Selección de fútbol de Suecia
| Suecia | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
|
|||
| Asociación | Svenska Fotbollförbundet | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | SWE | ||
| Alcume | Blågult (a azul-amarela) | ||
| Ranking FIFA | 17 (6 de xuño de 2012)[1] | ||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Thomas Ravelli (143) | ||
| Máximo goleador | Sven Rydell (49) | ||
| Estrea internacional Götheborg, Suecia; 12 de xullo de 1908 |
|||
| Maior vitoria Stockholm, Suecia; 29 de maio de 1927 |
|||
| Maior derrota |
|||
| Campionato do Mundo | |||
| Participacións | 11 (primeira vez en Italia 1934) | ||
| Mellor resultado | 2º (1958) | ||
| Eurocopa | |||
| Participacións | 4 (primeira vez en Suecia 1992) | ||
| Mellor resultado | Semifinalista (1992) | ||
A Selección de fútbol de Suecia (en sueco Sveriges herrlandslag i fotboll), dependente da Svenska Fotbollförbundet (Asociación Sueca de Fútbol), é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol a Suecia.
Índice |
História[editar]
No pasado, chegou a estar entre os protagonistas do fútbol, coa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1948, e o subcampionato fronte a Brasil no Mundial de 1958 desputado en Suecia.
Outro feito salientable de Suecia foi o terceiro posto no Mundial de 1994 celebrado nos Estados Unidos, coa xeración comandada por Tomas Brolin, Martin Dahlin, Thomas Ravelli e Kennet Andersson.
Na Eurocopa, a súa mellor posición foi o 3º posto en 1992, cando foi sede do campionato.
En 2006, o técnico Lars Lagerbäck mostraba confianza en que o seu equipo puidese retornar aos primeiros postos no Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Suecia fixo unha gran eliminatoria, quedando segundo de grupo cos mesmos puntos que a líder Croacia. O equipo mudou un pouco unha característica histórica de ter sempre equipo moi forte e ben estruturados na defensa, mostrando desta vez algúns puntos vulnerables atrás, mentres que a súa fortaleza residía no ataque co talento e experiencia da tripla Fredrik Ljungberg - Zlatan Ibrahimović - Christian Wilhelmsson. En 2006, chegou ata os oitavos de final (rematando no 14º posto da clasificación xeral), eliminada por Alemaña. Na Eurocopa de 2008, foi eliminada xa na primeira fase.
Xogadores[editar]
Xogadores con máis participacións[editar]
| # | Nome | Período | Participacións |
|---|---|---|---|
| 1 | Thomas Ravelli | 1981-1997 | 143 |
| 2 | Anders Svensson | 1999- | 126 |
| 3 | Roland Nilsson | 1986-2000 | 116 |
| 4 | Björn Nordqvist | 1963-1978 | 115 |
| 5 | Olof Mellberg | 2000- | 112 |
| 6 | Niclas Alexandersson | 1993-2008 | 109 |
| 6 | Henrik Larsson | 1993-2009 | 106 |
| 8 | Patrik Andersson | 1991-2002 | 96 |
| 9 | Örvar Bergmark | 1951-1965 | 94 |
| 10 | Andreas Isaksson | 2002- | 91 |
Máximos anotadores[editar]
| # | Nome | Período | Goles (Partidos) |
|---|---|---|---|
| 1 | Sven Rydell | 1923-1932 | 49 (43) |
| 2 | Gunnar Nordahl | 1942-1948 | 43 (33) |
| 3 | Henrik Larsson | 1993-2009 | 37 (106) |
| 4 | Gunnar Gren | 1940-1958 | 32 (57) |
| 5 | Kennet Andersson | 1990-2000 | 31 (83) |
| 6 | Marcus Allbäck | 1999-2008 | 30 (74) |
| 7 | Zlatan Ibrahimović | 2001- | 29 (75) |
| . | Martin Dahlin | 1991-2000 | 29 (60) |
| 9 | Agne Simonsson | 1957-1967 | 27 (51) |
| 10 | Tomas Brolin | 1990-1995 | 26 (47) |
Adestradores[editar]
|
|