Premios Princesa de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Premios Príncipe de Asturias")
Escudo da Fundación.

Os Premios Princesa de Asturias[1] (Premios Príncipe de Asturias ata o 2014) nacen en 1981, convocados pola Fundación Princesa de Asturias, e son entregados anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Constitúen un evento académico de primeira orde, no só pola categoría dos premiados, senón pola composición do xurado.

Os premiados poden ser persoas individuais, institucións ou grupos de traballo de todo o mundo que destacaran na súa traxectoria nalgunha das oito categorías dos galardóns: Artes, Deportes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Concordia, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica ou Letras. Ademais de todos estes, concédese tamén un galardón especial ó Pueblo Ejemplar de Asturias, concedido á vila asturiana que realizara ó longo do ano o labor máis meritorio en pro do seu desenvolvemento.

As deliberacións dos distintos xurados (un por cada premio) comezan no mes de maio, prolongándose ata o de setembro, cando se adoita fallar o Premio dos Deportes. As reunións dos xurados lévanse a cabo durante dous días no Hotel da Reconquista, situado en pleno centro da capital asturiana. O segundo día de deliberacións, o presidente do xurado fai público o fallo.

Os premios entréganse no Teatro Campoamor nunha cerimonia presidida polo Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón e Grecia (e desde 2004, tamén pola Princesa de Asturias, Letizia Ortiz).

En 2006 a Fundación Príncipe de Asturias celebrou o XXV Aniversario dos Premios cun intenso programa de actividades no que participaron personalidades e institucións que ó longo destes anos foron galardoadas cos Premios nalgunha das súas categorías. Dito programa incluíu a celebración de conferencias, debates, concertos e encontros, e foi inaugurada no mes de abril de 2005 cun acto no que o científico británico e Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1989, Stephen Hawking, pronunciou unha conferencia maxistral.

Cerimonia do ano 2010.

Categorías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [Premios Princesa de Asturias "Quedan convocados los Premios Princesa de Asturias 2015"]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]