Severino Reija
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Severino Reija Vázquez | ||
| Nacemento | 25 de novembro de 1938 (74 anos) | ||
| Lugar | Lugo, Galicia | ||
| Posición | Defensa | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Oza Juvenil | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1957–1959 | Deportivo da Coruña | ||
| 1959–1969 | Zaragoza | 253 | (1) |
| Selección nacional | |||
| 1960 | España sub-21 | 2 | (0) |
| 1961 | España B | 1 | (0) |
| 1962–1967 | España | 20 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Severino Reija Vázquez, nado en Lugo o 25 de novembro de 1938, é un ex-futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou xogando ao fútbol no equipo do colexio dos Salesianos de Lugo. Logo pasou ao Oza Juvenil da cidade da Coruña, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Co equipo branquiazul xogou na Segunda División ata que ficha polo Real Zaragoza, co que debuta en primeira o 13 de setembro de 1959 no partido Real Valladolid 2 - Zaragoza 1. Xogou dez temporadas no equipo zaragozano, ata que se retirou en 1969.
Selección nacional [editar]
Foi internacional nunha vintena de ocasións, e coa selección española participou nos mundiais de 1962 e de 1966.
Palmarés [editar]
- Eurocopa en 1964.
- Copa de Feiras en 1964.
- Copa do Xeneralísimo en 1964 e 1966.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|||||||