Selección de fútbol de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Hungary.svg
Hungría
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na súa casa


Fóra


Asociación Magyar Labdarúgó Szövetség
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA HUN
Alcume Aranycsapat
(anos 1950)
Ranking FIFA 62 (14 de xullo de 2010)
Seleccionador Flag of the Netherlands.svg Erwin Koeman
Máis partidos József Bozsik (101)
Máximo goleador Ferenc Puskás (84)
Estrea internacional
Austria Austria 5 - 0 Hungría Hungría

Viena, Austria; 12 de outubro de 1902

Maior vitoria
Rusia Flag of Russia.svg 0 - 12 Hungría Hungría
Moscova, Rusia; 14 de xullo de 1912

Hungría Hungría 13 - 1 Francia Francia
Budapest, Hungría; 12 de xuño de 1927
Hungría Hungría 12 - 0 Albania AlbaniaFlag of Hungary.svg
Tirana, Albania; 12 de setembro de 1950

Maior derrota
Hungría Hungría 0 - 7 Inglaterra Inglaterra

Budapest, Hungría; 10 de xuño de 1908
Inglaterra amateurs Inglaterra 7 - 0 Hungría Hungría
Solna, Suecia; 30 de xuño de 1912
Alemaña Alemaña 7 - 0 Hungría Hungría
Colonia, Alemaña; 6 de abril de 1941

Campionato do Mundo
Participacións 9 (Italia 1934)
Mellor resultado 2º (2) (1938, 1954)
Eurocopa
Participacións 2 (España 1964)
Mellor resultado 3º (1964)

A selección nacional de fútbol de Hungría está controlada pola Federación Húngara de Fútbol. Hungría foi unha das primeiras seleccións relevantes na historia do fútbol europeo, chegando ó seu máximo nivel na época do "Equipo de ouro"

O equipo de Ouro[editar | editar a fonte]

Hungría é recoñecida por ser un dos equipos de máis calidade e que máis influencia tiveron na historia do fútbol. Tal vez esta escuadra sexa a inventora de moitos aspectos do xogo tal como se desenrola hoxe en día. O "Aranycsapat" (Equipo de Ouro, en húngaro) estaba baseado na súa dianteira formada por Ferenc Puskás, Sándor Kocsis, József Bozsik, Nándor Hidegkuti e Zoltán Czibor. O propio Rinus Michels ten comentado que o Equipo de Ouro foi o primeiro en practicar o "Fútbol Total" que fixo popular Holanda nos anos 70. O adestrador húngaro, Gusztáv Sebes chamaba ao seu estilo de xogo Futbol socialista. Entre o 4 de xuño de 1950 e a final do mundial de 1954 conseguiron o record de 43 vitorias e 7 empates, con memorables partidos coma o que os enfrontou á selección inglesa no estado de Wembley onde gañaron por 3-6, sendo a vez primeira que Inglaterra era derrotada na súa propia casa. Así mesmo ten a máxima distinción da clasificación ELO de Fútbol con 2173 puntos en xuño de 1954 e o segundo posto con 2153 no ano 1956. Sobrepasan a equipos coma Brasil, Inglaterra, Alemaña ou Italia.

Hungría foi dúas veces finalista nos mundiais, en 1938, perdendo coa Italia por 4-2 e no ano 1954 coa Alemaña por 3-2. A este encontro se lle chama O milagre de Berna xa que na primeira fase os húngaros derrotaran aos alemáns por 8-3. Houbo moita polémica debido a un gol anulado a Puskas no minuto 89 por un máis que discutible fóra de xogo. No tempo de lecer Sándor Kocsis foi derrubado dentro da área xermana e o árbitro non sinalou nada. Ao remata-lo encontro houbo sospeitas de dopaxe sobre o equipo alemán, debido á incríble forma física que mostraron ao longo do partido. Nunca se puido probar nada, só quedaron as sospeitas que se incrementaron cando despois da final moitos xogadores xermanos tiveron que ser enviados a casas de repouso.

Por outra banda Hungría gañou o ouro olímpico en tres ocasións 1952, 1964 e 1968. Tamén o equipo Sub-23 gañou o Campionato Europeo en 1974.

Records[editar | editar a fonte]

O encontro entre Austria e Hungría en Viena en 1902 foi o primeiro encontro internacional xogado entre dous países non británicos.

Hungría foi o primeiro equipo en vencer a Inglaterra na casa, coa famosa vitoria por 3-6 no estadio de Wembley o 25 de novembro de 1953. Una ano despois, en Budapest os húngaros gañarían de novo, esta vez por 7-1. Segue a ser a peor derrota sufrida pola selección inglesa.

Ostentan o record de encontros internacionais imbatidos (33), entre o 14 de maio e o 4 de xullo de 1954.

Na actualidade[editar | editar a fonte]

Hoxe, Hungría é un equipo menor no panorama internacional, non entrando nun mundial dende 1986 e nunha eurocopa dende 1972.

Nos Mundiais[editar | editar a fonte]

  • 1930 - Non participou.
  • 1934 - Cuartos de final.
  • 1938 - Subcampións.
  • 1950 - Non participou.
  • 1954 - Subcampións.
  • 1958 - Primeira rolda.
  • 1962 - Cuartos de final.
  • 1966 - Cuartos de final.
  • 1970 - Non se clasificou.
  • 1974 - Non se clasificou.
  • 1978 - Primeira rolda.
  • 1982 - Primeira rolda.
  • 1986 - Primeira rolda.
  • 1990 a 2010 - Non se clasificou.

Nas Eurocopas[editar | editar a fonte]

  • 1960 - Non se clasificou.
  • 1964 - 3º posto.
  • 1968 - Non se clasificou.
  • 1972 - 4º posto.
  • 1976 a 2012 - Non se clasificou.

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

Actualizado o 6 de febreiro de 2013


Xogadores con máis encontros disputados[editar | editar a fonte]

En negrita os xogadores en activo.

Pos Xogador Encontros Goles Período
1 József Bozsik 101 11 1947–1962
2 László Fazekas 92 24 1968–1983
3 Gábor Király 89 0 1998–presente
4 Gyula Grosics 86 0 1947–1962
5 Ferenc Puskás 85 84 1945–1956
6 Imre Garaba 82 3 1980–1991
7 Sándor Mátrai 81 0 1956–1967
8 Ferenc Sipos 77 1 1957–1966
Zoltán Gera 77 23 2002–presente
10 László Bálint 76 3 1972–1982
Ferenc Bene 76 36 1962–1979
Máté Fenyvesi 76 8 1954–1966
Roland Juhász 76 6 2004–presente
14 Flórián Albert 75 31 1959–1974
Károly Sándor 75 27 1949–1964
16 Lajos Tichy 72 51 1955–1971
17 József Kiprich 70 28 1984–1995
Tibor Nyilasi 70 32 1975–1985
Vilmos Vanczák 70 3 2004–presente
20 Nándor Hidegkuti 69 39 1945–1958
21 Imre Schlosser 68 59 1906–1927
Sándor Kocsis 68 75 1948–1956
23 Béla Illés 64 15 1991–2001
24 György Sárosi 62 42 1931–1943
János Göröcs 62 19 1958–1970
26 Kálmán Mészöly 61 6 1961–1971
Lajos Détári 61 13 1984–1994
Pál Dárdai 61 5 1998–2010
29 Péter Lipcsei 58 1 1991–2005
30 Gábor Halmai 57 4 1993–2001
31 Kálmán Kovács 56 19 1985–1995
József Tóth 56 1 1974–1983
33 Sándor Sallai 55 1 1981–1989
Tamás Hajnal 55 6 2004–presente
35 Sándor Bíró 54 0 1932–1946
36 Mihály Lantos 53 5 1949–1956
37 Balázs Dzsudzsák 52 11 2007–presente
Vilmos Sebők 52 9 1996–2006
39 Károly Fogl 51 2 1918–1929
Szabolcs Huszti 51 7 2004–2010
41 György Bognár 50 7 1985–1994
42 Krisztián Lisztes 49 9 1994–2004
Gyula Lázár 49 1 1931–1941
Jenő Buzánszky 49 0 1950–1956
45 Pál Titkos 48 13 1929–1938
József Turay 48 11 1928–1939
47 Vilmos Kertész 47 11 1909–1924
48 Géza Toldi 46 25 1929–1940
László Bodnár 46 0 2000–2010
László Sárosi 46 0 1956–1965


Máximo anotadores[editar | editar a fonte]

Pos Xogador Goles (Encontros) Período Promedio
1 Ferenc Puskás 84 (85) 1945–1956 0.99
2 Sándor Kocsis 75 (68) 1948–1956 1.10
3 Imre Schlosser 59 (68) 1906–1927 0.87
4 Lajos Tichy 51 (72) 1955–1964 0.61
5 György Sárosi 42 (62) 1931–1943 0.68
6 Nándor Hidegkuti 39 (69) 1945–1958 0.56
7 Ferenc Bene 36 (76) 1962–1979 0.47
8 Gyula Zsengellér 32 (39) 1936–1947 0.82
Tibor Nyilasi 32 (70) 1975–1985 0.46
10 Florián Albert 31 (75) 1959–1974 0.41
11 Ferenc Deák 29 (20) 1946–1949 1.45
12 József Kiprich 28 (70) 1984–1995 0.4
13 Károly Sándor 27 (75) 1949–1964 0.36
14 József Takács 26 (32) 1923–1933 0.81
15 Géza Toldi 25 (46) 1929–1940 0.54
16 István Avar 24 (21) 1929–1935 1.14
László Fazekas 24 (92) 1968–1983 0.26
18 Zoltán Gera 23 (77) 2002–presente 0.29
19 Mihály Pataki 21 (39) 1912–1920 0.82
20 János Farkas 19 (33) 1964–1969 0.57
Kálmán Kovács 19 (56) 1982–1995 0.33
János Göröcs 19 (62) 1958–1970 0.3
23 Sándor Bodnár 18 (20) 1910–1916 0.9
Ferenc Szusza 18 (24) 1942–1956 0.75
Péter Palotás 18 (43) 1950–1956 0.41
26 Alfréd Schaffer 17 (15) 1915–1919 1.13
Zoltán Czibor 17 (43) 1949–1956 0.39
28 László Cseh 15 (34) 1932–1939 0.44
Béla Illés 15 (64) 1991–2001 0.23
30 Vilmos Kohut 14 (26) 1925–1938 0.53
Ferenc Hirzer 14 (33) 1922–1932 0.42
32 Ferenc Machos 13 (29) 1955–1963 0.44
György Orth 13 (32) 1917–1927 0.40
Imre Szabics 13 (34) 2003–presente 0.38
Béla Várady 13 (36) 1972–1982 0.36
Pál Titkos 13 (48) 1929–1938 0.27
Lajos Détári 13 (61) 1984–1994 0.21
38 Tamás Priskin 12 (41) 2005–presente 0.29
András Törőcsik 12 (45) 1976–1984 0.26
40 György Molnár 11 (27) 1920–1927 0.40
József Braun 11 (28) 1918–1926 0.39
Ferenc Horváth 11 (32) 1996–2001 0.34
László Kiss 11 (33) 1979–1984 0.33
Gáspár Borbás 11 (41) 1903–1916 0.26
Sándor Torghelle 11 (42) 2004–2010 0.26
Vilmos Kertész 11 (47) 1909–1924 0.23
József Turay 11 (48) 1928–1939 0.22
Balázs Dzsudzsák 11 (52) 2007–presente 0.21
József Bozsik 11 (101) 1947–1962 0.10
50 Béla Egresi 10 (23) 1943–1953 0.43
Jenő Károly 10 (25) 1903–1918 0.4
Márton Esterházy 10 (29) 1980–1988 0.34
László Budai 10 (39) 1949–1959 0.25

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]