Sándor Kocsis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sándor Kocsis, nado en Budapest o 21 de setembro de 1929 e finado o 22 de xullo de 1979, foi un dianteiro de fútbol húngaro que arquivou o histórico récord de 75 goles en competicións internacionais (en só 68 encontros).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non é o mellor marcador de Hungría xa que Ferenc Puskás ostenta o título con 84 (en 85). É tamén coñecido co alcume Testa de Ouro pola súa destreza no remate.

A carreira internacional de Kocsis abarcou desde o 1948 ata o 1956. Foi o mellor artilleiro da Copa do Mundo de 1954 marcando 11 goles e rematando con Hungría de subcampioa. Ese número só foi superado unha vez por Just Fontaine, quen marcou 13 durante a Copa do Mundo do 1958; semella improbable que sexa superado outra vez nun futuro próximo.