Djibuti (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 11°35′18″N 43°08′42″E / 11.58833°N 43.14500°E / 11.58833; 43.14500

Djibuti (cidade)
Jabuuti (en somalí)
Gabuuti (en afar)
جيبوتي (en árabe)
Coat of arms Djibouti City.png
Djibouti City.jpg
Situación xeográfica
Djibuti en Djibuti
Djibuti
Djibuti
País Flag of Djibouti.svg Djibuti
Rexión Rexión de Djibuti
Xeografía
Altitude 14 msnm
Superficie 630 km²
Poboación
Poboación 623.891 hab. (2013)
Densidade 990 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Djibuti é a capital do estado homónimo sito no nordeste de África e unha cidade portuaria fundada polos franceses en 1888. A súa poboación, consonte estimacións do ano 2005 era de 542.000 habitantes. Entre 1892 e 1977 foi a capital da colonia da Somalia francesa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está localizada sobre o Golfo de Tadjoura (43º 08' Leste, 11º 36' Norte), que é unha porción do Golfo de Aden e ao sur do Estreito de Bab el-Mandeb.

Djibuti é o término do Ferrocarril Etíope que parte desde Addis Abeba e porto franco para Etiopía, que non ten saída ao mar. Os produtos principais de exportación do porto de Djibuti son o sal e máis o coiros.

Está atravesada polo uadi ou río temporal de Ambouli, que divide a cidade vella do barrio de Balbala.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Ademais do citado Ferrocarril Etíope que a une coa capital do veciño estado de Etiopía, e do porto marítimo, do cal parten ferry-boats para Obock e Tadjura, a cidade posúe o aeroporto internacional Djibuti-Ambouli.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Vista parcial do porto de Djibuti
Barrio europeo de Djibuti