Xurxo Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otero
Nome completo: Xurxo Otero Bouzós
Alcume: Otero
Data de nacemento: 28 de xaneiro de 1969
Lugar de nacemento: Nigrán, Galicia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: galego
Club actual:
Posición: Defensa
Altura: metros
Partidos internacionais: 9 (con España)
Goles:
Ano do debut: 1990
Club do debut: Celta de Vigo
Ano do retiro: 2005
Club do retiro: Elche CF


Xurxo Otero Bouzós, nado en Nigrán o 28 de xaneiro de 1969, é un xogador de fútbol galego xa retirado. Xogaba de defensa lateral, tanto na banda esquerda como na dereita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras xogar no Gran Peña, fichou polas categorías bases do Real Club Celta en 1987, debutando co primeiro equipo en 1990, na segunda división. En 1994 xogou a final da copa do Rei contra o Real Zaragoza, e en xullo dese mesmo ano xogou Mundial USA 94 coa selección española de fútbol.

Ese mesmo verán fichou polo Valencia CF, onde estivo tres tempadas, logrando ser subcampión na liga 1995-96, na que xogou 37 partidos. En 1997 fichou polo Real Betis, en 2001 polo Atlético de Madrid, e en 2003 polo Elche CF de segunda división, onde se retirou despois da tempada 2004-05.

Combinados nacionais[editar | editar a fonte]

Tras xogar dous partidos coa selección española sub-21 en 1988 e 1989, debutou coa selección española de fútbol o 8 de setembro de 1993 nun amigable en Alacant contra a selección chilena de fútbol, gañando por 2-0. Participou en dous partidos da Copa do Mundo de 1994 e nun da Eurocopa de 1996, facendo un total de 9 seleccións co combinado estatal.

Trala súa retirada, mostrouse favorable ante formación da selección galega de fútbol, postulándose coma un dos capitáns xunto a Fran[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Otero y Fran ficharían gratis por un club para jugar en la Selección Galega", artigo en xornal.com, 28 de outubro de 2005 (consultado o 13 de marzo de 2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]