Ionosfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capas da ionosfera terrestre

A ionosfera é a parte da atmosfera terrestre ionizada constantemente pola fotoionización que provoca a radiación solar. Abrangue dende o final da mesosfera (a 80 quilómetros de altitude) até os 500 km. Constitúe o límite inferior da magnetosfera, atopándose dentro da termosfera. A ionosfera permite que a atmosfera superior reflicta as ondas de radio emitidas dende a superficie terrestre posibilitando que estas poidan viaxar grandes distancias sobre a superficie da Terra, grazas ás partículas de ións (cargadas de electricidade) presentes nesta capa.

Nas rexións polares, as partículas cargadas chegadas polo vento solar son atrapadas polo campo magnético terrestre, incidindo sobre a parte superior da ionosfera e dando lugar ás auroras.

Está dividida nunha serie de capas ou rexións iónicas, que son:

Capa D

  • A máis próxima ao solo, fica entre os 50 e 80 km; é a que absorbe a maior cantidade de enerxía electromagnética.

Capa E

  • Por riba da capa D, embaixo das capas F1 e F2, a súa altitude media é entre os 80 e os 100–140 km. Semellante á capa D.

Capa E Esporádica

  • Esta capa ten a particularidade de ficar máis activa canto máis perpendiculares son os raios solares que inciden nela.

F1

  • A capa F1 está por riba da capa E e embaixo da capa F2 ~100-140 ata ~200 km. Existe durante os horarios diúrnos.

F2

  • A máis alta das capas ionosféricas é a capa F2, que está entre os 200 e 400 km de altitude. Enriba da F1, E, e D respectivamente. É o principal medio de reflexión ionosférico.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.