Míchel Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Michel Salgado")
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Míchel Salgado
Míchel Salgado.jpg
Información persoal
Nome completo Miguel Ángel Salgado Fernández
Nacemento 22 de outubro de 1975 (39 anos)
Lugar As Neves, Galicia
Altura 1,74 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Cristo Victoria
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1995 Celta B 20 (0)
1995–1999 Celta de Vigo 92 (3)
1996–1997 Salamanca (cedido) 36 (1)
1999–2009 Real Madrid 254 (4)
2009– Blackburn Rovers 66 (0)
Selección nacional
1994 España sub-18 7 (0)
1995 España sub-19 2 (0)
1995 España sub-20 5 (1)
1996–1998 España sub-21 10 (0)
1998–2006 España 53 (0)
2005 Galicia 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e a selección galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao primeiro plantel do equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).

No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como empresario[editar | editar a fonte]

Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao ex-futbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras[1], e é o presidente do club de hockey a patíns Vigo Stick[2].

Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]