Leopardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopardo
Rango fósil: Plistoceno ata Actualidade
Leopard africa.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: 'Panthera'
Especie: ''P. pardus''
Nome binomial
''Panthera pardus''
(Linnaeus, 1758)
Distribución do leopardo en liberdade:     Presenza histórica.     Presenza dubidosa.     Presenza moi fragmentada.     Presenza verificada.

Distribución do leopardo en liberdade:
     Presenza histórica.
     Presenza dubidosa.
     Presenza moi fragmentada.
     Presenza verificada.
Subespecies

9. Ver texto

Sinonimia

Felis pardus Linnaeus, 1758

O leopardo (Panthera pardus) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e da familia dos felinos. Coma os outros tres grandes felinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente panteira ou panteira negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

Características[editar | editar a fonte]

Leopardo melánico, ou panteira negra.

Os leopardos habitan todo tipo de hábitats, salvo os desertos, sempre que teñan onde acocharse e alimento abondo. Así, atópanse en selvas, sabanas, lugares rochosos, zonas de cultivos etc. Na antigüidade era abondoso en toda África e na metade sur de Asia. Daquela, nalgunhas culturas era considerado un cruce entre león e panteira, como se reflexa no seu nome, que se compón das palabras gregas λέων leōn (león) e πάρδος pardos (panteira macho). Actualmente é moito menos frecuente atopalo en Asia, pero segue tendo unha presenza importante na zona central de África.

O leopardo ten a cabeza redonda e a cola longa e fina. As súas patas son potentes, con 4 dedos nas patas de atrás e 5 nas de diante, sendo tódalas súas garras retráctiles. As diversas subespecies presentan tamaños moi variados. Acadan unha lonxitude de 91 a 191 centímetros sen ter en conta a cola, que pode medir de 58 a 110 cm. A altura pode variar entre 45 e 78 centímetros. Os machos adultos chegan a pesar entre 37 e 90 quilogramos, e as femias entre 28 e 60.

A súa alimentación consiste en animais medianos ou pequenos. Na súa dieta inclúense monos, porcos, cervos, chacales, antílopes, aves, gando etc. Adoita gardar parte da súa caza nas árbores para non ter que comer ás presas e que lle rinda varios días. Os leopardos cazan preferentemente pola noite e descansan polo día, ocupando covas ou pólas das árbores, dende as que tamén vixían a presenza de presas ou de ameazas como leóns, hienas ou tigres.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Malia que no pasado houbo máis subespecies que na actualidade están extinguidas, na actualidade existen 8 ou 9 subespecies de leopardo:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]