Raíña de Sabá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encontro entre o rei Salomón e a raíña de Sabá

A raíña de Sabá é unha personaxe que aparece en varios documentos literarios da antigüidade. Tería reinado sobre o reino de Sabá, sito aproximadamente entre o Iemen e Etiopía.

Sonlle atribuídos nomes persoais diferentes segundo as fontes. Así as tradicións abisinias chámana Makeda, as do Iemen Balqama; as do Islam Bilqis e Balkis e as etíopes Makedda, Magda, Maqda ou Makera, que significa "grandeza". Na Biblia non se menciona o seu nome.

Os diferentes relatos[editar | editar a fonte]

Claude Lorraine, Embarque da raíña de Sabá

As fontes non contan as mesmas anécdotas, nin os mesmos detalles sobre o encontro en Xerusalén entre a raíña de Sabá e Salomón, rei de Israel. Mais a raíña é, en todos os casos, descrita como unha muller sublime e considerada unha persoa de profunda sabedoría, en casos dotada dunha elevada intelixencia, en noutros casos, como unha maga tentadora.

Cabe lembrar, polo demais, que os nomes moi antigos son a miúdo transcricións, pudendo variar a súa ortografía bastante segundo as fontes. Así, na tradución francesa da Biblia, de Louis Segond, lese Seba en vez de Saba.

Relato bíblico[editar | editar a fonte]

Segundo a Biblia hebrea, a raíña do país de Sabá oe falar da grande sabedoría do rei Salomón e decide viaxar para pólo a proba con preguntas, levándolle regalos en especias, ouro e xemas. A raíña fica pasmada polo saber e riqueza de Salomón, e recita unha bendición do Deus de Salomón. Salomón responde con regalos e "todo o que ela desexe". Logo a raíña regresa ao seu país. A raíña parece ser moi rica, e entrega 4.500 quilos de ouro a Salomón. Este relato está recollido no primeiro Libro dos Reis, 10:1-13, e amplamente copiado no segundo Libro das Crónicas, 9:1-12.

O Cantar de Salomón contén algunhas referencias que teñen sido varias veces interpretadas como alusións ao amor entre Salomón e a raíña de Sabá. Así, a namorada en 1:15 declara: "Son moura, pero fermosa". Porén, en opinión dos eséxetas o Cantar refírese á viúva de Salomón, a filla do Faraón, da que se descoñece tamén o nome.

Lendas xudías[editar | editar a fonte]

O historiador Flavio Xosefo (Antigüidades, 8.6.2ff) subliña o desexo da raíña por aprender. Dalle o nome de "Nikaule", evidentemente facendo conxecturas sobre unha conexión con a Nitocris de Heródoto (2.100).

Lendas xudías tardías rechean moitos dos detalles narrativos. A galantería de Salomón de regalarlle "todo o que ela desexe", é concretado nun encontro sexual. Foron feitos tamén ímprobos esforzos para escolmar unha lista de adiviñas con as que a raíña de Sabá probaría a verdadeira sabedoría de Salomón. Outra tradición relata que cando a raíña atopa a Salomón, este estaba nunha casa de cristal; crendo que estaba na auga, a raíña ergueu a saia, ensinando unhas pernas peludas. O desagrado de Salomón converteuse nunha historia etiolóxica sobre a orixe da depilación.

Fontes etíopes[editar | editar a fonte]

No Kebra Negast, ou "As Gloriosas Memorias do Imperio", un libro sagrado da Etiopía, dise que a propia Makeda tería criado unha regra segundo a cal "só unha muller pode reinar". Aparentemente, Sabá era unha sociedade matriarcal na que o poder era pasado aos descendentes pola vía feminina. No mesmo libro afírmase que a dinastía dos reis da Etiopía provén do fillo do rei Salomón e de Makeda e que desta unión a lei mosaica foi levada para Etiopía.

Relato coránico[editar | editar a fonte]

O Corán nunca menciona a Raiña de Sabá polo nome, aínda que outras fontes árabes chámana Bilqis ou Balkis. A historia ten algunhas semellanzas coa bíblica. O Corán presenta o rei Salomón tendo noticias dun reino gobernado por unha raíña cuxos súbditos renden culto ao Sol. Envíalle unha mensaxe convidándoa a visitalo. Ela replica cun regalo, logo de consultar ao seu pobo. Salomón responde tentando unha invasión. Entón un "jin", un xenio, servente do rei, proponlle levalo polo aire ata o trono de Sabá "nun pestaneo de ollos" (27:40). A raíña chega á súa Corte, veo no trono, e cando ela entra no seu pazo de cristal, a raíña acepta a fe de Abraham e a crenza nun único deus.

Outras fontes islámicas[editar | editar a fonte]

Segundo Ibn Kathir, Historias dos Profetas, Salomón viaxou en peregrinación á Mezquita Sagrada da Meca (construída polo profeta Abraham). Logo, continuou a viaxe cara o Sur ata a cidade de Sanaa, a actual capital do Iemen, onde quedou impresionado polo complexo sistema de canles de irrigación (Sanaa está próxima a Ma'arib, a suposta capital de Sabá). Salomón envía unha bubela a explorar o país, para logo poder detectar auga subterránea, con vistas a poder construír un sistema de canais semellante no propio país. A bubela volveu onde un amargado rei, canso de esperar, con noticias dun reino (Sabá) gobernado por unha raiña (Bilqis) adoradora do Sol.

O Corán non indica por onde se estendía exactamente o reino de Sabá, pero moitas fontes islámicas menciona a cidade de Ma'arib, no Iemen, como a capital de Sabá. Indagacións arqueolóxicas atoparan un templo, Ma'abed Bilqis, "o templo de Bilqis", xusto en Ma'arib. Hai centos de anos unha praga de ratos furaran o dique dun encoro en Ma'arib, provocando unha chea que na práctica aniquilou a cidade e os seus habitantes. O Corán menciona na azora 34, 15-16 como o reino de Sabá fora destruído séculos despois de Bilqis, a causa de que a xente se volvera politeísta.

Fontes, non islámicas contan que Bilqis era a "irmá do sol", ou tamén, que era filla dun "jin" (espírito, xenio). É unha crenza corrente que Bilqis era solteira cando o seu encontro con Salomón e que casou con el decontado ao pouco.

A raíña de Sabá na arte[editar | editar a fonte]

Operas[editar | editar a fonte]

A chegada da Raíña de Saba do oratorio Solomon (Händel).

Ballets[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]