Miguel Alvariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Alvariño
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento31 de maio de 1994 (29 anos)
As Pontes de García Rodríguez, Galicia Galicia
Deporte
DeporteTiro con arco
Na rede
Olympic.org: miguel-alvarino-garcia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Europeos
Ouro Bakú 2015 Arco recurvo individual
Ouro Cracovia 2023 Arco recurvo por equipos mixtos
Prata Bakú 2015 Arco recurvo por equipos
Prata Cracovia 2023 Arco recurvo individual
Prata Cracovia 2023 Arco recurvo por equipos

Miguel Alvariño García, nado nas Pontes de García Rodríguez o 31 de maio de 1994, é un arqueiro galego que compite na modalidade de arco recurvo. Foi campión de Galicia, de España e de Europa e gañou cinco medallas nos Xogos Europeos (dúas de ouro e tres de prata), nas edicións de 2015 e 2023. Participou nos Xogos Olímpicos de 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar tiro con arco no club Sílex da súa vila natal. Campión galego en diversas ocasións e categorías, o seu primeiro resultado de importancia a nivel estatal foi a medalla de bronce no campionato cadete de 2011. Repetiu esa medalla dous anos máis tarde, en 2013, xa en categoría absoluta. Internacionalmente, foi bronce por equipos no Grand Prix de Francia de 2012, e prata no mundial da categoría júnior na modalidade de parellas mixtas, a canda Mirene Etxeberría.

En 2014 clasificouse para representar a España nas probas da Copa do Mundo, e participou por primeira vez no campionato de Europa, que se celebrou en Armenia. En 2015 gañou a medalla de ouro na categoría individual na primeira edición dos Xogos Europeos, celebrada en Bakú, mentres que obtivo a medalla de prata disparando por España na competición por equipos.[1][2][3][4]

Recibiu unha bolsa da Fundación Telefónica para prepararse para participar nos Xogos do Río, en 2016. Xa no Brasil, caeu nos dezaseisavos de final contra o coreano Lee Seung-yun.[5] Conseguiu tamén unha praza para os Xogos Olímpicos de 2020, pero tralo adiamento destes por mor da pandemia de COVID-19, a Federación Española volveu poñer en xogo a praza, sendo esta para Dani Castro, tamén pontés e compañeiro seu no Sílex.[6] En xuño de 2021 proclamouse campión de España, tras derrotar na final a Yun Sánchez.[7]

En xuño de 2022 proclamouse en Múnic campión de Europa de tiro con arco na modalidade de recurvo, despois de derrotar nas semifinais a Dani Castro e na final ao alemán Florian Unruh.[8][9] Ademais, conseguiu a medalla de prata na competición por equipos, na que participou con Dani Castro e Pablo Acha, ao perder a final contra o equipo italiano.[10]

En 2023 participou en Cracovia nos seus terceiros Xogos Europeos, dos que regresou con tres medallas. A primeira delas conseguiuna de ouro, ao gañar a proba de arco recurvo por equipos mixtos, xunto a Elia Canales, mentres que obtivo pratas nas probas individual e masculina por equipos.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Baku 2015: Italy twice, Spain, Ukraine and Germany win gold". World Archery (en inglés). Consultado o 2021-05-15. 
  2. "Emotional Garcia rounds off European Games archery even with Men's Individual triumph". insidethegames.biz. 2015-06-22. Consultado o 2015-06-22. 
  3. "Arquero Miguel Alvarino Espana Septimo Oro". heraldo.es. 2015-06-22. Consultado o 2015-06-22. 
  4. "Miguel Alvarino Garcia a da le septimo oro a Espana". msn.com. 2015-06-22. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2015-06-22. 
  5. "Miguel Alvariño se despide de Río". La Opinión A Coruña (en castelán). 10 de agosto de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  6. Valencia, José; Elías, C. (24 de xuño de 2021). "El arquero pontés Daniel Castro logra la plaza española para tomar parte en los Juegos Olímpicos de Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  7. "El arquero pontés Miguel Alvariño logró el Campeonato de España absoluto". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  8. "Miguel Alvariño, campeón de Europa en recurvo". RTVE (en castelán). 13 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  9. "Miguel Alvariño proclámase campión de Europa de tiro con arco". 14 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  10. "Miguel Alvariño roza la perfección para ser campeón de Europa". Marca (en castelán). 12 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  11. Tembrás, M. (29 de xuño de 2023). "Miguel Alvariño sigue brillando en los Juegos Europeos y se proclama subcampeón" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]