Selección de fútbol de Austria
| Austria | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
|
|||
| Asociación | Österreichischer Fußball-Bund | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | AUT | ||
| Alcume | Das Team (o equipo) | ||
| Ranking FIFA | 68 (14 de xullo de 2010) | ||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Andreas Herzog (103) | ||
| Máximo goleador | Toni Polster (44) | ||
| Estrea internacional Austria Viena, Austria; 12 de outubro de 1902 |
|||
| Maior vitoria Austria Salzburgo, Austria; 30 de abril de 1977 |
|||
| Maior derrota Austria |
|||
| Campionato do Mundo | |||
| Participacións | 7 (Italia 1934) | ||
| Mellor resultado | 3º (1954) | ||
| Eurocopa | |||
| Participacións | 1 (Austria/Suíza 2008) | ||
| Mellor resultado | 13º (Austria/Suíza 2008) | ||
A Selección de fútbol de Austria (en alemán: Österreichische Fußballnationalmannschaft), dependente da Österreichischer Fußball-Bund, é unha das seleccións de fútbol máis antigas do mundo. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo o mellor resultado nunha Copa de Mundo o terceiro posto en 1954 e o cuarto en 1934. Tampouco logrou nunca clasificarse para unha fase final da Eurocopa, participando por primeira vez en 2008 como coorganizador.
Índice |
Estadio [editar]
A nacional autríaca xoga os seus partidos locais no Estadio Ernst Happel (até 1992 coñecido como Praterstadion), situado no Prater de Viena. O estadio ten capacidade para 49.825 espectadores e é a maior instalación deportiva de Austria. É un dos estadios máis modernos de Europa e posúe a categoría de cinco estrelas da UEFA, sendo o único deste nivel que non supera os 50.000 espectadores.
Cores e símbolos [editar]
Austria, como a veciña Alemaña, sempre empregou a camisola branca con pantalóns negros, coa diferenza de bordes vermellos. Na versión de visitante xogaba con camisola vermella. Esta tradición cambiou nos últimos anos, pasando a empregar como local a camisola vermella e como visitante a negra.
Palmarés [editar]
Copa do Mundo [editar]
- 1930 - Non clasificada
- 1934 - Cuarto posto
- 1938 - Clasificada, pero renunciou polo Anschluss
- 1950 - Renuncia
- 1954 - Terceiro posto
- 1958 - Primeira ronda
- 1962 - Renuncia
- 1966 - Non clasificada
- 1970 - Non clasificada
- 1974 - Non clasificada
- 1978 - Cuartos de final
- 1982 - Cuartos de final
- 1986 - Non clasificada
- 1990 - Primeira fase - 18º lugar
- 1994 - Non clasificada
- 1998 - Primera fase - 23º lugar
- 2002 - 2006 - Non clasificada
Eurocopa [editar]
Récords [editar]
Participacións [editar]
- 103 Andreas Herzog
- 95 Anton Polster
- 93 Gerhard Hanappi
- 86 Karl Koller
- 84 Friedl Koncilia
- 84 Bruno Pezzey
- 83 Herbert Prohaska
Goles [editar]
- 44 Anton Polster
- 34 Hans Krankl
- 28 Erich Hof
- 28 Hans Horvath
- 28 Anton Schall
- 27 Matthias Sindelar
- 26 Andreas Herzog
- 24 Karl Zischek
- 23 Walter Schachner