Pyotr Kapitsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pyotr Kapitsa (á esquerda) e Nikolay Semyonov, nunha pintura de Boris Kustodiev, 1921

Pyotr Leonidovich Kapitsa, en ruso: Пётр Леонидович Капица, nado en Kronstadt en 1894 e finado en 1984, foi un físico soviético galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1978.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 9 de xullo de 1894 na cidade rusa de Kronstadt. Estudou física no Instituto Politécnico de Petrogrado (actual San Petersburgo), onde se licenciou o ano 1918.

No ano 1929 foi nomeado membro da delegación estranxeira da Royal Society británica. Kapitsa morreu o 8 de abril de 1984.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Traballou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge xunto a Ernest Rutherford. Durante a súa permanencia en Cambridge ditaminou as técnicas para crear fortes campos magnéticos inxectando corrente eléctrica aos electroimáns especialmente construídos para breves períodos do tempo. En 1934 desenvolveu un aparello novo e orixinal para producir cantidades significativas de helio líquido.

Aquel mesmo ano retornou á Unión Soviética nunha visita profesional, pero o seu pasaporte foi detido e as autoridades non lle permitiron saír do país. Kapitsa foi requirido para formar parte do Instituto para os Problemas Físicos, co equipo comprado polo goberno soviético do Laboratorio Mond de Cambridge coa axuda de Rutherford. En 1937 conseguíu descubrir a superfluidez, con contribucións de John F. Allen e Don Misener.

En agosto de 1946 Kapitsa foi relevado polo goberno comunista soviético como director do Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova, que el mesmo creara, e exiliouse voluntariament preto de Moscova pola súa negativa a participar no proxecto da bomba de hidróxeno ideada polo goberno soviético. Á morte de Josef Stalin conseguíu recuperar a súa posición como director do Instituto, cargo que ocupou ata a súa morte en 1984.

En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a física das baixas temperaturas. O Premio Nobel compartiuno con Arno Allan Penzias e Robert Woodrow Wilson por traballos sen relación algunha.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]