O Deveso, As Pontes de García Rodríguez
Aparencia
O Deveso | |
---|---|
Igrexa de Santa María do Deveso. | |
Concello | As Pontes de García Rodríguez[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°32′44″N 7°51′10″O / 43.5456, -7.8528 |
Poboación | 14 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María do Deveso é unha parroquia do norte do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2019 tiña 14 habitantes (10 homes e 4 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación. En 2014 tiña 19 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O Deveso é unha das parroquias máis montañosa das Pontes, con alturas como as Penas da Noite (664 m.) e o monte das Cabandelas (555 m.). Hai regatos como os da Picheira, Borrallas, As Cancelas, Soutochao e Os Carrís, que desembocan no río Mera.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa María do Deveso construída en 1700 sobre outra máis antiga.
- Capela de San Antonio.