Infraestrutura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rede española de autoestradas e autovías estatais e autonómicas.
Rede española de autoestradas de peaxe (ano 2012).

Denomínase infraestrutura a aquela realización humana deseñada e dirixida por profesionais da arquitectura, enxeñaría civil, urbanismo etc., que serven de soporte para o desenvolvemento doutras actividades e o seu funcionamento, necesario para a organización estrutural das cidades, territorios e empresas.[1]

Este termo é utilizado habitualmente como sinónimo de obra pública por ser case sempre o Estado o encargado da súa construción e mantemento en razón da súa utilidade pública e dos custos de execución, xeralmente elevados.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo orixinouse a principios do século XX, e deriva do francés infrastructure, ue o formou coa forma latina infra-, "debaixo" e structure "estrutura".[1]

Tipos de infraestruturas[editar | editar a fonte]

Rede de ferrocarrís, unha das infraestruturas principais.
As autoestradas son unhas das infraestruturas máis usadas pola sociedade actual.
Antiga ponte do ferrocarril sobre o Ulla, en A Ponte Ulla, Vedra.

Impacto ambiental[editar | editar a fonte]

As grandes obras de infraestrutura moitas veces xeran impactos sociais e ambientais, poñendo en risco a saúde e benestar das comunidades afectadas, polo que precisan de exhaustivos estudos de impacto ambiental previos á súa realización.

Infraestruturas verdes[editar | editar a fonte]

Así mesmo, tamén se denominan infraestruturas ás chamadas "infraestruturas verdes", que se compoñen principalmente de vexetación e solos, e que teñen o obxectivo de mellorar a xestión da auga da chuvia dos ambientes construídos, con beneficios laterais tales como mellora na calidade do aire, redución do efecto "illa de calor" etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 infrastructure Arquivado 05 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Dicionario on line Oxford English.
  2. vía no dicionario da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ascher, Kate (2007): The works: anatomy of a city. Nova York: Penguin Press. ISBN 978-0143112709.
  • Hayes, Brian (2005): Infrastructure: the book of everything for the industrial landscape. Nova York: Norton. ISBN 978-0393329599.
  • Huler, Scott (2010): On the grid: a plot of land, an average neighborhood, and the systems that make our world work. Emmaus, Penn.: Rodale. ISBN 978-1-60529-647-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]