Confederación Brasileira de Fútbol
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| CONMEBOL | |
|---|---|
| Fundación | 1914 |
| Afiliación á FIFA | 1923 |
| Afiliación á CONMEBOL | 1916 |
| Sitio web | www.cbf.com.br |
| Presidente | José Maria Marin |
A Confederación Brasileira de Fútbol (CBF) (en portugués: Confederação Brasileira de Futebol) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol do Brasil. Foi fundada por o 8 de xuño de 1914 (98 anos) co nome de Confederação Brasileira de Desportos, sendo o seu primeiro presidente Álvaro Zamith. A súa sede está no barrio de Barra da Tijuca de Río de Xaneiro. Está afiliada á FIFA dende 1923 e á Conmebol dende 1916 (foi un dos seus membros fundadores). Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.