Salzburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°48′0″N 13°02′0″E / 47.80000°N 13.03333°E / 47.80000; 13.03333

Salzburgo
Salzburg (en alemán)
Hohensalzburg Castle - Panorama.jpg
Vista dende a fortaleza de Hohensalzburg
Situación xeográfica
Salzburgo en Austria
Salzburgo
Salzburgo
País Austria Austria
Estado Estado de Salzburgo
Distrito Cidade estatutaria
Xeografía
Altitude 424 msnm
Superficie 65,678 km²
Poboación
Poboación 145.871 hab. (2013)
Densidade 2.200 hab/km²
Información
Código postal 5020
Alcalde Heinz Schaden (SPÖ)
Páxina web Páxina oficial de Salzburgo

Salzburgo[1] (en alemán Salzburg) é unha cidade austríaca, capital do estado federado (Bundesland) de Salzburgo e da rexión homónima. No ano 2007 tiña 150.269 habitantes.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O nome alemán significa castelo [da] sal, e provén das barcas que transportaban sal no século VIII e que debían pagar un imposto, uso moi común en moitos ríos de Europa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Salzburgo está a 150 km ao leste de Múnic (Alemaña), e a 300 km ao oeste de Viena. A cidade sitúase ás beiras do río Salzach, a 25 km das estribacións setentrionais dos Alpes. O carácter montañoso do sur da rexión de Salzburgo contrasta coas suaves ondulacións da parte norte. O cumio alpina máis próximo é o Untersberg (1.853 m), a poucos quilómetros ao sudoeste. O centro da cidade está rodeado por dúas elevacións pétreas, o Mönchsberg e o Kapuzinerberg, cuxos bosques constitúen o pulmón verde da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

No outeiro de Rainberg existen indicios dunha ocupación continuada desde o Neolítico até a conquista romana en tempos do emperador Augusto. No outeiro do castelo de Salzburgo e no Kapuzinerberg descubríronse restos de fortificacións do que na Idade de Ferro foi seguramente o centro máis importante do pobo celta dos ambisontes.

Os romanos agruparon as pequenas comunidades agrícolas nunha única urbe, Juvavum, no ano 15 a. C. Probablemente o nome sexa adaptado dun anterior nome celta, e non dunha divindade romana. Tralo colapso da fronteira con Noricum, a vila decaeu, e no século VII xa se convertera nunha ruína.

Cara o ano 700 San Ruperto fundou unha poboación nese lugar, convirtida no ano 739 en sede dun obispado e no 798, con Arno, en arcebispado.

Foi gobernado por un Príncipe-Arcebispo até principios do século XIX. O último Príncipe-Arcebispo fue Hieronymus von Colloredo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Vista nocturna de Salzburgo.

O casco antigo da cidade, Die Altstadt, é un dos mellor conservados das rexións xermanófonas, e en 1996 a Unesco considerouno Patrimonio da Humanidade. Está dominado polas torres das súas igrexas, as fortalezas medievais, e pola Fortaleza Hohensalzburg, edificada en 1077 por orden do arcebispo Gebhard von Helffenstein. Tamén se sitúa nel a catedral de Salzburgo, o mosteiro de San Pedro, a casa natal de Mozart, e os castelos de Mirabell e Hellbrunn.

Entre os seus museos destacan:

Na cidade celébrase desde 1920 o Festival de Salzburgo. Nel adóitase interpretar a música de Mozart e o drama Jedermann de Hugo von Hofmannsthal.

Lingua[editar | editar a fonte]

O alemán de Austria é a lingua utilizada, se ben o dialecto local, que pertence ao austrobávaro, está amplamente presente na vida social e familiar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.gal/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Salzburgo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]