Georgeanne R. Caughlan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorgeanne R. Caughlan
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Montesano, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Bozeman, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrofísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Montana - Bozeman Editar o valor em Wikidata


Georgeanne (Jan) Caughlan, nada Robertson o 25 de outubro de 1926 e finada o 3 de xaneiro de 1994, foi unha astrofísica estadounidense coñecida polo seu traballo na xeración de enerxía estelar. A súa recompilación de datos experimentais das velocidades de reaccións nucleares foron fundamentais para establecer a teoría da nucleosíntese. Esta teoría levou a Wiliam A. Fowler a obter o Premio Nobel de Física en 1983.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Georgeanne Robertson naceu o 25 de outubro en Montesano, Washington. Foi a cuarta dos cinco fillos de George Duncan e Anna (Mcleod) Robertson. Estudou na Universidade de Washington, onde se licenciou en física en 1937.[1]

Casou en 1936 con Charles Caughlan, químico, con quen tivo catro fillos. A parella divorciouse a principios da década dos 1970.[2] Despois de que os seus fillos creceran, Georgeanne comezou os seus estudos de doutoramento e acadou o seu título de doutora no ano 1964.[1]

Caughlan uniuse á Universidade Estatal de Montana en 1957 como instrutora. Entre 1961-1963, foi investigadora de verán en Caltech, onde traballou con William A. Fowler na xeración de enerxía estelar. En 1961 foi profesora asistente na universidade Estatal de Montana, onde se convertería en profesora titular no ano 1974. Despois da súa xubilación, en 1984, foi nomeada profesora emérita.[1]

Enerxía e xeración nuclear en estrelas[editar | editar a fonte]

A principios da década de 1960 Caughlan comezou a recompilar datos experimentais sobre as reaccións nucleares estelares, como parte das investigacións de Fowler sobre a xeración de enerxía. Ela transmitiulle esta información a Fowler a través de cartas manuscritas .[1] Xunto con el Caughlan desenvolveu un formato estándar para a presentación das velocidades de reacción de protóns, deuteróns e partículas alfa con núcleos de hidróxeno e silicio.[3] En concreto Fowler recoñeceu que foran os estudos de Caughlan sobre a estrutura estelar e o ímpeto teórico dela o que o levaron a conseguir o Premio Nobel de física en 1983.[3]

Todas as recompilacións de datos astrofísicos nucleares realizadas por Caughlan (xunto con Barbara Zimmerman e Fowler) publicáronse periodicamente, e consideráronse “a biblia” da astrofísica nuclear.[4]

Durante a estancia de Caughlan en Caltech, os primeiros cálculos da estrutura e a evolución das estrelas foron posibles a medida que as computadoras alcanzaron a suficiente potencia.[1] Un programa informático desenvolvido por Robert V. Wagoner para simular a síntese de 41 núcleos en estrelas funcionaba grazas ás frecuencias astrofísicas do traballo de Caughlan.[5]

Ciclo de CNO[editar | editar a fonte]

O ciclo carbono-nitróxeno-osíxeno (CNO) é un proceso na fusión estelar que converte o hidróxeno en helio. En 1965 Caughlan calculou que se unha estrela excede as trinta masas solares, o ciclo CNO daría como resultado que os átomos de nitróxeno superasen en número ao carbono e ao osíxeno nun factor de 100. Determinouse que a estrela eta Carinae estaba nas súas etapas finais de vida baseándose na observación deste exceso de nitróxeno: o seu espectro mostraba liñas de nitróxeno pero non liñas de osíxeno.[6]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]