Paleontoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A paleontoloxía (do grego παλαιός "antigo", ὅν, ὄντος "o ser" e λόγος "tratado", é dicir, "tratado dos seres antiquísimos") é a ciencia que trata do estudo dos organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles, é dicir, dos restos mineralizados de seres vivos ou vestixios de vida de organismos que existiran durante a historia da vida na Terra.
A partir dos fósiles poden ser datadas as rochas sedimentarias, permitindo entender mellor a evolución ata os seres vivos actuais. Inversamente, a partir dos seres vivos actuais pódese descubrir algo sobre os fósiles ("o presente é a chave do pasado", Lyell).
Por veces, divídese a paleontoloxía en dúas ramas:
- a paleozooloxía - estudo dos fósiles de animais, e
- a paleobotánica - estudo dos fósiles de plantas.
Tamén se pode dividir a paleontoloxía en:
- Macropaleontoloxía - Restos ou vestixios macroscópicos de organismos animais ou vexetais.
- Micropaleontoloxía - Restos ou vestixios microscópicos (menores de 2 mm) de organismos.
Aínda fica unha subdivisión da paleobotánica e da micropaleontoloxía: a palinoloxía, o estudo dos restos de pole fósilizados.
Esta división provén do feito de durante moitos anos os seres vivos foron clasificados como plantas -e estudados polos botánicos- ou como animais -estudados polos zooloxistas.
Os arqueólogos diferéncianse dos paleontólogos porque, alén de estudaren tamén restos fosilizados de plantas e animais, procuran comprender as actividades humanas en determinado período da historia da Terra. A Paleontoloxía xeralmente non está preocupada con estas cuestións.
Índice |
[editar] Paleontólogos
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Grinpach: Grupo de investigacións paleontolóxicas de Chile.
|
|
||
|---|---|---|
| Ciencias naturais | Astronomía · Bioloxía · Xeoloxía · Xeografía · Física · Paleontoloxía · Química | |
| Ciencias sociais | Antropoloxía · Comunicación · Dereito · Economía · Educación física · Educación · Historia · Lingüística · Política · Socioloxía | |
| Ciencias aplicadas | Administración · Agronomía · Arquitectura · Urbanismo · Informática · Deseño · Enxeñaría · Farmacoloxía · Medicina · Nutrición · Tecnoloxía | |