A liga galega de rugby e a competición que enfronta ós clubs de rugby galegos, divididos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A liga está organizada pola FGR, que tamén organiza a Copa Xunta de Rugby. Tódolos clubs galegos participan na liga galega, mesmo os que compiten nas dúas competicións nacionais (a División de Honra A e División de Honra B), xa que os clubs que compiten en competicións nacionais teñen a obriga de ter equipos filiais nas súas ligas rexionais.
A actual liga galega de rugby naceu na tempada 1983/1984 con cinco equipos participantes, dous da Coruña (Zalaeta e CRAT), un de Santiago (Universitario), un de Ferrol (Marina) e un de Vigo (Bocoi), sendo o primeiro equipo campión o equipo de Santiago de Compostela. O cadro de campións é o seguinte:
A liga galega feminina de rugby é de nova creación. A maioría de clubs de rugby galegos non teñen sección de rugby feminino, de xeito que a liga galega é de pequeno tamaño. Na tempada 2017-18 e 2018/19 houbo cinco equipos disputando o torneo, sendo algúns deles reforzados por xogadoras doutros clubs que non participan: