Interpol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Interpol (grupo musical).

A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.

Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a Segunda Guerra Mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.

Hoxe súa sede en Lión (Francia)[1], adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.

A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase de unha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.

O seu presidente actual é Khoo Boon Hui, natural de Singapur.

Un exemplo da participación da Interpol nun caso é o desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de prisión contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "History" (en español) (ASP). INTERPOL. 12-11-2010. http://www.interpol.int/Public/icpo/governance/sg/historyES.asp. Consultado o 10-09-2011.
  2. "Interpol emite ordes de detención contra Gadafi e un dos seus fillos" (HTM). La Voz de Galicia. 08-09-2011. http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2011/09/09/00031315565190880569993.htm?idioma=galego. Consultado o 10-09-2011.