Selección de fútbol de Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Paraguay.svg
Paraguai
Actual campión do mundo Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Paraguay football association.svg
Na súa casa


Fóra


Asociación Asociación Paraguaya de Fútbol — APF
Confederación CONMEBOL (Sudamérica)
Código FIFA PAR
Alcume Guaraníes
Ranking FIFA 16 (14 de xullo de 2010)
Seleccionador Flag of Argentina.svg Gerardo Martino
Máis partidos Carlos Gamarra (110)
Máximo goleador José Cardozo (25)
Estrea internacional
Paraguai Paraguai 1 - 5 Arxentina Arxentina

Asunción, Paraguai; 11 de marzo de 1919

Maior vitoria
Paraguai Paraguai 7 - 0 Bolivia Bolivia

Río de Xaneiro, Brasil; 30 de abril de 1949

Maior derrota
Arxentina Flag of Argentina.svg 6 - 1 Paraguai Paraguai

Santiago, Chile; 20 de outubro de 1926

Campionato do Mundo
Participacións 8 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 8º (2010)
Copa América
Participacións 33 (Arxentina 1921)
Mellor resultado 1º (2) (1953 e 1979)

A selección de fútbol de Paraguai é o equipo representativo de Paraguai nas competicións internacioais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Paraguaia de Fútbol (APF), pertencente á Conmebol. Os guaraníes, como son coñecidos popularmente, estiveron presentes en oito edicións da Copa Mundial de Fútbol, o campionato máis importante no que unha selección nacional pode competir. Foron os de 1930, 1950, 1958, 1986, 1998, 2002, 2006 e 2010. Até o momento, a mellor clasificación puido acadar neste torneo é a de cuartos de final, obxectivo acadado no Mundial de Sudáfrica 2010.

Participou na Copa América en trinta e tres ocasións, conquistándoa nos anos 1953 e 1979, en cuxas finais derrotou ás seleccións de Brasil e Chile, respectivamente. Obtivo ademais o subcampionato cinco veces: en 1922, 1929, 1947, 1949 e 1963. O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos produciuse no torneo masculino de Atenas 2004, onde gañou a medalla de prata. Neste certame a selección paraguaia disputou por primeira e única vez a final dunha competición a nivel mundial. Previamente obtivera a súa pasaxe tras finalizar no segundo lugar do Preolímpico Suramericano Sub-23 de 2004, vencendo no último partido á selección brasileira, quedando esta eliminada. Tamén se clasificou para o torneo masculino de Barcelona 1992, onde chegou até os cuartos de final, gañando como anfitrión o título de campión preolímpico sudamericano.

Historia[editar | editar a fonte]

Paraguai acandou a segunda fase da Copa do Mundo en tres ocasións (en 1986, 1998 e 2002) mais só acandou a terceira fase unha vez (en 2010). As únicas vitorias de Paraguai nun torneo internacional aconteceron na Copa América, na cal triunfaron en dúas ocasións, 1953 e 1979. Tamén gañaron unha medalla de prata no torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, sendo derrotados por 1 a 0 da man Arxentina na final.

Despois da contratación como técnico da selección paraguaia do arxentino Gerardo Martin, a selección paraguaia de fútbol mudou o seu antigo comportamento defensivo, pola marca de presión na zona de medio campo e un xogo ofensivo, apoiado coa aparición de mediocampistas como Christian Riveros, Enrique Vira ou Edgar Barreto entre outros; atacantes con alta porcentaxe de goles como Salvador Cabañas, Roque Santa Cruz ou Nelson Haedo Valdez , todos eles mozos formados en clubs europeos e mexicanos. Esta mestura de xogo ofensivo e táctica deron como resultado unha medalla de prata nas Olimpíadas de Atenas. Paraguai ten tradición no fútbol sala sendo, inclusive, campión mundial en 1988 nun campionato organizado pola FIFUSA (que aínda non ten o recoñecemento da FIFA).

Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Primeira fase 2 1 0 1 1 3
Italia Italia 1934 Non participou
Francia Francia 1938
Brasil Brasil 1950 Primeira fase 11° 2 0 1 1 2 4
Suíza Suíza 1954 Non se clasificou
Flag of Sweden.svg Suecia 1958 Primeira fase 12° 3 1 1 1 9 12
Flag of Chile.svg Chile 1962 Non se clasificou
Inglaterra Inglaterra 1966
Flag of Mexico.svg México 1970
Alemaña Alemaña 1974
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978
España España 1982
Flag of Mexico.svg México 1986 Oitavos de final 13° 4 1 2 1 4 6
Italia Italia 1990 Non se clasificou
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994
Francia Francia 1998 Oitavos de final 14° 4 1 2 1 3 2
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002 Oitavos de final 16° 4 1 1 2 6 7
Alemaña Alemaña 2006 Primeira fase 18° 3 1 0 2 2 2
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010 Cuartos de final 5 1 3 1 3 2
Total - 22° 27 7 10 10 30 38

Copa América[editar | editar a fonte]

Copa América
1916 Non participou 1917 Non participou 1919 Non participou 1920 Non participou
1921 4º lugar 1922 Final - 2º lugar 1923 3º lugar 1924 3º lugar
1925 3º lugar 1926 4º lugar 1927 Retirouse 1929 Final - 2º lugar
1935 Retirouse 1937 4º lugar 1939 3º lugar 1941 Retirouse
1942 4º lugar 1945 Retirouse 1946 3º lugar 1947 Final - 2º lugar
1949 Final - 2º lugar 1953 EstrellaOro PPN.svg Campión 1955 5º lugar 1956 5º lugar
1957 Retirouse 1959 3º lugar 1959 5º lugar 1963 Final - 2º lugar
1967 4º lugar 1975 4º lugar 1979 EstrellaOro PPN.svg Campión 1983 4º lugar
1987 Primeira fase 1989 4º lugar 1991 Primeira fase 1993 Cuartos de final
1995 Cuartos de final 1997 7° lugar 1999 6° lugar 2001 10° lugar
2004 5° lugar 2007 5° lugar
 Táboa xeral: 4º posto
Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
213 153 61 30 62 241 270 -29 39,7%

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

# Nome Período Partidos Goles
1 Carlos Gamarra 1993-2006 110 12
2 Roberto Acuña 1993-2006 97 5
3 Denis Caniza Dende 1996 98 1
4 Celso Ayala 1993-2003 85 6
5 José Cardozo 1991-2006 82 25
6 Roberto Fernández 1976-1989 78 0
7 Juan Bautista Torales 1979-1989 77 1
8 José Luis Chilavert 1989-2003 74 8
Estanislao Struway 1991-2002 74 4
Carlos Paredes Dende 1998 74 10


Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

# Xogador Período Goles Partidos
1 José Saturnino Cardozo 1991-2006 25 82
2 Roque Santa Cruz Dende 1999 21 72
3 Saturnino Arrúa 1969-1980 13 26
Julio César Romero 1979-1986 13 32
5 Gerardo Rivas 1921-1926 12 32
Carlos Gamarra 1993-2006 12 110
7 Roberto Cabañas 1981-1993 11 28
Miguel Ángel Benítez 1996-1999 11 29

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]