Cranio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cranio é o conxunto de ósos que forman a cabeza e rodean o encéfalo.

Vista frontal do cranio humano (lendas en castelán)
Vista lateral do cranio humano (lendas en castelán)

Ósos[editar | editar a fonte]

Ósos que conforman o cranio:

Estes ósos forman unha serie de espazos destinados a aloxar e protexer as partes brandas da testa: sistema nervioso central, fosas nasais e cavidade oral.

A maior parte estará ocupada polo sistema nervioso central. Este espazo está delimitado polo occipital, temporal, esfenoide, frontal, parietal, etmoide. O sistema nervioso central continúase coa medula espiñal a través do foramen magno do occipital. Superiormente, o espazo queda limitado pola superficie endocranial do occipital, parietais e frontal. Na parte anterior, o chan estará formado polo frontal, etmoide e esfenoide.

Espazos do cranio humano[editar | editar a fonte]

  • Espazo cranial anterior:
    • Límites: o límite anterior é a liña que separa as caras inferior e posterior do óso frontal. O límite posterior son as canles ópticas e a parte máis anterior das ás menores do esfenoide.
    • Contido: parte inferior da crista frontal (este relevo forma a canle para o seo lonxidudinal superior, a crista galli do etmoide, o burato cego do frontal, fendidura etmoidal, burato etmoidal anterior, tracto olfactorio, lóbulos frontais do cerebro, fouce do cerebro e a sutura frontoetmoidal (articulación inmóbil e soldada entre frontal e etmoide).
  • Espazo cranial medio:
    • Límites: o límite anterior son as ás maiores do esfenoide. O límite posterior é o corpo do esfenoide e o peñasco do temporal.
    • Contido: glándula hipófise e cadeira turca, poza de Gasser, fendedura esfenoidal, buratos redondo maior, menor e oval; burato de Arnold, hiato de Fallopio e accesorio, burato carotídeo, espiña supraauditiva, córtex temporal.
  • Espazo cranial posterior:
    • Límites: peñasco do temporal por diante e óso occipital por detrás.
    • Contido: córtex occipital, cerebelo, tenda do cerebelo, troncoencéfalo, conduto auditivo interno, canles dos seos venosos, foramen magno, buratos condíleos, acueduto do vestíbulo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cranio