Cultura do vaso campaniforme
Aparencia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
A cultura do vaso campaniforme é unha etapa do calcolítico caracterizada polo uso da cerámica atopada en enterramentos funerarios. Está datada entre o 2200 antes da era actual ata os arredores do 1800 antes da era actual. A cerámica é feita a man, sen torno e ten contorna en forma de S. Ten decoracións xeométricas feitas con cordas, pedras, cunchas ou paus. Os primeiros vasos en Galicia foron atopados nas Pontes de García Rodríguez por Santiago de la Iglesia Santos a finais do século XIX (1893). No ano seguinte, o ortegán Federico Maciñeira atopa na mesma zona outros exemplares deste tipo de cerámica.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O misterio do Vaso Campaniforme da Vilavella – Capítulo V". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2019.