Gran Premio de Malaisia de 2009
| Detalles da carreira[1] | ||
|---|---|---|
| Carreira 2 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. | ||
Trazado do circuíto de Sepang. |
||
| Data | 5 de abril de 2009 | |
| Nome oficial | XI Gran Premio de Malaisia Petronas | |
| Localización | Circuíto Internacional de Sepang Sepang, Selangor, Malaisia |
|
| Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5,543 km |
|
| Distancia | 31 voltas, 171,833 km | |
| Voltas programadas | 56 voltas, 310,408 km | |
| Clima | Comezo en seco, con moitas chuvias cara á fin | |
| Pole position | ||
| Piloto | Brawn-Mercedes | |
| Tempo | 1.35.181 | |
| Volta rápida | ||
| Piloto | Brawn-Mercedes | |
| Tempo | 1:36.641 na volta 18 | |
| Podio | ||
| Primeiro | Brawn-Mercedes | |
| Segundo | BMW Sauber | |
| Terceiro | Toyota | |
O Gran Premio de Malaisia de 2009 (formalmente o XI Gran Premio de Malaisia Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 5 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, Malaisia. Foi a segunda carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. Jenson Button gañou para o equipo Brawn GP, saíndo da pole position. Nick Heidfeld quedou segundo co equipo BMW Sauber e Timo Glock terceito para Toyota. Xa que non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171.833 km percorridos)[2], sendo ademais a primeira desde o Gran Premio de Australia de 1991[3][4]. Brawn GP volveuse o segundo construtor en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios do Campionato do Mundo desde que Alfa Romeo o fixera en 1950[5].
Índice |
Resumo [editar]
Vista xeral [editar]
O Gran Premio foi disputado por 20 condutores, repartidos en 10 equipos de dous[6]. Os equipos, tamén coñecidos como "construtores" ou "escuderías", foron Ferrari, McLaren–Mercedes, Renault, Brawn, Force India, BMW Sauber, Toyota, Red Bull Racing, Williams e Toro Rosso[6].
Tras o Gran Premio de Australia, Jenson Button adiantárase dous puntos de Rubens Barrichello e catro de Jarno Trulli no campionato de pilotos[6]. Asemade, Brawn GP lideraba o de construtores con 7 puntos de diferenza sobre Toyota e con 14 sobre Renault[6].
O comezo da carreira foi movido desde as 15:00 hora local (07:00 UTC) ás 17:00 hora local (09:00 UTC). Este traslado foi levado a cabo para facer a retransmisión da carreira a unha hora máis asequible para os europeos, lugar onde hai unha maior audiencia do evento. Non obstante, os organizadores desbotaron a posibilidade de celebrar unha carreira nocturna, na liña do Gran Premio de Singapur de 2008, por motivos de orzamentos[7].
Adestramentos libres e clasificación [editar]
|
"Esta mañá tivemos un problema co KERS, o que nos custou un pouco de tempo, pero intentamos arranxalo para a tarde. Tiñamos a esperanza de que aquí a situación podería ser diferente á de Melbourne, pero aínda é demasiado cedo para dicir onde estamos con respecto aos opoñentes. Do que si podemos ter a certeza é de que cando o coche roda sen problemas somos competitivos. Agardamos poder facer un bo traballo na clasificación de mañá."
—Kimi Räikkönen, despois do seu accidente na primeira sesión libre, e tras conseguir a volta rápida na segunda sesión[8]
|
Houbo tres sesións de práctica antes da carreira; a primeira foi o venres pola mañá e a segunda no serán do mesmo día. Ambas as sesións tiveron unha duración dunha hora e 30 minutos, con tempo seco. A terceira sesión celebrouse á mañá do sábado e durou tan só unha hora, tamén con condicións climatolóxicas secas[9]. Nico Rosberg e Kazuki Nakajima quedaron primeiro e segundo con Williams na primeira sesión con tempos de 1:36.260 e 1:36.305 minutos respectivamente. Na segunda, Kimi Räikkönen e Felipe Massa de Ferrari fixeron os mellores tempos de 1:35.707 e 1:35.832 minutos. Despois de 18 voltas, a cabina de Räikkönen comezou a botar fume, e aínda que Ferrari non deu unha declaración oficial, hai informes que apuntan a un requecemento do sistema KERS[10].
Jenson Button obtivo para Brawn a segunda pole consecutiva por diante do Toyota de Jarno Trulli[11]. O outro Brawn, conducido por Rubens Barrichello, clasificou cuarto (terceiro se se considera a penalización de Vettel) pero foi retrasado cinco posicións ata a 8ª por mudar a súa caixa de cambios[12]. Por outra banda, un erro de estratexia significou o fracaso de Massa, que non conseguiu pasar o corte da Q1. Nunha entrevista a Globo TV, o piloto dixo que el e mais o equipo pensaran que o tempo inicial era suficiente para pasar á segunda sesión, e non saíu para melloralo nun intento de conservar o motor. Non obstante, non foi o caso e Massa quedou na 16ª praza[13][14].
Carreira [editar]
Na liña de saída produciuse unha escapada limpa de todos os pilotos, agás de Robert Kubica, que tivo que retirarse tras a primeira volta por problemas co seu motor. O Williams de Nico Rosberg adiantou desde o cuarto posto da grella ata a cabeza de carreira na primeira curva, seguido de Jarno Trulli e Fernando Alonso, o cal usou o seu sistema KERS cun bo resultado deixando atrás a súa décima posición de saída; pola súa banda, Jenson Button non saíu ben e o seu Brawn quedou retrasado ata a cuarta praza. Na volta cinco, o McLaren de Heikki Kovalainen pasou por riba de fragmentos de goma de pneumático degradados e realizou un trompo que o obrigou a retirarse, incrementando a mala sorte que o equipo sufrira desde os días previos á carreira.
Despois dunha saída lenta, Button alcanzou e pasou o Renault de Alonso, que ía máis pesado, na volta trece, ocupando agora a terceira praza e poñéndose detrás de Trulli. Rosberg e Trulli foron repostar antes que Button, así que este os conseguiu pasar durante a súa primeira parada no pit stop liderando agora a carreira. A evidencia de chuvia era vagamente notoria, pero Kimi Räikkönen arriscouse a cambiar as súas rodas de seco por unhas de mollado. No entanto, a súa aposta non deu resultado xa que a chuvia non chegou tan cedo como estaba previsto, e foi forzado a baixar o rendemento para retrasar o rápido desgaste deste tipo de rodas[15].
Ao redor da volta 19, a chuvia empezou a caer sobre o circuíto e a meirande parte dos pilotos foron trocar a rodas de mollado. Non obstante, neses intres non había auga abondo na pista, polo que as rodas comezaron a consumirse moi rápido. Timo Glock estivera usando pneumáticos intermedios que ían mellor nesas condicións e subiu axiña ata o terceiro posto. Os demais pilotos seguiron o exemplo e mudaron tamén as súas rodas ata que na volta 31 o chuvasco chegou a todo o asfalto e os condutores tiveron que cambiar a rodas de mollado unha vez máis.
Debido ás chuvias torrenciais a carreira tivo que ser detida na volta 33[4] e os resultados foron tomados da clasificación á fin da volta 31 (a penúltima completada, segundo a norma 42.8 do regulamento[16]). En consecuencia, repartiuse a metade dos puntos aos oito primeiros. Button conseguiu a súa segunda vitoria consecutiva da temporada (a terceira da súa carreira deportiva) e cinco puntos. A vitoria significou tamén que Brawn GP fose o primeiro equipo desde Alfa Romeo en 1950 en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios[5]. O resto do podio formárono Nick Heidfeld e Timo Glock.
Tras a carreira [editar]
Xeralmente os condutores respaldan a decisión de abandonar a carreira, citando a diminución de visibilidade (debido ao tarde que comezou) así como á gran cantidade de chuvia[17].
Os organizadores do evento tamén confirmaron que revisarán a hora de comezo do Gran Premio de Malaisia de 2010 para que isto non se repita. Mokhzani Mahathir, presidente do Circuíto Internacional de Sepang, dixo que o consultara con Bernie Ecclestone despois da carreira e estaban de acordo en miralo. Porén, Ecclestone revelou que non tiña remorsos sobre o horario, declarando:
Mahathir suxeriu a posibilidade de incluír un sistema de iluminación (similar ao usado no Gran Premio de Singapur) para alumear o circuíto en carreiras futuras[18].
Clasificación [editar]
- Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".
Calificación [editar]
| Pos | Nº | Nome | Construtor | Parte 1 | Parte 2 | Parte 3 | Grella |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 22 | Brawn-Mercedes | 1:35.058 | 1:33.784 | 1:35.181 | 1 | |
| 2 | 9 | Toyota | 1:34.745 | 1:33.990 | 1:35.273 | 2 | |
| 3 | 15 | Red Bull-Renault | 1:34.935 | 1:34.276 | 1:35.518 | 131 | |
| 4 | 23 | Brawn-Mercedes | 1:34.681 | 1:34.387 | 1:35.651 | 82 | |
| 5 | 10 | Toyota | 1:34.907 | 1:34.258 | 1:35.690 | 3 | |
| 6 | 16 | Williams-Toyota | 1:35.083 | 1:34.547 | 1:35.750 | 4 | |
| 7 | 14 | Red Bull-Renault | 1:35.027 | 1:34.222 | 1:35.797 | 5 | |
| 8 | 5 | BMW Sauber | 1:35.166 | 1:34.562 | 1:36.106 | 6 | |
| 9 | 4‡ | Ferrari | 1:35.476 | 1:34.456 | 1:36.170 | 7 | |
| 10 | 7‡ | Renault | 1:35.260 | 1:34.706 | 1:37.659 | 9 | |
| 11 | 6‡ | BMW Sauber | 1:35.110 | 1:34.769 | 10 | ||
| 12 | 17 | Williams-Toyota | 1:35.341 | 1:34.788 | 11 | ||
| 13 | 1‡ | McLaren-Mercedes | 1:35.280 | 1:34.905 | 12 | ||
| 14 | 2‡ | McLaren-Mercedes | 1:35.023 | 1:34.924 | 14 | ||
| 15 | 11 | Toro Rosso-Ferrari | 1:35.507 | 1:35.431 | 15 | ||
| 16 | 3‡ | Ferrari | 1:35.642 | 16 | |||
| 17 | 8‡ | Renault | 1:35.708 | 17 | |||
| 18 | 21 | Force India-Mercedes | 1:35.908 | 18 | |||
| 19 | 20 | Force India-Mercedes | 1:35.951 | 19 | |||
| 20 | 12 | Toro Rosso-Ferrari | 1:36.107 | 20 |
- Nota 1. Sebastian Vettel sufriu unha penalización de 10 posicións na grella de saída por causarlle un accidente evitable a Robert Kubica no Gran Premio de Australia[19].
- Nota 2. Rubens Barrichello recibiu unha penalización de 5 prazas por mudar a súa caixa de cambios[12].
Carreira [editar]
- A carreira deteuse na volta 33, a clasificación tómase da orde na que os pilotos ían tras 31 voltas. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completou o 75% da carreira.
- Esta carreira foi a quinta en ser suspendida antes de completar o 75% da distancia: as outras foron os Grandes Premios de España de 1975, Austria de 1975, Mónaco de 1984 e Australia de 1991 (o GP máis curto da historia).
- Ademais, esta foi a primeira carreira desde o Gran Premio de Italia de 2005 que Ferrari non puntúa en dúas carreiras consecutivas.
Campionato tras a carreira [editar]
|
|
- Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completaron as tres cuartas partes da carreira.
Notas [editar]
- ↑ "Malaysian Grand Prix Preview". Fédération Internationale de l'Automobile. 01-04-2009. http://www.fia.com/en-GB/mediacentre/pressreleases/f1releases/2009/Pages/f1_preview_mal09.aspx. Consultado o 04-04-2009.
- ↑ "Statistics: Kms, The less". statsf1.com. 05-04-2009. http://www.statsf1.com/default.aspx?from=/statistiques/gp/kms/lemoins.aspx%3FLG=2.
- ↑ Baldwin, Alan (05-04-2009). "Button wins Malaysian GP cut short by rain". Reuters (Thomas Reuters Corporate). http://uk.reuters.com/article/UKNews1/idUKL513282820090405. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ 4,0 4,1 "Jenson Button wins abandoned Malaysian Grand Prix". Times Online (Times Newspapers Ltd). 05-04-2009. http://www.timesonline.co.uk/tol/sport/formula_1/article6039351.ece. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Classy Button wins abandoned race.". BBC Sport (BBC). 05-04-2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7984270.stm. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Championship Classification". Fédération Internationale de l'Automobile. 05-04-2009. http://fialive.fiacommunications.com/en-GB/sport/championships/f1/Pages/ChampionshipClassification.aspx. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ "Malaysia rules out night race next year". AFP, The Times of India (Bennett Coleman & Co. Ltd). 28-09-2009. http://timesofindia.indiatimes.com/articleshow/msid-3536959.cms. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ "Friday practice - selected team and driver quotes". formula1.com. 03-04-2009. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/4/9125.htmll. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ (PDF) 2009 Formula One Sporting Regulations. FIA. 24-03-2009. http://argent.fia.com/web/fia-public.nsf/B875CF540CCF75E5C125758300329A2B/$FILE/1-2009%20F1%20SPORTING%20REGULATIONS%20(Showing%20Alterations)%2024-03-2009.pdf. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ "Raikkonen tops Malaysia practice". BBC Sport (BBC). 03-04-2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7980532.stm. Consultado o 03-04-2009.
- ↑ Button storms to another pole ITV-F1.com 04-04-2009. Consultado o 04-04-2009
- ↑ 12,0 12,1 "Barrichello gets 5 place penalty". autosport.com (Haymarket Publications). 03-04-2009. http://www.autosport.com/news/report.php/id/74204. Consultado o 03-04-2009.
- ↑ "Erro de estratégia deixa Massa em 16º" (en portugués). globoesporte.com. 04-04-2009. http://globoesporte.globo.com/Esportes/Noticias/Formula_1/0,,MUL1073104-15011,00-ERRO+DE+ESTRATEGIA+DEIXA+MASSA+EM.html.
- ↑ "Massa admits qualifying error". BBC Sport. BBC. 04-04-2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7983093.stm. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ Se os pneumáticos de mollado non rodan sobre superficies con auga, estes non son quen de manter a súa integridade estrutural a altas velocidades, degradándose rapidamente nunhas poucas voltas.
- ↑ "2009 Formula One Sporting Regulations" (PDF). 2009 Formula One Sporting Regulations. Fédération Internationale de l'Automobile. 24-03-2009. http://argent.fia.com/web/fia-public.nsf/B875CF540CCF75E5C125758300329A2B/$FILE/1-2009%20F1%20SPORTING%20REGULATIONS%20(Showing%20Alterations)%2024-03-2009.pdf. Consultado o 05-04-2009. "Se a carreira non pode ser reanudada os resultados serán tomados da fin da penúltima volta completada antes de que o sinal de suspensión sexa dado."
- ↑ "Drivers back Malaysia abandonment". BBC Sport. BBC. 05-05-2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7984468.stm. Consultado o 05-05-2009.
- ↑ 18,0 18,1 "Malaysia start time under review". BBC Sport. BBC. 06-04-2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7985631.stm. Consultado o 06-04-2009.
- ↑ "Vettel gets 10-place grid penalty". BBC Sport (BBC). 29-03-2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7970668.stm. Consultado o 03-04-2009.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Resultados oficiais do Gran Premio de Malaisia
| Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 2009 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2009 |
Carreira seguinte: Gran Premio de China de 2009 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Malaisia de 2008 |
Gran Premio de Malaisia | Carreira seguinte: Gran Premio de Malaisia de 2010 |
|
|
|||||