Las Provincias
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co xornalismo que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Las Provincias é un xornal do País Valenciano.
Xurdiu o 31 de xaneiro de 1866 logo que La Opinión fora adquirida polo impresor Federico Doménech e o xornalista e director deste, Teodoro Llorente, ao seu dono, o banqueiro e político José Campo Pérez, Marqués de Campo, quen puxo como condición para a súa venda a mudanza do nome da publicación.
Llorente foi o primeiro director do novo Las Provincias que xa no seu primeiro número contiña o ideario fundacional da nova publicación, baseado na independencia e na defensa dos intereses do pobo. Esta tendencia rexionalista foi sinal de identidade da cabeceira ao longo dos seus máis de 140 anos de historia.