Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados membros

O Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico (ACP) é un grupo de países de África, o Caribe e o Pacífico que se creou a raíz da Convención de Lomé en 1975, e que ten como obxectivos principais o desenvolvemento sustentable, a redución da pobreza e unha maior integración dentro da economía muncial. Todos os estados membros, agás Cuba, son signatarios do Acordo de Cotonou de 2000 coa Unión Europea. O número de países membros pasou de 46 en 1975 a 79 en 2012. As linguas oficiais son o inglés, francés, portugués e castelán.

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Cumio de Xefes de Estado e Goberno: dita as políticas xerais
  • Consello de Minitros: formado por un representante de cada estado para executar as políticas da ACP e evaluar periodicamente o estado da súa execución, axúntase cada seis meses ou en sesións extraordinarias.
  • Comité de Embaixadores: integrada por un representante de cada país membro, asiste ao Consello de Ministros.
  • Secretariado da ACP. O Consello de Ministros elixe ao Secretario Xeral da ACP, encárgase do funcionamento administrativo e de executar todas as accións decididas polos organismos da ACP e monitorizar a súa execución. A súa sede está en Bruxelas (Bélxica) . Desde 2009 éo Mohamed Ibn Chambas de Ghana.

Membros[editar | editar a fonte]

África[editar | editar a fonte]

Caribe[editar | editar a fonte]

Pacífico[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Incorporación pendente da modificación do acordo constitutivo.
  2. Non é un Estado independente.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]