Selección de fútbol de Nova Zelandia
| Nova Zelandia | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
|
|||
| Asociación | Asociación de Fútbol de Nova Zelandia | ||
| Confederación | OFC | ||
| Código FIFA | NZL | ||
| Alcume | |||
| Ranking FIFA | |||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Ivan Vicelich (66 partidos) | ||
| Máximo goleador | Vaughan Coveny (28 goles) | ||
| Estrea internacional Nova Zelandia |
|||
| Maior vitoria Nova Zelandia |
|||
| Maior derrota Nova Zelandia |
|||
A Selección de fútbol de Nova Zelandia é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Nova Zelandia, pertencente á OFC e á FIFA.
O fútbol é un deporte moi popular entre os mozos de Nova Zelandia, pero en canto a repercusión nos medios o rugby é claramente máis importante para os neozelandeses que o fútbol. O críquet é outro dos deportes que compite co fútbol por unha maior atención dos medios en Nova Zelandia. Ademais, a selección de fútbol neozelandesa posúe certas dificultades que lle impiden maior recoñecemento, como unha liga nova e semiprofesional, o Campionato de Fútbol de Nova Zelandia (chamado ASB Premiership por razóns comerciais) fundado en 2004 e que está composto por oito equipos das rexións máis poboadas do país.