Selección de fútbol de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Romania.svg
Romanía
Actual campión do mundo Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na súa casa


Fóra


Asociación Federaţia Română de Fotbal
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA ROU
Alcume Tricolorii (Os tricolores)
Ranking FIFA 42 (14 de xullo de 2010)
Seleccionador Flag of Romania.svg Răzvan Lucescu
Máis partidos Dorinel Munteanu (134)
Máximo goleador Gheorghe Hagi (35)
Estrea internacional
Iugoslavia Reino de Iugoslavia 1 - 2 Flag of Romania.svg Romanía

Belgrado, Iugoslavia; 8 de xuño de 1922

Maior vitoria
Romanía Reino de Iugoslavia 9 - 0 Finlandia Finlandia

Bucarest, Romanía; 14 de outubro de 1973

Maior derrota
Hungría Hungría 9 - 0 Flag of Romania.svg Romanía

Budapest, Hungría; 6 de xuño de 1948

Campionato do Mundo
Participacións 7 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 6º (1994)
Eurocopa
Participacións 4 (Francia 1984)
Mellor resultado 7º (2000)

A selección de fútbol de Romanía é o equipo que representa a Romanía nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federaţia Română de Fotbal (do romanés: Federación Romanesa de Fútbol), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente como "Tricolorii" ou "os tricolores", por mor das cores do seu equipamento.

Romanía é un dos catro países, xunto a Bélxica, Brasil e Francia, que participou no primeiras tres edicións da Copa do Mundo de Fútbol, as únicas disputadas antes da interrupción do fútbol pola Segunda Guerra Mundial. No mundial de fútbol dos Estados Unidos de 1994, liderados por Gheorghe Hagi, conseguiron a súa mellor clasificación nun Mundial ao acadar os cuartos de final, tras derrotar a un dos candidatos, Arxentina por 3-2. Con todo, os tiros de penalti ante Suecia impediron que os romaneses chegar situarse entre os catro mellores do torneo. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na Euro 2000 de Béxica e os Países Baixos, chegando tamén a cuartos de final, onde perderon por 2-0 ante Italia.

Historia[editar | editar a fonte]

A selección romanesa, que xougou o seu primeiro encontro o 8 de xuño de 1922 cunha vitoria por 1-2 fronte Iugoslavia, é coñecida popularmente como a Tricolorii ou a tricolor, devido aos seu equipamento que consiste nunha camisola, pantalón e medias amarelas con detalles en azul e vermello, as cores da bandeira de Romanía. Foi unha das poucas seleccións europeas presentes na Copa do Mundo FIFA de 1930. Os xogadores seleccionados para viaxar a Uruguai, país sede da Copa, foron escollidos persoalmente polo rei Carlos II, un gran seareiro do deporte.

Tamén participou nas Copas de 1934 e 1938, sendo un dos únicos catro países en facelo xunto con Bélxica, Brasil e Francia. Volveu a disputar un Mundial no ano 1970, no que perdeu na fase de oitavos de final contra Brasil, considerada como unha das mellores seleccións de tódolos tempos, por 3 a 2, e sendo un dos dous únicos equipos en marcar máis dun gol naquel certame contra a selección canarinha, que logo sería tricampioa. Pese ao bo resultado, tería que esperar vinte anos máis para chegar de novo a un Mundial: o de Italia 1990.

Catro anos despois, no mundial de 1994 dos Estados Unidos, obtivo súa mellor clasifiación ocupando a sexta posición, tras eliminar á favorita Arxentina por 3 a 2 nos oitavos de final. Posteriormente caería nos cuartos, na rolda de penaltis, diante da selección de Suecia. O partido estivo cheo de reviravoltas: suecia anotaba o 1 a 0 no minuto 78 de partido, e a piques de rematar o encontro Răducioiu empataría levando o partido á prórroga. Na mesma non tardaría en anotar de novo Răducioiu para poñer aos romaneses con vantaxe de 2 a 1, masi a cinco minutos do final Andersson empataría o partido de novo. Xa na rolda de penaltis Romanía chegou a ir con vantaxe, mais un fallo de Belodedici no sexto lanzamento deixabaos fóra.

En 1998, Romanía chegou á segunda fase, sendo eliminada por Croacia nos oitavos de final por 0 a 1. Con todo, os romaneses foron responsábeis dun dos actos curiosos do Mundial: tras conseguir pasar a primeira fase, tódolos xogadores tinguíronse o cabelo de loiro. Nesta gran etapa que a selección viviu nos anos 90, os seus grandes nomes foron Florin Răducioiu, o xitano Marius Lăcătuş, Ilie Dumitrescu, Gheorghe Popescu, Dan Petrescu, Miodrag Belodedici, Adrian Ilie e o principal deles, Gheorghe Hagi. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na de Bélxica e Países Baixos 2000, cando acadou o sétimo lugar.

Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Primeira fase 2 1 0 1 3 5
Italia Italia 1934 Primeira fase 12° 1 0 0 1 1 2
Francia Francia 1938 Primeira fase 1 0 0 1 4 5
Brasil Brasil 1950 Non participou
Suíza Suíza 1954 Non se clasificou
Flag of Sweden.svg Suecia 1958
Flag of Chile.svg Chile 1962 Retirouse
Inglaterra Inglaterra 1966 Non se clasificou
Flag of Mexico.svg México 1970 Primeira fase 11° 3 1 0 2 4 5
Alemaña Alemaña 1974 Non se clasificou
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978
España España 1982
Flag of Mexico.svg México 1986
Italia Italia 1990 Oitavos de final 12° 4 1 2 1 4 3
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994 Cuartos de final 5 3 1 1 10 9
Francia Francia 1998 Oitavos de final 11° 4 2 1 1 4 3
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002 Non se clasificou
Alemaña Alemaña 2006
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010
Total - 23° 21 8 5 8 30 32

Eurocopa[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Francia Francia 1960 Non se clasificou
España España 1964
Italia Italia 1968
Bélxica Bélxica 1972
Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia 1976
Italia Italia 1980
Francia Francia 1984 Primeira fase 3 0 1 2 2 4
Alemaña Alemaña 1988 Non se clasificou
Flag of Sweden.svg Suecia 1992
Inglaterra Inglaterra 1996 Primeira fase 15° 3 0 0 3 1 4
Bélxica Flag of the Netherlands.svg Bélxica/P. Baixos 2000 Cuartos de final 4 1 1 2 4 6
Flag of Portugal.svg Portugal 2004 Non se clasificou
Austria Suíza Austria/Suíza 2008 Primeira fase 12° 3 0 2 1 1 3
Total - 18° 13 1 4 8 8 17

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 27 de xullo de 2010.[1]

# Nome Período Partidos Goles
1 Dorinel Munteanu 1991–2007 134 16
2 Gheorghe Hagi 1983 – 2000 125 35
3 Gheorghe Popescu 1988 – 2003 115 16
4 Ladislau Bölöni 1975 – 1988 108 25
5 Dan Petrescu 1989 – 2000 95 12
6 Bogdan Stelea 1988 – 2005 91 0
7 Michael Klein 1981 – 1991 90 5
8 Marius Lăcătuş 1984 – 1998 84 13
9 Mircea Rednic 1981 – 1991 83 2
10 Silviu Lung 1979 – 1993 77 0


Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 27 de xullo de 2010.[1]

# Xogador Período Goles (partidos)
1. Gheorghe Hagi 1983–2000 35 (125)
2 Iuliu Bodola 1931–1939 31 (48)
3 Adrian Mutu 2000–2009 29 (64)
4 Anghel Iordănescu 1971–1981 26 (64)
5 Viorel Moldovan 1993–2005 25 (70)
Ladislau Bölöni 1975–1988 25 (108)
7 Rodion Cămătaru 1978–1990 22 (75)
8 Dudu Georgescu 1973–1980 21 (44)
9 Florin Răducioiu 1988–1996 21 (40)
10 Ilie Dumitrescu 1989–1998 20 (62)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de Romanía

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]