Piloto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un piloto é unha persoa especializada na condución de vehículos diversos de superficie, marítima e terrestre, ou incluso aéreos. O termo utilízase tamén metafóricamente para referirse aos condutores de certos vehículos como barcos, avións, coches e motocicletas.
Tipos de piloto [editar]
Os pilotos de aviación. [editar]
Un piloto de aviación é un profesional cuxa función é guiar aeronaves en vo. O termo orixinal é o de aviador, especialmente en Francia, de onde xurdiu o térmo avión. Normalmente divídense en pilotos civis e militares, se ben a permeabilidade entre ambas ramas profesionais ten sido tradicionalmente moi alta.
Pilotos de carreiras [editar]
Existen varios tipos de pilotos de carreiras.
- Pilotos de Fórmula 1
- Pilotos de rallies
- Pilotos de motociclismo