Paolo Rossi
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Paolo Rossi | ||
| Nacemento | 23 de setembro de 1956 (56 anos) | ||
| Lugar | Prato, Italia | ||
| Altura | 1,77 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1976 | Como | 6 | (0) |
| 1976–1979 | Vicenza | 94 | (60) |
| 1979–1980 | → Perugia (cedido) | 28 | (13) |
| 1981–1985 | Juventus | 83 | (24) |
| 1985–1986 | Milan | 20 | (2) |
| 1986–1987 | Hellas Verona | 20 | (4) |
| Selección nacional | |||
| 1977–1986 | Italia | 48 | (20) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Paolo Rossi, nado o 23 de setembro de 1956 en Prato, é un ex futbolista italiano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección italiana. No ano 1982, levou a Italia a conquista-lo título mundial por terceira vez. Ao anotar seis goles fíxose coa Bota de Ouro e co Balón de Ouro. Até o de agora é o único xogador en gaña-los tres premios nunha soa competición.
Índice |
Carreira [editar]
Os comezos [editar]
Rossi naceu en Santa Lucía, Provincia de Prato, na Toscana.
O seu debú profesional prodúcese no Como, equipo ao cal a Juventus o enviara para que fora collendo experiencia.
Pouco despois chega ao Vicenza. Na tempada 1976-77 o goles de Rossi levan á escadra á primeira división italiana, a Serie A. Ao ano seguinta anota 24 goles, polo que é chamado para a selección que desputa o Mundial de Fútbol Arxentina 1978. Aquí Paolo Rossi confírmase coma un dos grandes goleadores daqueles tempos.
En 1979 o Vicenza descende á Serie B, e o xogador é cedido ao Perugia.
Escándalo [editar]
Na súa estancia no Perugia veuse involucrado nun escádalo de apostas, o chamado (Totonero)), co resultado de que Rossi foi suspendido por dous anos. El sempre dixo que era inocente e que esta condea era unha inxustiza. No seu libro "Ho fatto piangere il Brasile" unha das persoas que o acusaran admite que os cargos que se lle imputaron eran unha invención.
Mundial de 1982 [editar]
Rossi volta da suspensión xusto a tempo para desputa-lo Mundial de Fútbol España 1982, mais tanto a prensa coma os siareiros italianos concidían en que estaba nun pobre estado de forma. E dende logo nos tres primeiros encontros non lles deu motivo para mudaren a súa opinión.
O adestrador italiano, Bearzot, seguíu a confir nel cara a segunda fase do torneo, ande se enfrontarían á Arxentina e ó Brasil, o favorito para facerso co campionata. Aquel Brasil contaba cunha morea de estrelas coma Zico, Sócrates, Falcão... Mais Rossi respondeu ao desafío. Marcou os tres goles na vitoria contra o Brasil por 3-2.
Nas semifinais, contra Polonia marcou outros dous goles, e na final contra a Alemaña anotou o primeiro gol. Italia remataría gañando a final por 3-1. Os seus méritos neste mundial outorgáronlle o Balón de Ouro de 1982.
Últimos anos [editar]
En 1982 vai para a Juventus onde consegue gañar unha Recopa en 1984 e a Copa de Europa en 1985.
Pouco despois pasou polo AC Milán e finalmente remata os seus dias de futbolista no Verona, onde se retia en 1987.
Na actualidade adícase á construción. Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos.