Placa africana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A placa africana, de cor laranxa escura

A placa africana é unha placa tectónica da litosfera da Terra que cobre África e que se estende cara ao oeste ata a dorsal mesoatlántica mentres polo leste está a se formar a nova placa somalí que acabará por se afastar da africana e convertirá o Gran Val do Rift nunha dorsal oceánica. A placa abrangue varios bloques continentais estables de rochas vellas, as cales formaron o continente africano durante a existencia de Gondwana hai uns 550 millóns de anos, eses bloques son, do sur ao norte, o Kalahari, República Democrática do Congo, Sáhara e mais o bloque africano do oeste.