Gran Premio de Bahrain de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bahrain Gran Premio de Bahrain de 2009
Detalles da carreira[1]
Carreira 4 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009.
Trazado do circuíto de Bahrain.
Trazado do circuíto de Bahrain.
Data 26 de abril de 2009
Nome oficial VI Gran Premio de Bahrain Gulf Air
Localización Circuíto Internacional de Bahrain
Sakhir, Bahrain
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5,412 km
Distancia 57 voltas, 308,238 km
Clima Soleado
Pole position
Piloto Italia Jarno Trulli Toyota
Tempo 1:33.431
Volta rápida
Piloto Italia Jarno Trulli Toyota
Tempo 1:34.556 na volta 10
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Terceiro Italia Jarno Trulli Toyota

O Gran Premio de Bahrain de 2009 (formalmente o VI Gran Premio de Bahrain Gulf Air) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 26 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir, Bahrain. Foi a cuarta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009.

A carreira foi gañada por Jenson Button, piloto de Brawn GP, tras saír da cuarta posición da grella; Sebastian Vettel chegou segundo para Red Bull; e Jarno Trulli rematou terceiro no seu Toyota; o McLaren de Lewis Hamilton acadou a cuarta posición, a mellor da temporada; tras el, o segundo Brawn de Rubens Barrichello; Kimi Raikkonen obteu os primeiros puntos de Ferrari da temporada coa súa sexta posición; por último, o Toyota de Timo Glock e o Renault de Fernando Alonso conformaron as derradeiras posicións con puntos: a sétima e oitava.

Resumo[editar | editar a fonte]

Vista xeral[editar | editar a fonte]

Jenson Button de Brawn GP chega cunha vantaxe de 6 puntos no Campionato de pilotos sobre o seu compañeiro de equipo Rubens Barrichello. Pola súa banda, Barrichello, na súa segunda posición, conta con 5 puntos sobre Sebastian Vettel de Red Bull Racing e Timo Glock de Toyota[2]. Asemade no Campionato de construtores, Brawn GP adianta en 16,5 puntos a Red Bull Racing, gañador da carreira anterior. Toyota ocupa a terceira praza cun punto menos e McLaren-Mercedes está cuarto con 8. Máis abaixo na táboa, hai un triple empate a 4 puntos entre BMW Sauber, Renault e Toro Rosso. Tras eles Williams ten 3,5 puntos. Por último, só dúas escuderías, Force India e Ferrari, chegan sen ningún punto nos seus marcadores.

Ferrari non foi quen de conseguir punto algún, converténdose no peor comezo de temporada deste esquipo en Fórmula 1 se fallasen de novo tamén en Bahrain[3]. Foi na temporada 1980 cando o equipo non obteu ningún punto ata a cuarta carreira, o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980, onde Jody Scheckter rematou quinto.

Force India introduciu unha nova parte baixa e un difusor nesta carreira de Bahrain no seu Force India VJM02, así como un alerón frontal actualizado e outras novidades aerodinámicas. O piloto de Force India Giancarlo Fisichella recibiu con agrado estas innovacións, agardando que as carencias de carga do coche serían reconducidas polas novas modificacións[4].

Adestramentos libres e clasificación[editar | editar a fonte]

Celebráronse tres sesións de práctica antes da carreira; dúas sesións o venres, 24 de abril de 2009, cada unha de 90 minutos, e outra de 60 o sábado, 25 de abril de 2009. Ao final da primeira sesión de práctica Lewis Hamilton estableceu tempo máis rápido, 1:33.647, no seu McLaren, diante dos dous BMW Sauber de Nick Heidfeld e Robert Kubica. O Williams de Nico Rosberg continuou a práctica rápida co cuarto tempo máis veloz, seguido do Brawn de Jenson Button, o McLaren de Heikki Kovalainen, o outro Brawn Rubens Barrichello e o Ferrari Felipe Massa. O Red Bull de Mark Webber e o outro Ferrari de Kimi Räikkönen compartiron a novena praza, completando os dez mellores resultados da práctica[5]. Nico Rosberg foi máis rápido na segunda sesión de práctica do venres, cubrindo as follas de tempos cun tempo de 1:33.339, seguido de preto por Fernando Alonso no seu Renault e de Jarno Trulli no seu Toyota. Os Red Bull de Sebastian Vettel e Mark Webber foron cuarto e quinto, con Button detrás. Adrian Sutil de Force India fixo unha volta impresionante, o que lle permitiu acabar sétimo, con Timo Glock de Toyota, Rubens Barrichello de Brawn e Kazuki Nakajima de Williams completando o top ten. Os BMW de Heidfeld e Kubica non puideron repetir os seus tempos da primeira sesión, e clasificaron décimo sétimo e vixésimo, respectivamente[6]. Na terceira práctica, Glock marcou o tempo máis rápido cun 1:32.605, antes de que o seu coche se vise na obriga de parar debido a problemas cos freos. Por outra banda houbo mellores tempos por parte de Ferrari e McLaren: Felipe Massa obtivo o segundo tempo máis rápido, con Räikkönen en quinto lugar. Rosberg foi o terceiro máis rápido e Hamilton o cuarto. Nelson Piquet, Kubica, Nakajima, Trulli e Heidfeld completaron as posicións ata o décimo posto[7].

"Normalmente este tipo de problemas non me pillan, e ese era o peor lugar para ser amolado, xa que arruinou as miñas dúas voltas lanzadas. [...] Non tiña onde ir na última curva da miña primeira volta e entón Sutil pasoume ao comezo da miña segunda, polo que foi un desastre. A Q1 é a peor sesión onde ter ese problema, e como agora estamos ao final [da grella] para mañá, a miña carreira está arruinada."
Mark Webber en relación co impedimento que Sutil lle opuxo na súa volta de clasificación[8]

A sesión de clasificación da tarde do sábado foi dividida en tres partes. Jarno Trulli logrou a súa cuarta pole position da súa carreira deportiva, a primeiro desde 2005, mentres que o seu compañeiro de equipo, Timo Glock, quedaba segundo. Isto marcou a primeira vez na historia de Toyota na que ambos os dous coches partían desde a primeira fila da grella. Sebastian Vettel acadou un tempo para saír do terceiro lugar, con Jenson Button tras el. En quinto lugar foi o McLaren de Lewis Hamilton, con Rubens Barrichello sexto. Fernando Alonso de Renault obtivo o sétimo lugar, e detrás del Felipe Massa, Nico Rosberg e Kimi Räikkönen. Kovalainen, Nakajima, Kubica, Heidfeld e Piquet saíron da undécima á décimo quinta posición na grella. Os pilotos eliminados na primeira sesión e que clasificaron desde a décimo sexta á vixésima praza foron Sutil, Buemi, Fisichella, Webber e Bourdais[9]. Webber foi bloqueado de forma polémica por Sutil cara ao exterior durante a súa volta de clasificación (Sutil afirmou que el non se dera de conta de que Webber estaba nunha volta cronometrada), impedíndolle acadar un tempo rápido. Como resultado, os comisarios impuxeron a Sutil unha sanción consistente na perda de tres lugares na grella de saída, retrasándoo ata a décimo novena posición[10].

Carreira[editar | editar a fonte]

Jenson Button conseguiu a súa terceira vitoria esta temporada, afianzando o seu primeiro posto no Campionato.
Kimi Räikkönen conseguiu os primeiros puntos de Ferrari da temporada.

Timo Glock fixo un principio perfecto desde a segunda praza na grella e asumiu rapidamente a condución da cabeza de carreira. Jarno Trulli corría entón en segundo lugar, pero tivo que loitar con Lewis Hamilton, que tiña pasado a Jenson Button e Sebastian Vettel desde a quinta posición na grella, na primeira curva. Button tamén superou a Vettel, que estaba rodando con máis carga de combustible. Kimi Räikkönen, entrementres, empurrou o Ferrari ata o sexto lugar, adiantando catro posicións. Máis atrás na ringleira de coches, producíronse danos nos coches de Felipe Massa, Nick Heidfeld, Robert Kubica e Kazuki Nakajima, os cales tiñan que parar cedo para substituír os seus aleróns frontais, mentres que Heikki Kovalainen perdía posicións de pista despois de saírse da trazada. Massa tamén se queixou de problemas co seu sistema KERS, e aconsellóuselle que o desactivase.

No inicio da volta 2, Button realizou unha impresionante manobra de adiantamento a Hamilton para obter a terceira posición[11]. Logo, o McLaren de Hamilton manteu atrás del ao Red Bull de Vettel, que ía máis rápido, e só cando Hamilton entrou para facer o seu pit stop na volta 15 puido Vettel pasalo.

Dado que ambos os dous Toyota ían cargados con pouco combustible, fixeron os seus pit stops cedo, Glock na volta 12 e Trulli na volta 14. O equipo Toyota optou por poñerlles aos dous pilotos o composto de pneumáticos máis lentos, os máis duros, durante a duración da parte intermedia da carreira, ao contrario das estratexias elixidas polos outros equipos. Nunha soa volta, Button conseguira sacarlle o suficiente tempo a Trulli como para poñer os pneumáticos brandos e non perder a súa posición. Glock, que liderou unha vez a carreira, perdou tanto tempo a causa dos pneumáticos que quedou tras Hamilton en sétimo lugar mesmo despois de que o piloto de McLaren completase a súa parada.

A parada de Vettel na volta 18 situábao diante de Hamilton, pero xusto trinta metros detrás do coche lento de Trulli, impedíndolle competir con Button polo primeiro lugar. Button aproveitou esta oportunidade para abrir un espazo de 7,5 segundos entre el e Trulli ao redor da volta 22.

Pola volta 34, Button aumentara a súa marxe ata os 15,6 segundos, situándose como claro líder da carreira. Para cando todos os pilotos de adiante completaron a segunda rolda de paradas, Button xa se atopaba diante deles, esta vez cos pneumáticos máis duros. A estratexia de pneumáticos de Toyota non valera para nada, e Vettel, cos pneumáticos máis brandos, conseguía algunhas veces voltas rápidas unha vez que Trulli fixera a súa segunda parada e xa non estaba no camiño de Vettel. Despois da súa propia parada, Vettel (agora co composto de pneumáticos máis duro) volveu á carreira xusto diante do piloto de Toyota, a situación oposta á anterior rolda de paradas.

Na volta 44 houbo unha frenética loita entre Räikkönen e Glock pola sexta posición. Mentres tanto, Rubens Barrichello perdera moito tempo despois de fracasar ao intentar pasar o Renault equipado com KERS de Nelson Piquet. Non obstante, mostrou o ritmo do coche Brawn rematando xusto diante de Räikkönen, mesmo despois de ter feito unha parada máis. Máis adiante, xa na volta 48, a diminución da presión de aceite do Williams de Nakajima causaba o único abandono da carreira.

Button cruzou a liña de meta, conseguindo a súa terceira vitoria da temporada, 7 segundos por diante de Vettel, que tiña ido moito máis rápido nas últimas voltas. Trulli atraveou a liña 2 segundos despois de Vettel, con Hamilton rematando cuarto. Barrichello acabou quinto, Raikkonen sexto, Glock menos dun segundo tras el sétimo e Fernando Alonso oitavo, xa 52 segundos de diferenza con Button[12].

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".

Calificación[editar | editar a fonte]

Pos Nome Construtor Parte 1 Parte 2 Parte 3 Grella
1 9 Italia Jarno Trulli Toyota 1:32.799 1:32.671 1:33.431 1
2 10 Alemaña Timo Glock Toyota 1:33.165 1:32.613 1:33.712 2
3 15 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:32.680 1:32.474 1:34.015 3
4 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes 1:32.978 1:32.842 1:34.044 4
5 1‡ Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:32.851 1:32.877 1:34.196 5
6 23 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 1:33.116 1:32.842 1:34.239 6
7 7 España Fernando Alonso Renault 1:33.627 1:32.860 1:34.578 7
8 3‡ Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 1:33.297 1:33.014 1:34.818 8
9 16 Alemaña Nico Rosberg Williams-Toyota 1:33.672 1:33.166 1:35.134 9
10 4‡ Finlandia Kimi Raikkonen Ferrari 1:33.117 1:32.827 1:35.380 10
11 2‡ Finlandia Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 1:33.479 1:33.242 11
12 17 Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima Williams-Toyota 1:33.221 1:33.348 12
13 5‡ Polonia Robert Kubica BMW Sauber 1:33.495 1:33.487 13
14 6‡ Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber 1:33.377 1:33.562 14
15 8 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet, Jr. Renault 1:33.608 1:33.941 15
16 20 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:33.722 191
17 12 Suíza Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 1:33.753 16
18 21 Italia Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 1:33.910 17
19 14 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 1:34.038 18
20 11 Francia Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 1:34.159 20

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Condutor Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes 57 1:31:48.182 4 10
2 15 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 57 +7.187 3 8
3 9 Italia Jarno Trulli Toyota 57 +9.170 1 6
4 1‡ Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 57 +22.096 5 5
5 23 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 57 +37.779 6 4
6 4‡ Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 57 +42.057 10 3
7 10 Alemaña Timo Glock Toyota 57 +42.880 2 2
8 7‡ España Fernando Alonso Renault 57 +52.775 7 1
9 16 Alemaña Nico Rosberg Williams-Toyota 57 +58.198 9
10 8‡ Flag of Brazil.svg Nelson Piquet, Jr. Renault 57 +1:05.149 15
11 14 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 57 +1:07.641 18
12 2‡ Finlandia Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 57 +1:17.824 11
13 11 Francia Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 57 +1:18.805 20
14 3‡ Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 56 +1 volta 8
15 21 Italia Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 56 +1 volta 17
16 20 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 56 +1 volta 19
17 12 Suíza Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 56 +1 volta 16
18 5‡ Polonia Robert Kubica BMW Sauber 56 +1 volta 13
19 6‡ Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber 56 +1 volta 14
Ret 17 Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima Williams-Toyota 48 Fuga de aceite 12

Campionato tras a carreira[editar | editar a fonte]

Campionato de pilotos
Pos Condutor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button 31
2 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello 19
3 Alemaña Sebastian Vettel 18
4 Italia Jarno Trulli 14,5
5 Alemaña Timo Glock 12
Campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Brawn-Mercedes 50
2 Austria Red Bull-Renault 27,5
3 Flag of Japan.svg Toyota 26,5
4 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 13
5 Francia Renault 5
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bahrain Grand Prix Preview". Fédération Internationale de l'Automobile. 2009-04-22. http://www.fia.com/en-GB/mediacentre/pressreleases/f1releases/2009/Pages/f1_preview_bhn09.aspx. Consultado o 2009-04-24.
  2. "FIA Formula One drivers' world championship Standings 19 April 2009". BBC Sport. 2009-04-19. http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/standings/default.stm. Consultado o 2009-04-22.
  3. "Ferrari predict end to poor form". BBC Sport. 2009-04-19. http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/8007019.stm. Consultado o 2009-04-22.
  4. "New floor and diffuser for Force India in Bahrain". Formula 1.com (Formula One Administration Ltd). 2009-04-22. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/4/9226.html. Consultado o 2009-04-24.
  5. "Bahrain GP practice results". BBC Sport. 2009-04-24. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/results/7920910.stm. Consultado o 2009-04-24.
  6. "Bahrain GP practice results". BBC Sport. 2009-04-24. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/results/7920910.stm. Consultado o 2009-04-24.
  7. "Bahrain GP practice results". BBC Sport. 2009-04-25. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/results/7920910.stm. Consultado o 2009-04-25.
  8. "Sutil penalised for blocking Webber". Formula1.com (Formula One Administration Ltd). 2009-04-25. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/4/9256.html. Consultado o 2009-05-05.
  9. "Bahrain GP qualifying results". BBC Sport. 2009-04-25. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/results/7921031.stm. Consultado o 2009-04-27.
  10. "Trulli on pole as Toyota dominate". BBC Sport. 2009-04-25. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8018039.stm. Consultado o 2009-04-27.
  11. "Martin Brundle column". BBC Sport. 2009-04-27. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8021386.stm. Consultado o 2009-05-06.
  12. "Brilliant Button wins in Bahrain". BBC Sport. 2009-04-26. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8019347.stm. Consultado o 2009-04-27.
  13. Elizalde, Pablo (2009-04-25). "Sutil handed three-place penalty". autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/74812. Consultado o 2009-04-25.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bahrain de 2009
  • Resultados oficiais do Gran Premio de Bahrain


Carreira anterior:
Gran Premio de China de 2009
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2009
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2009
Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2008
Gran Premio de Bahrain Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2010