns organismos de investigación universitarios.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Dentro do concello se elabora o queixo de Urbiés, un dos máis fortes de toda Asturias.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]