Saltar ao contido

Cabana (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diferentes formas de cabanas e chozas dos indíxenas brasileiros por Jean-Baptiste Debret.

Cabana, barraca, cabanel, casoupa, casoupo, chabola ou choza[1] son denominacións dadas ás vivendas construídas artesanalmente, moitas veces de fráxil constitución. É un tipo de casa xeralmente localizada fóra dos centros urbanos, construída esencialmente a partir de técnicas e materias primas locais. Emprégase tanto como vivenda como para acomodación turística. Cabana tamén se emprega para referirse a construcións militares de establecemento temporal.[2]

Presenta diferenzas no Brasil, máis de natureza rexional, conforme o material empregado na súa construción, do que é típico nas rexións africanas. Cómpren sinalar as cabanas dos indíxenas americanos (tejupar), feitas de palla, nas que os primeiros cronistas acharon parecidos coas cabanas portuguesa dos campesiños do norte. Desas cabanas algunhas eran de colmo e outras estaban construídas con madeira ou barro amasado (taipa).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra cabana procede do latín capanna, que significa casa rústica. Capanna tamén orixinou as palabras cabina e gabinete.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabana.
  2. "Hut- Definition of Hut by the Free Dictionary" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  3. "Cabana:Palavras-Origem das Palavras" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]