Sésamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dunha planta de sésamo

O sésamo é unha planta cultivada polas súas sementes ricas en aceite, que se empregan en gastronomía, como por exemplo no pan para hamburguesas. Tamén é empregado para a elaboración de doces. É orixinario da India e de África, dende onde chegou a América transportada polos escravos, os cales utilizaban as súas sementes para espesar e dar sabor aos pratos. Nos estados sureños dos EUA e no Caribe, onde o sésamo foi introducido por escravos africanos, coñécese polo seu nome africano: benne.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]