Alemaña do Oeste
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Bundesrepublik Deutschland República Federal de Alemaña |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Lema: Einigkeit und Recht und Freiheit Unidade, Xustiza e Liberdade |
|||||
| Himno: Das Lied der Deutschen A canción dos alemáns |
|||||
| Capital | Bonn | ||||
| Lingua | Alemán estándar e outras | ||||
| Goberno | República federal | ||||
| Presidente | |||||
| • 1949–1959 (primeiro) |
Theodor Heuss | ||||
| • 1984–1990 (reunificación) (derradeiro) |
Richard von Weizsäcker | ||||
| Chanceler | |||||
| • 1949–1963 | Konrad Adenauer | ||||
| • 1982–1990 (reunificación) | Helmut Kohl | ||||
| Período histórico | Guerra Fría | ||||
| • Establecido | 23 de maio de 1949 | ||||
| • Disolución | 1990 | ||||
Alemaña do Oeste, ou Alemaña Occidental, foi o nome informal pero universal que recibiu a República Federal Alemá durante a Guerra Fría, dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1991, cando se une á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.
Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.
Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.
Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.
