Medalla de Ouro do RIBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Medalla de Ouro do RIBA (Royal Gold Medal (en inglés)) de arquitectura é un galardón que se outorga anualmente polo Real Instituto de Arquitectos Británicos (Royal Institute of British Architects, RIBA) en representación do monarca británico e como recoñecemento dunha contribución substancial (individual ou colectiva) á arquitectura internacional.

Foi concedida por primeira vez no ano 1848 a Charles Robert Cockerell e entre os seus galardoados atópanse moitos dos máis recoñecidos arquitectos dos séculos XIX e XX, entre eles Sir Giles Gilbert Scott (1925), Frank Lloyd Wright (1941) ou Le Corbusier (1953). Non todos os que recibiron a medalla foron arquitectos. Tamén foron recoñecidos enxeñeiros como Ove Arup (1966) e Peter Rice (1992) que sen dúbida tiveron un papel fundamental na realización dalgúns dos edificios clave do século XX. Tamén se entregou a influentes escritores sobre arquitectura, incluíndo estudos como o reverendo Robert Willis (1862), Sir Nikolaus Pevsner (1967) e Sir John Summerson (1976) ademais de teóricos como Lewis Mumford (1961) e Colin Rowe (1995). Foron recoñecidos arqueólogos como Sir Austen Henry Layard (1868), Karl Richard Lepsius (1869), Melchior de Vogüé (1879), Heinrich Schliemann (1885), Rodolfo Lanciani (1900) e Sir Arthur Evans (1909), e pintores como Lord Leighton (1894) e Sir Lawrence Alma-Tadema (1906). Outra notable excepción foi o premio de 1999 outorgado á cidade de Barcelona.

O premio recoñece principalmente unha traxectoria, non obras puntuais.

Lista de galardoados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]