Gran Premio de Bahrain de 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bahrain Gran Premio de Bahrain de 2023
Detalles da carreira
Carreira 1 de 23 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Trazado do circuíto de Bahrain.
Trazado do circuíto de Bahrain.
Data 5 de marzo de 2023
Nome oficial 2023 Fórmula 1 Gulf Air Gran Premio de Bahrain
Localización Circuíto Internacional de Bahrain
Sakhir, Bahrain
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´412 km
Distancia 57 voltas, 308´238 km
ClimaAsollado 28 °C e 32 °C no asfalto, humidade relativa 25%. Vento 0,8 m/s.
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT
Tempo 1:29.708
Volta rápida
Piloto República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari
Tempo 1:33.996 na volta 56
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT
Segundo Sergio Pérez Red Bull-Honda RBPT
Terceiro España Fernando Alonso Aston Martin-Mercedes

O Gran Premio de Bahrain de 2023 (oficialmente Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 5 de marzo de 2023. Disputouse no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a primeira rolda da tempada 2023 de Fórmula Un e marca a décimo novena vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O evento celebrouse durante a fin de semana do 3 ao 5 de marzo. Foi a primeira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. Tres pilotos fan o seu debut absoluto na "máxima categoría", Oscar Piastri con McLaren, Nyck de Vries con AlphaTauri e Logan Sargeant con Williams. Ademais dos debuts de Pierre Gasly con Alpine e Fernando Alonso con Aston Martin. O alemán Nico Hülkenberg regresa á serie con Haas despois de ser piloto de substitución en 2020 e 2022.[1]

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C1, C2 e C3 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.[2]

Pneus dispoñibles para Sakhir
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros (Tipo C1)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios (Tipo C2)
Représentation des pneus tendres
Brandos (Tipo C3)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Cambios na pista[editar | editar a fonte]

O terceiro punto de activación do DRS moveuse máis adiante, situándose 250 m despois da curva 15.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A cualificación celebrouse o 4 de marzo de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+3).

Pos. Piloto Constrctor Tempo cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 1:31.295 1:30.503 1:29.708 1
2 11 Sergio Pérez Red Bull-Honda RBPT 1:31.479 1:30.746 1:29.846 2
3 16 Charles Leclerc Ferrari 1:31.094 1:30.282 1:30.000 3
4 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:30.993 1:30.515 1:30.154 4
5 14 España Fernando Alonso Aston Martin-Mercedes 1:31.158 1:30.645 1:30.336 5
6 63 George Russell Mercedes 1:31.057 1:30.507 1:30.340 6
7 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:31.543 1:30.513 1:30.384 7
8 18 Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 1:31.184 1:31.127 1:30.836 8
9 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:31.508 1:30.914 1:30.984 9
10 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:31.204 1:30.809 Sen tempo 10
11 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:31.652[4] 1:31.381 11
12 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:31.504 1:31.443 12
13 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:31.615 1:31.473 13
14 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:31.400 1:32.510 14
15 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:31.461 Sen tempo 15
16 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:31.652[4] 16
17 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:31.892 17
18 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:32.101 18
19 21 Países Baixos Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 1:32.121 19
20 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:32.181 20
107% tempo: 1:37.362
Fonte:[5][6]

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira celebrouse o 5 de marzo de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+3).

Informe da carreira[editar | editar a fonte]

Max Verstappen liderou con comodidade desde o principio, só perdendo a vantaxe durante a primeira rolda de paradas en boxes. Sergio Pérez foi lento ao comezo e perdeu o segundo posto ante un rápido inicio Charles Leclerc. Fernando Alonso e Lewis Hamilton loitaron na entrada da curva 4, Alonso foi golpeado polo seu compañeiro de equipo Lance Stroll, causando que os dous Aston Martin perdesen posicións. Alonso saíu a cabeza nunha batalla roda a roda con George Russell na volta 13, ambos pilotos perderon nas paradas en boxes ante Valtteri Bottas no Alfa Romeo.[7]

Oscar Piastri retirouse despois de 13 voltas no seu debut na Fórmula Un cunha falla eléctrica. Mentres tanto, o seu compañeiro de equipo Lando Norris tamén tivo problemas co motor, esta vez co sistema hidráulico, que requiriu seis paradas en boxes para xestionar o problema. Esteban Ocon recibiu unha penalización de cinco segundos por aliñarse incorrectamente no seu lugar da grella. Non cumpriu os cinco segundos completos no box, e foi sancionado posteriormente con dez segundos de penalización, e despois con cinco segundos máis por exceso de velocidade no carril de boxes mentres cumpría a segunda penalización.[7]

Pérez superou a Leclerc na volta 26, sendo Red Bull Racing o único equipo de carreiras punteiro que utilizou o pneumático brando nas dúas primeiras quendas. Despois da segunda rolda de paradas en boxes, Stroll, que estaba a correr co pulso e un dedo do pé rotos, superou a Russell cando este saíu do box con pneumáticos fríos, e Stroll entrara en boxes unha volta antes. Alonso e Hamilton enfrenáronse nunha batalla polo quinto lugar. Alonso superou a Hamilton na curva 4 na volta 37 antes de que un golpe de sobreviraxe na saída da curva de Alonso permitise que Hamilton o adiantase. Unha volta máis tarde, Alonso volveu a adiantalo na curva 10.[7]

A carreira de Leclerc rematou na volta 40, co seu coche sufrindo un fallo mecánico mentres corría en terceiro lugar, saíndo o coche de seguridade virtual. Alonso superou a Carlos Sainz usando o DRS na baixada cara a curva 11 na volta 45. Mentres tanto, Pierre Gasly adiantou a Alexander Albon polo noveno lugar, logo de comezar último. Guanyu Zhou entrou en boxes na penúltima volta para montarr pneumáticos brandos, e marcou a volta rápida da carreira na última volta.

Verstappen logrou a súa primeira vitoria en Bahrain case 12 segundos por diante do seu compañeiro Pérez e deulle a Red Bull a súa primeira vitoria en Bahrein desde que Sebastian Vettel gañou no 2013. Alonso quedou terceiro, o seu primeiro podio desde o Gran Premio de Qatar de 2021 e o primeiro de Aston Martin desde o Gran Premio de Acerbaixán de 2021.[8][9]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 57 1:33:56.736 1 25
2 11 Sergio Pérez Red Bull-Honda RBPT 57 +11.987 2 18
3 14 España Fernando Alonso Aston Martin-Mercedes 57 +38.637 5 15
4 55 España Carlos Sainz Ferrari 57 +48.052 4 12
5 44 Lewis Hamilton Mercedes 57 +50.977 7 10
6 18 Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 57 +54.502 8 8
7 63 George Russell Mercedes 57 +55.873 6 6
8 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 57 +1:12.647 12 4
9 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 57 +1:13.753 20 2
10 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 57 +1:29.774 15 1
11 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 56 +1:30.870 14
12 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 56 +1 volta 16
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 56 +1 volta 17
14 21 Países Baixos Nyck de Vries AlphaTauri-Honda RBPT 56 +1 volta 19
15 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 56 +1 volta[10] 10
16 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 56 +1 volta 13
17 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 55 +2 voltas 11
Ret 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 41 Mecánica 9
Ret 16 Charles Leclerc Ferrari 39 Motor 3
Ret 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 13 Eléctrico 18
Volta rápida: República Popular da China Guanyu Zhou (Alfa Romeo-Ferrari) – 1:33.996 (volta 56)
Fonte:[6][8][11]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. Muñoz, Oriol (27 de febreiro de 2023). "Las nuevas caras de la parrilla de Fórmula 1". Mundo Deportivo. Consultado o 27 de febreiro de 2023. 
  2. "2023 Tyre Compound Choices – Bahrain, Saudi Arabia, Australia". pirelli.com. 15 de febreiro de 2023. Consultado o 28 de febreiro de 2023. 
  3. "2023 FIA Formula One World Championship Formula 1 Commission Meeting 21.02.23". Fédération Internationale de l'Automobile. 21 de febreiro de 2023. Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Lando Norris e Logan Sargeant marcaron idéntico tempo de volta na Q1. Norris avanzou á Q2 xa que logrou o tempo antes.
  5. "Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023 – Qualifying". Formula 1. 4 de marzo de 2023. Consultado o 4 de marzo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023 – Starting Grid". Formula 1. 4 de marzo de 2023. Consultado o 4 de marzo de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "2023 Bahrain Grand Prix race report and highlights: Verstappen leads 1-2 in Bahrain season opener as Leclerc retires and Alonso takes final podium place in style". www.formula1.com (en inglés). 5 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-06. 
  8. 8,0 8,1 "Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023 – Race Result". Formula 1. 5 de marzo de 2023. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  9. "FACTS AND STATS: Red Bull end a long wait for success in Bahrain – as does Alonso". Formula1.com. 5 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-06. 
  10. Nico Hülkenberg recibiu unha penalización de 15 segundos por exceder os límites da pista
  11. "Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 5 de marzo de 2023. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  12. 12,0 12,1 "Bahrain 2023 – Championship". Stats F1. 5 de marzo de 2023. Consultado o 5 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Abu Zabi de 2022
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2023
Carreira seguinte:
Gran Premio de Arabia Saudita de 2023
Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2022
Gran Premio de Bahrain Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2024