Azucre

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o alimento, para azucre como nutriente véxase Carbohidrato.
Detalle de cristais de azucre.

O nome azucre utilízase para diferentes monosacáridos e disacáridos, que xeralmente teñen sabor doce, aínda que por extensión refírese a todos os hidratos de carbono. A forma máis común de azucre consiste en sacarosa no estado sólido e cristalino, e úsase para alterar (adozar) o sabor de bebidas e alimentos.

Azucre moreno
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 576 kJ (377 kcal)
97.33 g
Azucres96.21 g
Fibra alimentaria0 g
0 g
0 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
1%
0.008 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.007 mg
Niacina (B3)
1%
0.082 mg
Vitamina B6
2%
0.026 mg
Ácido fólico (B9)
0%
1 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
9%
85 mg
Ferro
15%
1.91 mg
Magnesio
8%
29 mg
Fósforo
3%
22 mg
Potasio
3%
133 mg
Sodio
3%
39 mg
Cinc
2%
0.18 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga1.77 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Azucre granulado
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 619 kJ (387 kcal)
99.98 g
Azucres99.91 g
Fibra alimentaria0 g
0 g
0 g
VitaminasCantidade
%DV
Riboflavina (B2)
2%
0.019 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
1 mg
Ferro
0%
0.01 mg
Potasio
0%
2 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga0.03 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

O azucre de mesa normalmente consumido corresponde á sacarosa, un disacárido[1] formado por unha molécula de glicosa e unha de frutosa, que se obtén frecuentemente da cana de azucre ou da remolacha. A sacarosa utilízase para dar un sabor doce ás comidas e na fabricación de confeitos, pasteis, conservas, bebidas alcohólicas e non alcohólicas, entre moitos outros produtos. Como material alimenticio básico, a sacarosa fornece aproximadamente un 13% da enerxía que proporcionan os alimentos. A sacarosa está presente en cantidades limitadas en moitas plantas, ata en varias palmeiras, pero a remolacha azucreira e a cana de azucre son as únicas fontes importantes para o comercio. Máis do 50% do consumo mundial de azucre obtense da cana de azucre, que crece en climas tropicais e subtropicais. O resto procede da remolacha azucreira, que crece en países temperados e é a fonte principal de azucre para a maior parte de Europa.

Cada día é máis frecuente en pratos e doces preparados atoparse outros azucres diferentes como a glicosa ou a frutosa (pola súa asimilación máis lenta) ou mesturados con adozantes artificiais.

Outros azucres son a galactosa e a lactosa.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra azucre deriva do árabe súkkar (سكر) que á súa vez derivaría do sánscrito çárkarā (शर्करा) por mediación da palabra iraniana šakar,[2][3] os árabes coñeceron o azucre o arribar a Persia no 642 e a través seu chegaría a Europa.[4] A palabra contemporánea en italiano é Zucchero, mentres que a tradución en castelán, portugués e galego e azúcar, açúcar e azucre respectivamente, manteñen máis influencia da palabra en árabe. En francés escríbese o igual que no catalán, sucre, aínda que no francés antigo coñecíase como Zuchin. A versión grega máis antiga que se conserva é σάκχαρις (sákkʰaris)[5][6] Aínda se debe realizar un estudo profundo sobre a trazabilidade etimolóxica do termo.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

Cana de azucre.
Remolacha azucreira.

Antigüidade e Idade Media[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, o ser humano mastigaba a cana de azucre para extraer a súa dozura. O cultivo de azucre iniciouse no nordés da India uns 10.000 anos antes de Cristo e no Pacífico Sur uns 6.000 anos antes de Cristo. Outras evidencias arqueolóxicas asocian o cultivo de azucre coa civilización do Val do Indo.[8] Os indios descubriron a forma de cristalizar o azucre durante a dinastía Gupta cara ao ano 350.[9] Os chineses tamén coñecían o proceso de extracción e refinamento da cana de azucre desde tempos remotos.

Durante a revolución agrícola musulmá, os árabes adoptaron as técnicas de produción de azucre da India e refinárono cun sistema de produción máis industrial. Crearon os primeiros enxeños para a elaboración do azucre, con refinarías, fábricas e plantacións.

Pola súa banda, a cultura romana parece que ignorou, completamente ou en gran parte, o potencial endulzante do azucre, e usaban o mel.

No século XII xa existían na illa de Sicilia muíños para a trituración da cana. Ao redor de 1390 creouse unha tecnoloxía máis avanzada que permitiu duplicar o mollo obtido da cana de azucre. Isto fixo posible a expansión económica das plantacións de azucre do País Valenciano (que antes da chegada do enxeño de azucre, funcionaban coa tecnoloxía do Trapig (fábrica de azucre), importada polos árabes),[10][11] de Andalucía e do Algarve. Ao redor de 1420, a produción de azucre estendeuse ás Illas Canarias, Madeira e ás Azores.

Historia moderna[editar | editar a fonte]

O portugueses, máis tarde, crearon plantacións de azucre no Brasil. Hans Staden deixou escrito que en 1540, na Illa Santa Catarina había oitocentas azucreiras, e na costa norte do Brasil e Suriname calculou unhas dez millas.

Cara a 1625, os neerlandeses importaron cana de azucre de América do Sur e crearon plantacións nas illas do Caribe, nas Illas Virxes e Barbados. De 1625 a 1750, o azucre converteuse nunha mercadoría moi apreciada, e o Caribe converteuse no líder mundial na produción grazas á man de obra proporcionada polo escravitude.

Durante o século XVII, o azucre converteuse nun alimento moi popular e o mercado do azucre experimentou un forte crecemento, a produción de azucre realizouse cada vez dun xeito máis mecanizada. A primeira máquina de vapor alimentou a primeira fábrica de azucre en Xamaica en 1768, e pouco despois, o vapor substituíu ao lume como fonte de calor.

A cultura da remolacha azucreira desenvolveuse na época de Napoleón, como consecuencia do embargo imposto por Inglaterra. De feito, o 2 de xaneiro de 1812, o fabricante francés Benjamín Delessert logrou sacar o mollo -impuro e de rendemento mínimo- separando as mondas da raíz. En 1864, un fabricante de azucre de Moravia, o tamén francés Robert, obtivo un mollo de calidade máis boa para a coercialización.

Cuba é un dos principais estados produtores de cana de azucre, da que o home tamén soubo obter a alcohol para producir a augardente de cana, que logo dun longo proceso dá lugar ao ron. As raíces córtanse en febras e esmáganse para extraer o mollo. Ademais, unha gran refinaría media de remolacha produce cincocentas mil toneladas de azucre en vinte e catro horas cun persoal permanente de preto de cento cincuenta persoas.

Estrutura molecular[editar | editar a fonte]

Modelo 3D dunha molécula de sacarosa, C12H22O11.

Cientificamente o azucre está formado por un número de hidratos de carbono, tales como monosacáridos, disacáridos ou oligosacáridos. Os monosacáridos son tamén chamados "azucres simples", ao ser a glucosa o principal composto. Case tódolos azucres son da fórmula CnH2nOn (n está entre 3 e 7). A glucosa ten a fórmula molecular C6H12O6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book"). Compiled by A. D. McNaught and A. Wilkinson. Blackwell Scientific Publications, Oxford (1997). XML on-line corrected version: http://goldbook.iupac.org (2006-) created by M. Nic, J. Jirat, B. Kosata; updates compiled by A. Jenkins. ISBN 0-9678550-9-8. doi:10.1351/goldbook.
  2. Grup Enciclopèdia Catalana (ed.). "Sucre". Gran Diccionari de la Llengua Catalana (en catalán). Consultado o 26/05/2013. 
  3. Online Etymology Dictionary
  4. Al-Hassan, Ahmad Yusuf. "Transfer of islamic technology to the West. Part III". History of Science and Technology in Islam (en inglés). Consultado o 30 de setembre del 2011. 
  5. [1], Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  6. Esta forma non se explica fonéticamente, pero pode reflectir unha mediación a través dunha linguaxe en ruta desde o orixinal en sánscrito. A versión en grego moderno ζάχαρη [sáχari] débese á simplificación de grupos [kχ] > [χ] e a inicial sandhi (acc. την σάχαρη [tin sáχari] > τη ζάχαρη [ti záχari]). A palabra en grego tamén cambiou a súa clase nominal
  7. Oxford Dictionaries (ed.). "Jaggery". Arquivado dende o orixinal o 21/08/2016. Consultado o 26/05/2013. 
  8. Robyt, J.F. (1998). Essentials of Carbohydrate Chemistry (en inglés). Springer Berlin / Heidelberg. ISBN 978-0387949512. 
  9. Adas, Michael (xaneiro de 2001). Agricultural and Pastoral Societies in Ancient and Classical History. Temple University Press. ISBN 1-56639-832-0. Páxina 311.
  10. "Enginys i trapigs de sucre de la Safor" 26/05/2013 (en catalán)
  11. "103: L'origen de la indústria sucrera a Gran Canària" Arquivado 05 de xuño de 2013 en Wayback Machine., de Carles Camp a Fundació d'Estudis Històrics de Catalunya. 26/05/2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]