Alberto Contador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Contador
Contador en la salida de Pau.jpg
Informacións
Nome Alberto
Apelido Contador
Data de nacemento 6 de decembro de 1982
País España España
Equipo
Último equipo Discovery Channel
Equipo(s) Pro
2003
2004-2006
2007
2008-2010
2011-
ONCE
Liberty
Discovery Channel
Astana
Saxo Bank
Principais vitorias

Alberto Contador Velasco, nado en Pinto (Madrid) o 6 de decembro de 1982, é un ciclista español, especialista en tiradas de montaña.

Índice

[editar] Traxectoria deportiva

Alberto Contador debutou como profesional en 2003 co equipo ONCE-Eroski. Ao ano seguinte (2004) fichou polo Liberty, co que colleitou os seus éxitos máis importantes. En 2005 aparécelle un coágulo de sangue no cerebro durante a primeira tirada da Volta a Asturias, do que tivo que ser operado. O coágulo produciuse por un cavernoma, unha malformación xenética dunha arteria.

Meses despois, o seu nome aparecía implicado a canda o doutros coñecidos ciclistas (Jan Ullrich, Ivan Basso, Óscar Sevilla, Francisco Mancebo) na Operación Puerto dirixida a detectar casos de dopaxe no ciclismo. Contador saíu finalmente excluído, pero o seu equipo non puido participar no Tour de 2006. Un ano máis tarde, incluso despois de vencer no Tour de Francia, excluíuselle doutra proba ciclista en Alemaña (o Gran Premio de Hamburgo) por estar relacionado coa Operación Puerto.

En 2007 fichou polo Discovery Channel, co que se proclamou vencedor do Tour de Francia 2007, logo da retirada do anterior líder Michael Rasmussen. Nesa edición Contador gañara ademais unha das tiradas pirenaicas, e soubo despois resistir a vantaxe na contrarreloxo da antepenúltima tirada.

[editar] Resultados nas Grandes Voltas

Carrera 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
Giro de Italia - - - - -
Tour de Francia 31º - -
Vuelta a España - - - - -

[editar] Principais vitorias

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas