Pé (anatomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Male Right Foot 1.jpg
Ospied.svg
Ósos do pé (lendas en español)
Latín pum
Arteria arteria dorsal do pé, arteria plantar medial, arteria plantar lateral
Nervio(s) nervio plantar medial, nervio plantar lateral, nervio fibular profundo, nervio fibular superficial
MeSH Foot

En anatomía, o é unha estrutura biolóxica utilizada para a locomoción que se atopa en moitos animais. As súas características varían dun animal a outro.

Nos animais vertebrados, o pé é unha das estruturas máis complexas do corpo, con numerosos ósos, músculos e outros tecidos conectivos.

O pé humano[editar | editar a fonte]

O pé está dividido en tres partes:

O podólogo é o especialista do pé e ocúpase das patoloxías desta zona do corpo.

Tipos de pé no ser humano[editar | editar a fonte]

Vista lateral interna do pé humano nunha reconstrucción 3D.
Un pé humano - 1 Noelo
2 Calcañar
3 Tarso
4 Metatarso
5 Dedas

Distínguense tres tipos:

  • Pé grego: así chamado porque se observa nas estatuas da época clásica: a segunda deda é a máis longa despois da deda gorda, e a terceira practicamente mide o mesmo, e a cuarta e a quinta dedas son máis pequenas. Neste tipo de pé as cargas distribúense mellor sobre a parte dianteira do pé.
  • Pé polinesio ou cadrado: como o que se observa nos cadros de Gauguin: as dedas son case todas iguais e están á mesma altura.
  • Pé exipcio: visible nas estatuas dos faraóns: a deda gorda é a máis longa e as outras séguenlle por tamaño e orde decrecentes. É o tipo de pé máis exposto, xa que se sobrecarga máis co calzado e predispón a xoanetes (hallux valgus) e á artrose metatarsofalánxicas (hallux rígidus).

Pés nos animais[editar | editar a fonte]

Pezuños de cabalo

As características dos pés varían dun animal a outro. Moitos vertebrados que teñen pernas tamén posúen pés situados no seu extremo inferior. Para estes animais, o pé é unha complexa estrutura de ósos, músculos e outros tecidos conectivos.

O pé que máis se acerca ao do pé humano na escala animal é o dos mamíferos, pero é menos ancho e menos longo e forma máis saliente por detrás (excepto os cuadrúmanos e os mamíferos mariños). Entre os carnívoros, os osos e outros animais semellantes teñen a planta do pé particularmente desenvolvida, que é de onde vén a antiga distinción entre animais plantígrados e dixitígrados

Nos animais esencialmente andadores ou que deben soportar unha masa considerábel, os dedos diminúen en número e lonxitude. Así vemos que:

  • os pés do cabalo están formados por un único dedo chamado pezuño
  • os ruminantes posúen catro dedos pero só apoian dos no chan
  • o elefante ten cinco pero moi curtos

Nas aves, a metade do tarso está soldada coa tibia e a outra co metatarso. Estes animais soamente apoian no chan as falanxes.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]