Asmara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asmara
[[Ficheiro:|120px]] [[Ficheiro:|140px|]]
Situación xeográfica
Er-map.gif
Estado: Flag of Eritrea.svg Eritrea
Rexión: Central
Subrexión:
Distrito:
Xeografía
Altitude: 2.363 msnm
Superficie: 10.204 km²
Poboación
Poboación total: 578.00 hab. (2006)
Densidade de poboación: hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:



Asmara (dita tamén no pasado Asmera) é a capital e o máximo centro industrial de Eritrea. É aínda a capital da Rexión Central. A súa poboación estimábase en 2006 que andaba sobre 578.000 habitantes, entanto a aglomeración metropolitana superaba o 1.000.000 de poboadores.

Está sita nun planalto de máis de 2.300 m de altitude, e goza dun clima particularmente lene e saudábel (a temperatura media anual é de arredor de 17° C). É sede universitaria.

[editar] Historia

Asmara xurdiu no século XII, da unión de catro aldeas. Orixinariamente habitaban na zona catro clans: os Gheza Gurtom, os Gheza Shelele, os Gheza Serenser e os Gheza Asmae. Animados polas súas familias, os xefes dos clans decidiron unirse para facer fronte aos bandidos que andaban pola zona. Despois de vencelos, a rexión foi denominada Arbaete Asmara, que na lingua tigriña significa: "os catro están unidos". Arbaete caeu en desuso e a cidade foi chamada simplemente Asmara.

Outra lenda narra que nesta zona a Raíña de Saba dou a luz o fillo de Salomón, Menelik I.

A cidade foi colonizada por Italia en 1889, e tornouse capital dea colonia no 1897. En 1887 os italianos, so dirección do enxeñeiro E. Olivieri, construíron os primeiros tramos do ferrocarril que partindo desde Massaua alcanzaba o forte militar de Saati.Posteriormente a vía alcanzou Asmara, en decembro de 1911, pasando a través da cidade de Ghinda. No 1930, so o gobernador Jacopo Gasparini, mudou o aspecto urbano da cidade coa construción de novas estruturas e edificacións, de estilo racionalista italiano, que fixeron que a cidade chegase a ser denominada a "Pequena Roma". A presenza colonial italiana e aínda hoxe moi visíbel, tanto no aspecto dos edificios, como no uso da lingua italiana en numerosos estabelecementos comerciais. Na primavera de 1941, durante a II Guerra Mundial, a cidade foi ocupada, como o resto da Eritrea, polas tropas británicas.

No ano 1991 a cidade foi liberada do dominio etíope pola tropas insurxentes de Eritrea, e en 1993 pasou a ser a capital do novo Estado independente eritreo.

Vista xeral de Asmara
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas